Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Baio leva media salvación de Ara Solis

1ª Galicia: o Baio leva media salvación de Ara Solis
banner reale_300x250_agencia_baio Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica S.D. FISTERRA 1 - C.D. BAIO 2 FISTERRA: Paulo, Dani, Piti (Noé 76´), Breixo, Ayose, Roco, Roa, Edu (Ezequiel 75´), Pablo Lestón (Fabián 67´), Isaac (Gabri 31´), e Jesús BAIO: Dani Varela, Isaac, Adrián Lema (Ramón 89´), Yago Couto, Norberto, Fachal, Martín (Eloy 75´), Moreno (Rubio 62´), Peque, Santi Díaz (Iván Rojo 46´) e MC GOLES: 0-1 26´Yago Couto   1-1 51´Breixo   1-2 54´MC O Baio acércase á salvación tras a vitoria en Fisterra, nun clásico derbi moi disputado e onde o máis destacado foi o magnífico ambiente que crearon ambas afeccións. Pronto se adiantou o Baio, nun centro de Adrián Lema que Yago Couto introduciu nas mallas, en posición moi protestada polos locais. Dani Varela estivo moi fino rexeitando un disparo de Pablo Lestón tras gran xogada persoal, e no rexeite intervindo novamente ante Jesús. Pablo Lestón tivo unha nova oportunidade pero o seu disparo saíu desviado no 41´. Xusto antes do descanso Santi Díaz meteu o pé a un balón profundo pero non superou a Paulo. Tras o descanso igualou o Fisterra nun córner que rematou Breixo, pero acto seguido MC lanzou escorado e o balón petou no pao e entrou, significando o definitivo 1-2. No 77´Dani Varela detivo un disparo de Breixo, e pouco despois é MC o que o intenta de córner directo, pero Paulo sacou unha boa man. Ó final os puntos vanse para Baio e deixa ó Fisterra coa necesidade de sumar nas próximas xornadas para asegurar a salvación. S.D. SONEIRA 1 - TORDOIA C.F. 0 SONEIRA: Anxo (Josiño 46´), Darío, Brais Mouzo (Nazo 58´), Jota, Forján, Sandelo, De la Sierra, Alex Figueiras, Pichi, Basti ( Fran 89´), Chapela (Chinda 84´) GOL: 1-0 77´Nazo Un ordenado Tordoia púxolle as cousas difíciles ó Soneira. Tivo a primeira opción o equipo visitante nun remate de Dubra no 9´. Un lanzamento de Jota que sacou o meta visitante a córner, que lanzado por Alex Figueiras case se transforma en gol olímpico, foi a mellor ocasión local. De inicio do segundo acto o visitante Dieguito, ex do Ponteceso, tivo un claro man a man con Josiño, pero non definiu. Tivo Pichi unha boa ocasión, e no 77´un disparo de Nazo foi o único gol da tarde. Alex Figueiras puido sentenciar, e o Tordoia a balón parado tivo un par de opcións para igualar pero o marcador non se moveu. S.D. SAN LORENZO 1 - BERTAMIRÁNS F.C. 3 SAN LORENZO: Javi Souto, Baneira, Juanjo (Samuel 62´), Pablo Díaz, Alex Taibo, Luciano, Pablo Garrido (Anxo 46´), Dani Pena, Parafita (Brais Cancela 46´), Mario,Diego Varela (Joaquín 46´) (Puyol 84´) GOLES: 0-1 27´Pinaque  0-2 36´Pinaque   1-2 51´Mario de pti   1-3 68´Julio O San Lorenzo tivo unha mala tarde ante un ordenado Bertamiráns, que conta con Pinaque no ataque, dianteiro que a pesar dos anos mantén a calidade nas súas botas, e anotou os dous primeiros tantos do Berta. O mal primeiro tempo do San Lorenzo valiu o 0-2 ó descanso. No segundo tempo os de Mallón saíron mellor, tiveron uns bos 25 minutos nos que recortaron de penalti, pero o terceiro gol, na única chegada visitante, deixou o partido sentenciado. As lesións de Parafita e Joaquín son malas novas para un equipo que se xoga en Tordoia o próximo domingo gran parte das súas posibilidades de salvación.

Comentarios