Xoves. 09.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: a vitoria do Soneira no derbi, o máis destacado

1ª Galicia: a vitoria do Soneira no derbi, o máis destacado
Trabado derbi en Ara Solis. O Soneira atopouse con un gol ó borde do descanso e tirou de saber estar para levarse os puntos dun dos campos mais difíciles da categoría. O San Lorenzo pagou caro novamente un mal inicio de partido e volveu de baleiro de Cordeiro. O Baio, pola súa parte, segue a pagar a baixa dos seus homes gol, e nun encontro igualado caeu contra o final nun gran lanzamento de falta de Pinaque. FISTERRA S.D. 0 - SONEIRA S.D 1 FISTERRA - Paulo, Dani, Piti, Breixo, Robertín, Roa (Andrés Vigo 80´), Tati, Ezequiel, Pablo Lestón (Mané 58´), Jesús e Gabri (Isma Leis 76´) SONEIRA - Josiño, Darío, Rachón, Jota, Aarón, Oscar (De la Sierra 80´), Alex Figueiras (Chema 78´), Pichi, Via, Basti (Nazo 60´) e Bruno (Isma 77´) GOL: 0-1 44´Robertín en propia porta. O Soneira adicando a Sandelo o triunfo Típico derbi en Ara Solis, igualado e disputado, que se decidiu ó borde do descanso con un gol en propia porta. Xogou un bo primeiro tempo o Fisterra, con chegadas continuas á meta de Josiño, pero sin concretar en ocasións claras de gol. O Soneira tivo un par de ocasións antes do gol, e protestou unha xogada dubidosa na area fisterrá no 0-1 no marcador. Ó borde do descanso un tiro sin aparente perigo rebotou en Robertín e despistou a Paolo, sendo o gol que decidiría o derbi. No segundo acto o gardameta soneirán Josiño tivo que sacar unha boa man nunha falta que lle fixo un extraño e casi significa o empate dos locais. O Soneira manexou ben o resultado e tirou de veteranía para levarse o partido. Foi expulsado o segundo adestrador soneirán Roland nunha protesta dun fora de xogo no que Pichi saíu de campo propio. CORDEIRO C.F. 1 - S.D. SAN LORENZO 0 SAN LORENZO - Javi Souto, Rubén (David Lorenzo 46´), Adrián, Juanjo (Brais Cancela 66´), Luciano, Anxo (Javi Puñal 46´), Kevin, Alex Taibo, Pablo Díaz, Mario, Diego Varela GOL: 1-0 7´Jesús Nova derrota do San Lorenzo a domicilio, e foi no campo do Cordeiro, onde fai 15 días igualara o Fisterra. Os de Oscar Suárez volveron a pagar un mal inicio de encontro, encaixando moi pronto. O San Lorenzo a partir do tanto non sufriu defensivamente, pero o enorme campo do Cordeiro fíxose interminable para crear ocasións de gol. No segundo tempo os de Verdillo seguírono tentando pero coa expulsión de Luciano no 75´e de Kevin no 81´ o lastre era demasiado grande. Aínda así nun disparo de Taibo tiveron a igualada, pero non puido ser. O peor, as dúas baixas para o domingo que ven que se unen ás de larga duración de Juni e a recente de Parafita, que se ten que volver a operar. C.D. BAIO 0 - BERTAMIRANS C.F. 1 BAIO - Dani Varela, Isaac, Adrián Lema (Pablo Novo 64´), Iago Couto, Norberto, Fachal, Martín (Moreno 64´), Bieito, Rubio (Touriñán 81´), Brais Lado, Santi Díaz GOL: 0-1 81´Pinaque Alineación do Baio na tarde de onte Partido de pouca calidade no Platas Reinoso, sen dominador e con poucas ocasións de gol. A mais clara foi nos primeiros minutos, nos que Santi Díaz se plantou diante do meta visitante pero enviou o balón alto. O Bertamiráns tivo a mellor ocasión nun remate de cabeza ó longueiro a pouco do descanso. Moito centrocampismo no segundo tempo tamén, e a pouco do final o Baio reclama penalti por mans dentro da area que o colexiado pasa por alto. A 10 minutos do remate un lanzamento de falta de Pinaque doulle a victoria ó Bertamiráns, demasiado premio para poucos méritos.

Comentarios