Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha viaxe Sinfónica con Luar na Lubre pola Galicia gaélica

Unha viaxe Sinfónica con Luar na Lubre pola Galicia gaélica
<a href="/media/quepasanacosta/images/2014/05/22/Presentacion-da-Torre-de-Breogan.jpg"><img src="/media/quepasanacosta/images/2014/05/22/Presentacion-da-Torre-de-Breogan.jpg" alt="Presentacion da Torre de Breogan" title="Presentacion da Torre de Breogan" width="590" height="435" class="size-full wp-image-33212" /></a>

Precisamente esta descubíamos que a orixe gaélica do nome Monte Pindo, o tan querido Olimpo Celta polos amigos de Luar na Lubre. E precisamente nesa liña vai o novo proxecto da banda máis internacional do folk galego, despois de máis de 25 anos de historia e máis de mil concertos ás súas costas. Luar na Lubre únese á Orquestra Sinfónica para musicar as invasións galegas de Irlanda. ‘Torre de Breogán’ estrearase no Palacio de Ópera da Coruña os días 21 e 22 de xuño e logo comeza unha xira por España e Europa.

Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta para dar forma a un espectáculo onde música e efectos visuais se fusionan para levarnos por unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.

As entradas xa están á venda en NovaGaliciaBanco.

Presentacion da Torre de Breogan

A ruta dos Milésians

Xa sabemos que a literatura mitolóxica é parte do éxito da música de Luar na Lubre. Coma se dun marabilloso descubrimento arqueolóxico se tratase, o grupo folc Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta para dar forma a un espectáculo onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia. ‘Torre de Breoghán’ será un acontecemento musical inédito, unha versión orquestrada do mellor da banda galega, coa Orquestra Sinfónica de Galicia como acompañante de luxo.

A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns desta illa no século XI. Nel relátanse, por orde cronolóxica, as diferentes invasións que foron sucedéndose en Irlanda. A última delas é a dos Milesios, que desde a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara á illa despois de que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder Milesio, a descubrise logo de divisala desde o alto da torre que leva o nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a coñecida actualmente como Torre de Hércules.

Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos... Torre de Breoghán será unha experiencia única e sobrecolledora, unha viaxe mítica para calquera amante da música e da cultura. Luar Na Lubre embárcase nunha nova aventura na súa constante aposta por situar a música folc na vangarda da escena musical contemporánea.

Novas relacionadas

Entrevista con Luar na Lubre

Luar na Lubre na Costa da Morte

Comentarios