xoves. 08.05.2025
El tiempo

Unha Semana de Ciencia Ficción para 2000 nenos de Carballo

Unha Semana de Ciencia Ficción para 2000 nenos de Carballo
Semana do LIbro Da Ciencia a Ficcion en Carballo

Adica esta X Semana do Libro e a Lectura, o Concello de Carballo e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), á Ciencia Ficción. E o fai cunha marea de actividades relacionadas ca ciencia, dende un punto divertido e didáctico, nas que participarán arredor de 2.200 nenos e nenas entre o 11 e o 15 de maio.

”Da Ciencia á Ficción” é o lema do programa. Teremos de todo, dende obradoiros lúdicos sobre ciencia, ata unha exposición de libros da Editorial Kalandraka e outra elaborada con libros cedidos por distintas editoriais.

Como cada edición, o peche é un dos momentos máis especiais da semana. Este ano, terá como protagonistas aos centros CRA Ponte da Pedra, con "O coro das emocións", e ao CEIP Bergantiños, con alumnado de 5º de Primaria presentando varios experimentos científicos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios