1ª Galicia: cambian as tornas
12:10 30/10/17
Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica
Pasan as xornadas e as xeiras varían. Se fai unhas semanas falábamos dun imparable Soneira e dun Fisterra intratable na casa, hoxe temos que falar da segunda vitoria do San Lorenzo e dun Baio que puntuou e non se levou a vitoria de milagro na casa do líder.
SAN LORENZO 2 - CD UNIÓN 1
SAN LORENZO: Javi Souto, Baneira, Luciano, Samuel (Javi Puñal 70´), Juanjo, Pablo Díaz (Adrián 67´), Alex Taibo, Yago Varela (Brais Cancela 83´), Aitor, Mario (Anxo 86´), Diego Varela
GOLES: 1-0 24´Yago Varela 2-0 38´Diego Varela 2-1 89´Adrián
Expulsado Luciano 67´
O San Lorenzo enlazou dúas vitorias consecutivas
O San Lorenzo encarrilou coa de onte dous triunfos seguidos que lle permite sair do último posto da clasificación e acercarse ostensiblemente á salvación. Parece que Oscar Suárez vai atopando o seu equipo tipo, e o que non saía ben nas primeiras xornadas está a sair nestas últimas. Onte dous goles do senior de primeiro ano Yago Varela e de Diego Varela xa mandou ó San Lorenzo cunha clara vantaxe ó descanso. A pesar da expulsión de Luciano o Unión non tivo opcións reais de puntuar, recortou diferencias co tempo case cumplido pero os puntos quedaronse nas Pedreiras.
SONEIRA S.D. 2 - CHAIAN C.F. 3
SONEIRA: Josiño, Darío (Pablo Mouzo 79´), Agra, Jota, Nazo, Alex Figueiras, De la Sierra (Chinda 60´), Sandelo, Bruno, Basti e Vía
GOLES: 0-1 12´Iván 1-1 21´Basti 1-2 23´Jacobo 2-2 64´Alex Figueiras 2-3 86´Jacobo
Non foi quen de seguir a xeira que viña levando o Soneira ante o sorprendente Chaián, un equipo que empezou a liga de maneira moi frouxa pero que co paso das xornadas se está a convertir nun rival temible. Os soneiráns sempre foron a remolque no marcador. Ó gol inicial visitante respostou Via cun balón ó longueiro, e despois igualaría Basti. Nun córner volviuse a adiantar o Chaián. Antes do descanso unha triple ocasión de Bruno e Vía non entrou de milagro. Alex Figueiras no segundo tempo for quen de igualar o encontro, e tivo Chinda a da vitoria. Nunha contra o gol xa a pouco do final de Jacobo Gendra acabou coas esperanzas de vitoria dos locais, nos que debutou o lateral da Rabadeira Chinda, ex do Castriz e Santa Comba.
S.D. FISTERRA 1 - FLAVIA S.D. 2
FISTERRA: Paulo (Joselu 46´), Andrés Vigo (Dani Martínez 73´), Fabián, Breixo (Aarón 28´), Dani, Roa, Tati, Piti (Gabri 70´), Ezequiel, Víctor (Pablo Lestón 60´) e Jesús
GOLES: 0-1 31´David Pérez 0-2 64´Padín de pti 1-2 89´Ezequiel
Expulsado Jacinto 75´
Está a perder o Fisterra a proverbial forza no Ara Solis, e enlaza a súa segunda derrota consecutiva na casa, e isto unido a que non está a puntuar lonxe de Fisterra está a meter os de Felipe Candamo na zona baixa da taboa. Onte tiña un rival de cuidado enfrente, dos favoritos ó título sen dúbida, con xogadores veteranos e curtidos en mil batallas. Os dous tantos de David Pérez e Padín, este de penalti, poñían moi costa arriba os puntos ós locais, que ademauis sufriron durante o partido a baixa de Breixo e Víctor lesionados. Co vento a favor o Fisterra foi mellor 30 minutos, e puido adiantarse por medio de Jesús e Ezequiel. Foi o Flavia o que se adiantou, sen embargo. No segundo tempo nunha xogada un pouco rara, penalti de Piti e gol de Padín. Ata o final acoso infructuoso dos Fisterráns, e novo gol do xuvenil Ezequiel sen tempo para mais.
U.D.BASTAVALES 1 - C.D.BAIO 1
BAIO: Dani Varela, Pablo Novo, Norberto, Mario, Yago Couto, Isaac, Fachal, MC, Martín (Moreno 64´), Peke e Santi Díaz (Bieito 64´)
GOLES: 0-1 59´MC 1-1 69´Villaverde
Bo partido do Baio na casa do lider condicionado por unha parcial actuación arbitral que privou os de Baio de ata 3 penas máximas, especialmente unha nos minutos finais por derribo a Moreno. O primeiro tempo foi igualado sen apenas perigo nas areas. Adiantouse o Baio cun golazo do de sempre, MC, e a partir de aí o Bastavales acosou a meta de Fedello. O gardameta carballés detivo unha pena máxima, pero non puido evitar o tanto do empate. Beiroa, debutante no Bastavales, mandou un balón ó longueiro, pero foi o Baio quen tivo as últimas opcións nas botas de MC e Norberto.