Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha visita semanal a Dombate (VII)

Unha visita semanal a Dombate (VII)
Seguimos, da man de Estevo Lema, ollando como van as obras de musealización do Dolmen de Dombate. Unhas obras que se agardan rematen no mes de febreiro, e que podemos comprobar os avances cada semana en QPC. Esta semana Papa Noel chegou a Dombate. Aí o vemos xunto a Anxo Eiroa, Técnico de turismo do Concello cabanés e guía en dombate. Seica Papa Noel non bendeciu a obra para non cometer usurpación de poderes; pero si deixou algúns caramelos… Pero ademais, podemos notar moitos avances, sobre todo no edificio de entrada ao recinto, que xa case que está perfilado. Ademais, e como apunta o propio Estevo, “esto vai tomando forma polo exterior”. Deste xeito, “esperamos que neste vindeiro ano poidamos poñer a foto da inauguración”.

Novas relacionadas

Artigos relacionadoa

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios