Mércores. 08.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: doce equipos en catro puntos

1ª Galicia: doce equipos en catro puntos
Na tónica de todas as competicións, pero neste caso de maneira esaxerada, ollando a clasificación da 1ª Galicia vemos a igualdade existente: dende o primeiro clasificado ata o posto doce, so 4 puntos separan a Lalín de Fisterra. Soneira e Fisterra están neste grupo de equipos, ben situados, mentras que Baio e sobre todo San Lorenzo están a quedar un pouco descolgados. É preocupante a situación dos de Verdillo, colistas con 1 so punto. Deben ir empezando a sumar se non queren verse no pozo demasiado pronto. SAN LORENZO 0 - SIGÜEIRO 3 SAN LORENZO: Javi Souto, Baneira (Anxo 79´), Juanjo, Pablo Díaz, Luciano, Cuki, Aitor, Alex Taibo, David Lorenzo (Kevin 46´) (Iago Varela 79´), Brais Cancela e Diego Varela (Dani Pena 46´). GOLES: 0-1 14´Adán Chenel   0-2 75´Pepe Cidranes   0-3 78´Pablo Mato O veterano defensa Juanjo non logrou que o seu equipo deixase a portería a cero Non foi quen un San Lorenzo con moita xuventude na alineación titular de arrancarlle algo positivo ó potente Sigüeiro, equipo que parece despertar do seu letarga a costa dos equipos costeiros, pois se a semana pasada dou boa conta do Baio, esta levouse os puntos de Verdillo. Adiantouse o equipo visitante pronto con gol do xuvenil Chenel, e controlou o xogo no primeiro tempo. Os de Oscar Suárez saíron dos vestiarios dispostos a remontar o encontro, fixeron uns bos primeiros 20 minutos e tiveron as súas opcións, pero o tanto de Pepe Cidranes e acto seguido o de Mato deixou o encontro visto para sentencia. Moita xente nas Pedreiras apoiando ó seu equipo, sempre fiel a pesar dos resultados AT.RIVEIRA 1 - SONEIRA S.D. 3 SONEIRA: Anxo, Darío, Jota, Aarón Fernández, Pichi, Agra, Alex Figueiras (Oscar 64´) (Pablo 89´), Nazo, Sandelo (De la Sierra 66´), Basti (Vía 50´)e Bruno. GOLES: 0-1 9´Basti   0-2 43´Bruno   1-2 78´Fran Pena   1-3 79´Agra Está o Soneira a mostrar as súas credenciais neste treiro ligueiro. Xa son tres vitorias consecutivas que o sitúan na zona noble da clasificación. Onte en Riveira levouse o partido merced a un plantexamento moi serio, aproveitando as debilidades dun equipo local en franco proceso de desmantelamento. Anotou Basti moi cedo e dou isto tranquilidade ó xogo dos de Vimianzo, e o gol a pouco do descanso de Bruno parecía sentenciar o encontro. Ó descanso o marcador podía ter sido de escándalo, pois o Riveira dou moitas facilidades en defensa pero nin Bruno, nin Alex Figueiras nin Basti foron capaces de transformar claras opcións de gol. O amago de intento de remontada do Riveira co gol de Fran Pena cortouno o ex do Castriz Agra inmediatamente, para deixar claro quen mandaba onte na Fieiteira, baixo un sol de xustiza. C.F. SILLEDA 4 - S.D. FISTERRA 0 FISTERRA: Joselu, Fabián, Piti, Dani (Gabri 63´), Jesús, Ezequiel (Dani Martínez 78´), Cristopher, Roa (Noe 81´), Tati, Pablo Lestón (Aarón 70´), Víctor. GOLES: 1-0 18´Martín   2-0 56´Pablo Nogueira   3-0 85´Rubén   4-0 87´Alán Un Fisterra con moitos xuvenís nas súas filas e sin os seus centrais titulares caiu con claridade en Silleda, baixo unha calor abafante. Os fisterráns tentaron un fútbol combinativo en contraposición á intensidade e fútbol directo do Silleda, mandou 2 balóns ós paos e ata Pablo Lestón marrou unha pena máxima con 2-0 no marcador. Co Fisterra á desesperada o Silleda anotou os seus dous últimos goles no treito final do encontro. A nota positiva foi a presencia dos xuvenís fisterráns, que ademáis deron todos moi bo nivel, mostrando que a canteira verde segue a sacar xogadores a bo ritmo. Foi expulsado Fabián no 80´nun partido que o colexiado sacou 14 cartóns amarelos. C.D. BAIO 2 - S.D. AGOLADA 2 BAIO: Dani Varela, Norberto, Fachal, Mario (Adrián Lema 50´), Iago Couto, Isaac, Martín, Bieito, Moreno (Peke 65´), Rubio e MC. GOLES: 1-0 27´Norberto   1-1 34´Yemba   1-2 49´Brais   2-2 75´Rubio O Baio non da ganado na casa Bo tramo inicial do Baio, no que controlou o xogo e logrou adiantarse no marcador, despois de marrar MC, que volvía, e Isaac claras ocasións. Antes do descanso Yemba igualou o encontro. Saiu despistado na reanudación o Baio e pronto se viu por debaixo no marcador, e incluso Yemba mandou un balón ó pao que podía ter sentenciado o encontro. Coa entrada de Peke e a presencia de Martín na punta do ataque o Baio puido levarse o partido no treito final, errando claras opcións Rubio, Isaac, e sobre todo unha falta de MC que saiu fora por pouco,  pero ó final douse por bo o empate.

Comentarios