Martes. 07.05.2024
El tiempo

Unha pila de arte concentrada por Asunción

Unha pila de arte concentrada por Asunción
Exposicion de Asuncion Antel-Foto-Farruco Grana Moita xente achegouse a ver a inaguración da Exposicion a Asunción Antelo-Foto-Farruco Graña Tremendo o acto, cheo de emoción, o que viviu o pasado sábado a Galería do Estudo Garabato, de Carballo. Un acto que servíua para inaugurar a exposición que Mon Lendoiro, coa axuda de Isabel Rey Porteiro, O Mighelo e outro medio centenar de artistas e escritores da Costa da Morte, lle renden a Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños. ”Unha pila de arte concentrada”, como sinalan os anfitrións da Galería, cunha manchea de autores queixan o mellor de si mesmo para brindarnos un agradable “gusto para os sentidos”, e unha definitiva demostración de compromiso e de amor por esta polifacética e autodidacta autora. Cheo n Galeria Garabato Foi tal a marea de xente que se achegou á inauguración que había que ir facendo turnos para entrar e saír, e a xente non marchou da Galería ata pasada a 1:00 da madrugada. “Non sei se foi a propia Asunción que dende aló decideu combocar e traere a tanto amigos ou as musas dos artistas que por alí polulaban, pero foi moitísima a cantidade de xente que recibimos”, cóntanos un orgulloso Mon Lendoiro. Tocoulle ao propio Lendoiro explicar de onde naceu esta exposición-homenaxe, e de seguido foi Cristina Abelleira, xornalista e boa amiga da Rexobeira, que leu un documento moi curioso, un escrito dunha ex mestra de Cabana, Carmen Vilariño, que ten moi boa memoria e que relata con pelos e sinais o día que coñeceu a Asunción. Despois foi O Mighelo o que co seu acordeón, tocou unha peza que escribiu e tocou e dedicou en vida a Asunción, ademais de explicar o porqué e o como desta homenaxe. Moitos dos presentes preguntaron onde se poden mercar os seus libros, pero lamentablemente a día de hoxe non existe material á venda. Mon Lendoiro e CristinaAbelleira na exposicion a Asuncion Antelo Mon Lendoiro e Cristina Abelleira na exposición a Asunción Antelo

Os participantes

É unha exposición aberta, coa idea de seguir medrando e percorrendo outros lugares da xeografía galega, pero por agora, os que expuxeron en Carballo son: Mercedes Queixas, Luís Pesce, Santi Pazos, X.M. de la Viña, Santi Picos, Antonio Taracido, Viki Rivadulla, Cheíño, Cristina Castro, Tomás Luna, Xosé Pumar, Antonio Andrade, Peter Kramer, O’Mighelo, Teresa Dosil, Xan Fernández Carrera, Farruco Graña, Ana Palleiro, Fernando Cabeza Quilmes, Xosé Manuel Varela, Nolo Suárez, Xan Fraga, Peter Schneider, Chiña, Laura Taibo Mariño, Xosé María Varela, Nando Pereiro, Cristina Abelleira, Isa Fernández, Milagros Cotelo, Rosalia Fernández Rial, Isabel Rey Porteiro e, claro, Mon Lendoiro, por suposto.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/escritores-e-artistas-unense-para-homenaxear-a-asuncion-antelo/

Máis novas

Fonte

Comentarios