Luns. 29.04.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte para quecer o Nadal

Unha #AxendaCostadaMorte para quecer o Nadal
Agenda Costa da Morte 12-12-14

Comeza a notar a Axenda Costa da Morte a chegada do Nadal. Os concellos xa están presentando os seus programas e xa temos as primeiras accións solidarias como o mercadiño solidario muradán. Pero tamén teremos festas, teatro, e música.

E antes de repasalas citas, lemos aos amigos de 4gotas, que nos mandan o exclusivo parte meteorolóxico costeiro:
O venres, unha fronte fría moi activa chegará a Galicia contra a noite. O ceo estará anubrado durante toda a xornada con precipitacións febles desde primeiras horas na zona de Cee, chegando a chuvia a zona de Malpica a partir do mediodía. Conforme avance a tarde e xa contra a noite, as chuvias collerán forza coincidindo co paso da fronte. Choverá toda a noite e tamén de madrugada. Vai ser unha xornada desapacible xa que o vento do sudoeste sorprará con forza na costa desde primeiras horas e ata a noite, momento no que rolará ao noroeste e perderá intensidade. As máximas rozarán os 14º e as mínimas quedaranse nos 11º. No mar, as ondas perderán altura manténdose aínda entre os 4 e os 6 metros así que precaución.
O sábado, os chuvascos caerán de xeito intermitente ao longo da mañá. Remitirán a partir do mediodía excepto na zona de Malpica, onde se manterán aínda nas primeiras horas da tarde. O ceo estará algo máis aberto e as máximas baixarán sen que os termómetros superen os 12º ao mediodía. O nordés soprará con menos forza co venres pero aínda así se deixará sentir xa que falamos de intensidade moderada. As ondas no mar acadarán aínda os 4 metros.
O domingo non é probable que chova pero sí que o ceo estará moi toldado a primeiras horas. Co avance da mañá irase abrindo polo que é probable que teñades unha tarde de nubes e claros pero fría xa que as máximas manterán os valores do sábado. O vento, este día, perderá finalmente intensidade quedándose en frouxo. Finalmente as ondas, por fin baixarán dos 4 metros quedándose nos 3.
Se non tedes claro qué poñervos esta finde, aconsellámosvos este conxunto de roupa axeitado para vosa zona e adaptado ao tempo que vai facer para o venres e a mañá do sábado e este outro para a tarde do sábado e o domingo.

Un venres solidario e cultural

Na mañá do venres arrincaremos a fin de semana co noso grao de area solidario, facendo algunha compra no Mercadiño Solidario de Muros .
Tamén para a tarde-noite do venres teremos unha nova cita teatreita en Malpica, para bailar con contos da man de Baobab Teatro. Ademais, por Carballo estará Pedro Brandariz e os seus simpáticos monólogos.

Saben ademais que segue aberta a exposición colectiva Miradas 3, que reúne en Muxía a 34 artistas costeiros.

Ademais, e en clave socio-deportiva, tedes en Vimianzo a Gala dos Premios do I Circuito Correndo pola Costa da Morte.

Festas de Santa Eulalia

De celebración estamos pola volta e xa están as carpas montadas. Teremos as Festas de Santa Eulalia de Tines, que comezan a noite do venres coa Festa da Xuventude, e terán unha fin de semana completa.

E falando de festas, para o sábado teremos as Festa Grande en Nantón, a parroquia cabanesa tamén celebra a Santa Eulalia con grandes orquestras.

Non podemos esquecer ademais as Festas de Santa Eulalia de Brens, cunha sesión vermú e unha noite do sábado moi movida.

E tampouco, que case se nos escapan, as Festas de Santa Lucía de Berdeogas.

Sábado de música

O sábado tamén teremos Teatro en Malpica, con Cipriano de Bequelar. E para pechar a noite sabatina, que mellor que un par de citas musicais, como o Concerto do rapeiro astur Garolo en Cee o doble concerto de Carballo.

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios