![banner reale_300x250_agencia_baio]()
Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica
A goleada do Baio foi unha illa no mar de derrotas dos nosos equipos de 1ª Galicia. Dende a chegada de Diego Díaz o Baio enlazou dúas vitorias que o sacan da zona de perigo. Nesa zona están San Lorenzo e Fisterra, ós que lles está costando atopar o camiño da vitoria. O Soneira, xa sen Rafa, caeu en Lalín, e está lonxe dos postos de privilexio.
BAIO 6 - SILLEDA 1
BAIO: Dani Varela (Adrián Vázquez 80´), Yago Couto, Adrián Lema, Isaac, Mario, Peque, Moreno (Ramón 60´), Rubio, MC (Bieito 28´), Martín (Pablo Novo 65´), Santi Díaz (Josiño 69´)
GOLES: 1-0 12´MC 2-0 36´Moreno 2-1 40´Rubén 3-1 44´Santi Díaz 4-1 47´Santi Díaz 5-1 68´Adrián Lema 6-1 84´Josiño
Partidazo do Baio ante un rival que apenas inquietou a Dani Varela, con un xogo de pouca combinación e excesivamente directo. O Baio foi un ciclón, e aproveitouse da lentitude da defensa visitante. MC, que tivo que volver a saír lesionado, anotou o primeiro, e Diego Moreno o segundo. Nunha falta lateral recortou distancias o Silleda, pero o gol de Santi Díaz antes do descanso dou tranquilidade. O segundo tempo foi un paseo e o Baio aínda puido marcar algún tanto mais.
![]()
O Baio estivo imparable
PUEBLA 5 - SAN LORENZO 1
SAN LORENZO: Javi Souto, Pablo Díaz, Javi Puñal (Adrián 71´), Juanjo, Luciano, Samuel, Brais Cancela (Diego Varela 54´), Dani Pena, Iván Parafita, Yago Varela (David Lorenzo 63´) e Alex Taibo
GOLES: 1-0 4´Pape 2-0 18´Diego Rivas 3-0 58´Pablo Queiruga 4-0 64´Viturro 4-1 68´Treus en pp 5-1 86´Viturro
Non tivo moita opción o San Lorenzo na Pobra contra un conxunto local en forma, que se adiantou pronto con 2 goles de vantaxe, e apenas viu perigar os puntos. A pesar dos 5 tantos locais resulta curioso que o gran goleador Changui non anotou ningún deles.
BASTAVALES 2 - FISTERRA 0
FISTERRA: Paulo, Andrés Vigo, Fabián, Dani, Piti, Ezequiel (Víctor 75´), Breixo (Gabriel Vigo 60´), Robertín, Gabri, Pablo Lestón (Noé 66´) e Mané (Javi 82´)
GOLES: 1-0 15´Dani Labandeira 2-0 89´Víctor
![]()
Mané foi obxecto dun claro penalti
Dura derrota do Fisterra en Brión, pois os de Noé mereceron cando menos o empate ante o Bastavales. No primeiro tempo Gabi, Piti, Pablo Lestón e Ezequiel marraron opcións de gol, e nun disparo espectacular de Dani Labandeira adiantouse o equipo local. Seguiu buscando o gol o Fisterra no segundo tempo, dominaron o xogo, Breixo ata que estivo e Robertín controlaron as contras locais, e o propio Robertín tivo o gol do empate, pero con todo o Fisterra volcado chegou o segundo do Bastavales e o final do encontro.
![]()
O Fisterra fixo un bo partido ante o Bastavales
LALÍN 2 - SONEIRA 0
SONEIRA: Anxo, Rubén Forján, Chinda (Darío 46´), Jota, Aarón, De la Sierra (Alex 82´), Sandelo, Nazo, Pichi, Basti, Vía
GOLES: 1-0 25´Camba 2-0 33´Richi
Foi inxusto o fútbol co Soneira, pois foi moi superior ó Lalín, pero non tivo acerto de cara a gol. Fixo o Soneira unha boa primeira media hora, pero o Lalín en dous acercamentos sen maior perigo anotou os seus tantos. No segundo tempo foi un monólogo do Soneira, con ocasións clarísimas: Pichi mandou alto só na area pequena, Vía marrou un man a man, De la Sierra disparou fora só no punto de penalti, e Aarón tivo a última. Incluso se lle anulou un tanto ós visitantes, que hoxe non tiveron o seu día cara a gol.