Martes. 21.05.2024
El tiempo

Xa está en marcha o FIOT 2014

Xa está en marcha o FIOT 2014
FIOT Carballo 2014

Unha das citas culturais máis internacionais e importantes da Costa da Morte xa está en marcha. a XXIII buscará superar os 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia da mostra, a do ano pasado. E para iso, confían nos clásicos.

A organización do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), integrada polo Concello de Carballo e la Asociación Telón e Aparte, presentou esta mañá a imaxe do FIOT 2014, que este ano cumprirá a súa 23 edición revisando textos de autores clásicos desde unha perspectiva contemporánea. O presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro, durante tantos anos membro da oposición á fronte do PP (o que dá conta do exemplo carballés en materia de boas relacións na política municipal), calificou o novo cartel como “fresco e innovador” e felicitou ao autor, Juan Félix Gende, polo seu traballo artístico e por captar o espírito da temática deste ano. A composición reflexa a relectura do teatro mostrando como unha personaxe contemporánea se desdobra nun cabaleiro con aspecto quixotesco a través da súa sombra. Trátase dun cartel enchido de guiños ao festival. “A composición está chea de outono”, di Gende. A cor verde augamariña predominante, o paraugas, as nubes e os adoquíns da rúa mollada transmiten ao espectador as sensacións da estación no que se desenvolve o FIOT. Elementos que se enmarcan nun fondo familiar para os carballeses, á rúa Valle Inclán de Carballo, dedicada a un dos grandes dramaturgos da literatura española e marco de moitas actividades do festival. Juan Félix Gende, irmán do finado artista carballés, mostrouse moi agradecido coa organización por depositar nel a súa confianza de novo para sacar adiante a imaxe do festival. “É un dos traballos máis satisfactorios que realicei, tanto pola proxección do festival como polo orgullo que me produce seguir co legado do meu irmán”, o autor histórico do cartel do FIOT durante dezanove anos. Alberto Sueiro Mar Eiris e Juan Felix Gende na presentacion do FIOT 2014

Estreo de Yllana en Galicia

Alberto Sueiro anunciou neste acto o regreso ao FIOT da compañía madrileña Yllana, que realizará a estrea en Galicia do seu último espectáculo, “Gagfather”, presentado esta mesma semana no Festival Internacional de Teatro, Música e Danza de San Javier, en Murcia. Yllana é unha compañía referente en España e no FIOT, xa que se dou a coñecer en Galicia no marco do certame carballés cando debutaba na escena española como unha das propostas máis frescas do teatro nacional. “Desde o principio, xerou un vínculo moi especial cos espectadores”, sinalou Sueiro, e formou parte da programación en diversas ocasións (a primeira en 1997), gañando en diferentes edicións o Premios do Público do Festival. “Precisamente por esta especial relación co festival, a formación decidiu esperar ao FIOT para estrear a súa nova obra ao público galego”, asegurou Sueiro. Aínda que o fío condutor do XXIII FIOT é esa “re-visión”, principalmente do teatro clásico desde unha perspectiva contemporánea, a organización sempre procura contemplar unha certa flexibilidade nos conceptos. Así, o espectáculo “Gagfather” de Yllana realiza unha revisión dun dos mitos contemporáneos, a mafia desde a súa particular óptica, o humor negro sen palabras, irónico, sarcástico e cun toque gamberro, marca característica desta compañía madrileña.

Teatro na rúa

A concelleira de Cultura de carballo, Mar Eirís, destacou pola súa parte o aspecto social do FIOT. Recordou que durante case un mes o teatro respírase en cada recanto da vila, pois ademais das representacións no Pazo da Cultura, o Festival Internacional de Teatro de Outono o conforman outras actividades como exposicións, a Rúa dos Contos ou o ciclo de teatro experimental Otni. Eirís sinalou ademais a importancia que o FIOT ten na economía local, pois “é un elemento de dinamización económica e turística da zona”, ao que contribúen iniciativas como “Dalle un bocado ao FIOT”, que no 2013 encheu os locais hostaleiros da localidade.

Novas relacionadas

  • 2014: O FIOT adica a súa XXIII edición os grandes clásicos.
  • 2013: Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT.
  • 2013: Un xograr de ouro para Pico.
  • Fonte

    Comentarios