Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Vendidos uns 1.300 exemplares na Praza dos Libros de Carballo

Vendidos uns 1.300 exemplares na Praza dos Libros de Carballo
praza-dos-libros-carballo Récord de vendas e de asistentes na última edición da Praza dos Libros de Carballo Con case 1.300 exemplares vendidos e cunha boa afluencia de público tanto os establecementos participantes como os organizadores fan una valoración moi positiva da Praza dos Libros de Carballo que vén de rematar. Segundo os datos facilitados polas librarías participantes, este ano vendéronse preto de 1.300 exemplares, aproximadamente o 60% en galego e o 40% en castelán, o que consolida unha tendencia iniciada xa no ano 2011. Unha vez máis trunfaron os libros presentados na feira. “Lendas da Costa da Morte”“Devalar sen pel” foron os máis vendidos, aínda que a literatura infantil e xuvenil é a que manda. As obras de Kalandraka e Os Bolechas, xunto cos referentes xuvenís máis de moda, arrasaron entre os máis novos, que tamén participaron moi activamente nas actividades paralelas programadas para eles. Ademais tivo moi boa acollida Demo Editorial, que debutaba na Praza dos Libros, e que en só dous días vendeu máis de 30 exemplares de cómics en galego como “Diario de Pichük” ou “Cabana de balieiros”. Datas Con estes datos, os establecementos participantes amosan o seu interese en seguir participando na Praza dos Libros. Tamén é unánime a satisfacción co espazo de celebración, a difusión, os horarios, a programación e o cambio de datas da feira. Neste sentido, o concelleiro de Cultura - Marcos Trigo - destacou a boa aceptación que as novas datas tiveron tanto entre os libreiros e libreiras como entre o público, que medrou con respecto a edicións anteriores. contos-marinos-carballo A Praza dos Libros acolleu a presentación do libro "Contos mariños de Carballo" Ao longo dos catro días realizáronse máis de vinte actividades. A carpa quedou pequena en todos os espectáculos infantís, pero tamén no pregón de Manolo Rivas, a presentación dos “Contos mariños de Carballo”, que voaron na Praza dos Libros pero que aínda poden recollerse de balde no Museo de Bergantiños, ou a homenaxe a Paco Souto, que pechou a programación, aínda que todas as presentacións tiveron moi boa acollida. O domingo foi multitudinario, e a proba é que non quedaron nin un molete de pan nin unha lata de atún, que se entregaban como agasallo con cada compra. [fbvideo link="https://www.facebook.com/CulturaCarballo/videos/1378670505587903/" width="850" height="400" onlyvideo="1"] Novas relacionadas Fonte

comentarios