Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: as cousas non melloran na cola

1ª Galicia: as cousas non melloran na cola
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica C.D.UNIÓN 0 - C.D. BAIO 0 BAIO: Dani Varela, Isaac (Ramón 89´), Adrián Lema (Martín 58´), Pablo Novo, Yago Couto, Fachal, Bieito, Diego Moreno (Dylan 77´), Rubio (Josiño 84´), Mario, Peque. Igualou o Baio en Rianxo ante un conxunto local que estaba en postos cabeceiros. O encontro tivo pouco fútbol nas areas, e así é difícil que cheguen os goles. O Baio, sen MC, Iván Rojo e Santi Díaz, plantexou un partido moi serio de contención, e esperando as súas opcións á contra. No primeiro tempo o Baio dominou o xogo, e tivo a súa mellor opción nunha falta lanzada por Moreno que se paseou pola area local. O Unión saíu decidido a polo partido no segundo tempo, pero o Baio defendeu con solvencia, e so en lanzamentos de longa distancia inquietaron a Dani Varela. Sen embargo a mellor ocasión do encontro tivoa Josiño a pouco do final, nunha contra na que o rapaz chegou antes que o porteiro na súa saída, pero o seu remate logrou sacalo un defensa antes de que entrase na porta local. Nas filas baiesas destacar a presencia do cadete Dylan, que disputou un cuarto de hora de partido. O Baio trouxo un merecido punto de Rianxo que os alonxa algo máis do descenso S.D. SAN LORENZO 3 - C.D. LALÍN 5 SAN LORENZO: Javi Souto (Benjamín 80´), Juanjo (Samuel 66´), Adrián, Luciano, Pablo Díaz, Dani Pena, Parafita, Mario, Diego Varela (David Lorenzo 77´), Aitor (Brais Cancela 66´) e Alex Taibo (Anxo 72´) GOLES: 1-0 5´Parafita   1-1 16´Ricardo   1-2 43´Alberto   1-3 46´Braian  1-4 47´Alberto   2-4 73´Brais Cancela   2-5 74´Joselu   3-5 88´Parafita Partido de goles nas Pedreiras, onde o cadro local a pesar de adiantarse no marcador sucumbiu ante o potencial realizador do Lalín, un dos favoritos ó ascenso a Preferente. Adiantouse o San Lorenzo por mediación de Parafita, en vena goleadora, pero pronto igualou o Lalín. O gol antes do descanso fíxolle dano ó cadro de Oscar Suárez, que viu como nada mais saír dos vestiarios recibía dous tantos mais que deixaban o partido moi costa arriba. O San Lorenzo pelexou con orgullo, pero pouco puido facer ante a efectividade visitante ante portería. SONEIRA S.D. 2 - U.D. BASTAVALES 1 SONEIRA: Anxo, Darío, Jota, Aarón, Forján, De la Sierra, Pichi (Nazo 73´), Basti (Chapela 73´), Vía (Chinda 84´), Sandelo (Josiño 89´) e Alex Figueiras GOLES: 1-0 18´Pichi   1-1 50´Pereira   2-1 88´De la Sierra Expulsado Alex Figueiras 56´ Disputadísimo partido no Municipal de Vimianzo Boa vitoria do Soneira ante o Bastavales, equipo da zona alta, no debut do adestrador Pedro Gómez, ex do Baio, no banco de Vimianzo. No primeiro tempo o Soneira foi superior ó Bastavales, Tiveron o control do xogo e Pichi adiantou ós locais. Vía, Pichi e Basti tiveron opcións de ampliar o marcador, pero erros na finalización penalizaron ó conxunto local, que viu como nada máis empezar o segundo tempo nunha falta directa igualaba Pereira. Para máis infortunio foi expulsado Alex Figueiras con cartón vermello directo. Aínda así, exceptuando un perigoso disparo de Adrián Beiroa que se foi fora, o Soneira defendeu ben o seu marco, e nunha gran xogada colectiva De la Sierra culminou a vitoria cun disparo dende a frontal da area para darlle tres importantes puntos ó Soneira. Sandelo pelexou o indecible despois da expulsión de Alex Figueiras S.D. FISTERRA 0 - S.D. PILOÑO 1 FISTERRA: Paulo, Andrés, Fabián, Breixo, Dani, Piti, Jesús (Gabriel Vigo 76´), Roa, Pablo Lestón, Mané e Gabri (Ezequiel 61´) GOL: 0-1 79´Joan Foi cruel o fútbol co Fisterra no seu encontro ante o Piloño. O conxunto de Noé estivo francamente ben, pero nun erro contra o final do partido os visitantes leváronse tres puntos que non mereceron. No primeiro tempo o Fisterra tivo boas ocasións para adiantarse, sobre todo nun libre indirecto que lanzou Jesús e Breixo non marcou o rexeite cando o máis difícil era enviala fora. Mané tivo outra boa opción nun centro de Dani, e os visitantes so fixeron intervir a Paulo nun córner no que o meta realizou unha gran parada. No segundo tempo outra vez Breixo de cabeza puido adiantar ó Fisterra. O Piloño, equipo veterano onde os haxa, so facía dano nos balóns parados lanzados por Matías, pero nunha fatalidade nun despexe que rebotou nun xogador do Piloño e lle caeu a Joán ós pes os visitantes adiantáronse no marcador e leváronse os tres puntos.  

Comentarios