![]()
O
Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay estrea xornada profesional na súa quinta edición, que celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril. Evento pioneiro dende o seu nacemento no 2014 como primeiro festival de webseries do Estado, o CIP mantén unha evolución constante, sempre atento ás novas linguaxes e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual na rede. Así, este certame audiovisual único, tanto no panorama autonómico como no estatal, integrará este ano unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores e creadoras coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando no Estado polos contidos dixitais de creación propia.
Xa confirmaron a súa presenza no Día PRO do Interplay - o xoves 5 de abril - marcas tan significativas como F
looxer (Atresmedia), MTMAD (Mediaset), PLAYZ (RTVE Digital), Crtvg ou Playground, entre outras. Tamén virán a Carballo representantes das principais asociacións do sector en Galicia - como o Cluster do Audiovisual, AGAG ou CREA - e directores e directoras e programadores e programadoras de festivais de series dixitais estatais e internacionais, co obxectivo de definir unha terminoloxía común para este tipo de producións. Finalmente, habilitarase un espazo de encontro que fomente o contacto, a través de citas profesionais, entre os creadores e creadoras de series dixitais e as plataformas e produtoras asistentes. As persoas interesadas en participar neste Mercado Profesional deberán acreditarse, de xeito gratuíto, na web do festival,
carballointerplay.com.
Sección oficial
As persoas desexen presentar as súas webseries ou proxectos de webserie á sección oficial do Carballo Interplay e optar aos máis de 5.000 euros en premios que repartirá o Festival teñen que inscribirse antes do 18 de febreiro a través da web
www.carballointerplay.com.
As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2016 e 2018 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais. Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webebserie, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. A escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. A mesma contía recibirá a webserie gañadora do premio do xurado novo, que nace nesta quinta edición do festival. Tamén haberá un premio ao mellor guión outorgado por AGAG e un premio á mellor dirección outorgado por CREA, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.
Ademáis,o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. Non hai ningún tipo de restrición de temática, de xénero, de estilo ou de persoas destinatarias, simplemente deben ser creacións audiovisuais pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres). O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na sexta edición do festival.
Novas relacionadas
- 2018: Dúas proxeccións poñen en marcha o Carballo Interplay
- 2017: O Carballo Interplay abre o prazo para a presentación de webseries
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: Carballo, capital global da cultura dixital
- Programa 2017: O Carballo Interplay cítase coas webseries en galego.
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: Volve o Carballo Interplay cos youtubers, as webseries, as estreas e as conversas como protagonistas.
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Carballo Interplay