1ª Galicia: o Baio, o triunfador da xornada
10:13 04/12/17
Reale Seguros Baio patrocina a 1ª Autonómica
O Baio levouse o derbi, ascendeu uns cuantos postos na clasificación e afundiu no último lugar ó San Lorenzo. Non trouxeron boas novas Soneira e Fisterra dos seus desprazamentos, onde colleitaron sendas derrotas, de diferente cor e sabor, pero en todo caso amargo en ambos casos.
BAIO 2 - SAN LORENZO 0
BAIO: Dani Varela, Mario, Yago, Adrián Lema, Isaac, Santi Díaz, Fachal, MC, Martín, Iván Rojo, Moreno. Tamén xogaron Rubio, Ramón, Pablo Novo e Josiño.
SAN LORENZO: Javi, Baneira, Adrián, Juanjo, Pablo Díaz, Alex Taibo, Aitor, Yago Varela, Parafita, Mario, Diego Varela. Tamén xogaron Brais Cancela e Javi Puñal.
GOLES: 1-0 46´Santi Díaz 2-0 65´Iván Rojo
Decidiuse o derbi no inicio do segundo tempo. O primeiro foi mais ben igualado, con moita tensión e poucas ocasións de gol. Nunha boa xogada combinativa adiantouse o Baio nada mais saír dos vestiarios por medio de Santi Díaz, e o ex do Sofán Iván Rojo puxo a puntilla. O propio Iván Rojo viu como lle anulaban un gol, e el mesmo e MC marraron mans a mans claros ante Javi Souto. Brais Cancela tivo a mellor diante de Dani Varela que tivo que emplearse a fondo para sacar o remate do xove dianteiro verdillés.
AGOLADA 1 - SONEIRA 0
SONEIRA: Josiño, Forján, Nazo, Agra, Jota, Aarón, De la Sierra, Sandelo, Alex Figueiras, Basti, Pichi. Tamén xogaron Darío, Fran e Brais.
GOL: 1-0 89´Alexandre
Incrible como se lle escapou o partido ó Soneira en Agolada. O dominio do encontro foi soneirán, pero as numerosas ocasións marradas por Basti, Fran e Agra entre outros pasaron factura. Ante un equipo como o Agolada con Aitor Hurtado, Alexandre e cia na dianteira non se pode un fiar, e así no último minuto o Agolada aproveitou a súa opción e púxose líder da categoría a costa dun Soneira ó que verdadeiramente non lle está a acompañar a sorte.
PUEBLA 4 - FISTERRA 0
FISTERRA: Joselu, Piti, Dani, Andrés, Fabián, Roa, Pablo Lestón, Ezequiel, Víctor, Isaac, Gabri. Tamén xogaron Gabriel Vigo, Noé e Javi.
GOLES: 1-0 19´Xacobe 2-0 31´Papa 3-0 43´Changui de pti 4-0 80´Viturro
Aguantou ben o Fisterra ata o primeiro tanto, incluso Víctor e Isaac tiveran boas opcións de gol, pero sin ser quen de finalizar en éxito. Pero o último cuarto de hora foi mortal. O Puebla anotou dous tantos e aínda lle anularon outro. O segundo tempo foi cómodo para o equipo local. O Fisterra estirouse, tendo Ezequiel nun disparo que rexeitou o gardameta a mellor ocasión. Nunha contra o Puebla anotou o cuarto e finiquitou o encontro.