Sábado. 02.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: o Fisterra asalta Vimianzo

1ª Galicia: o Fisterra asalta Vimianzo
ESCLAVITUD S.D. 2 - C.D. BAIO 0 C.D. BAIO - Dani Varela, Isaac, Alex Varela, Yago Couto, Damián, Norberto, Bieito, Peque, MC, Iván Rojo e Moreno. Tamén xogaron Rubio, Josiño, Pablo e Sergio GOLES: 1-0 70´Alfonso   2-0 81´Juan Fernández Dous tempos diferenciados no campo do Doce. No primeiro tempo o Baio foi dominador e acreedor a coller vantaxe no marcador. Yago Couto á saída dun córner, e sobre todo Iván Rojo, con dous man a man co gardameta local, un no que se lle escapou o regate e outro que picou ante a saída do porteiro pero este salvou o remate, foron as ocasións máis claras do Baio. Pero o segundo tempo o equipo local foi máis agresivo. Adiantáronse nun centro lateral que tras tocar en Damián chegou a Alfonso e este definiu. E un pase á espalda da defensa no que Dani resbalou, o dianteiro Juan empurrou a gol o segundo e definitivo tanto. C.F. DUMBRÍA 1 - SIGÜEIRO C.F. 3 O Dumbría non tivo un bo arranque ligueiro C.F. DUMBRÍA - Jorge, Pablo Paz, Canario, David Carreira, Matías, Marcos Mouro, Iago, Cespón, Darío Capelo, David e Yuyo. Tamén xogaron Charly, Xabi e Eloy. GOLES: 0-1 32´Juán Caneda   0-2 53´Adán   0-3 56´Brais   1-3 60´Yuyo Pouca opción tivo o Dumbría ante un Sigüeiro que este ano parece claramente un proxecto de ascenso. Un gol de Canedo adiantou ós visitantes antes do descanso. Co 0-1 chegouse ó intermedio, e en 5 minutos os visitantes, por medio do de Louro, Adán e Brais Rodríguez sentenciaron o encontro. O gol de Yuyo pareceu meter no partido o Dumbría, pero só foi un amago de remontada. C.D. UNION 2 - S.D. ESTEIRANA 1 S.D. ESTEIRANA - Alex de Yi, Code, Simón, Josiño Alves, Manu Tobío, Maroñas, Pablo Rama, Alex RAma, Elías, Josiño Barreiro e Rober Pladur. Tamén xogaron Samu Pensado, Adrián, Ramiro e Iker. GOLES: 1-0 4´Villaverde   1-1 13´Rober Pladur   2-1 66´Reboiras Incrible como se lle escaparon os puntos á Esteirana, nun encontro que dominou por completo e que tiña que ter vencido con solvencia por fútbol e ocasións de gol. Pero atopáronse cun gol nada máis sair dos vestiarios. Pouco despois nunha pena máxima o porteiro rexeitou en primeira instancia pero Pladur remachou ás redes o empate. E no resto do primeiro tempo a Esteirana de Geno tivo infinidade de ocasións pero o empate non se moveu. No segundo tempo, nunha xogada desafortunada, marcou o Unión, e a pesar de que Alex, Rober Pladur e Josiño Barreiro tiveron inmellorables ocasións non foron quen de anotar. SONEIRA S.D. 0 - S.D. FISTERRA 1 O Fisterra competitivo apareceu en Vimianzo SONEIRA S.D. - Javi Souto, Darío, Sito, Alemán, Samu Vázquez, De la Sierra, Alex Taibo, Pichi, Agra, Jairo e Alex Figueiras. Tamén xogaron Basti, Sandelo, Nazo e César. S.D. FISTERRA - Iván Bouzón, Julito, Andrés, Fabián, Roco, Dani Rubia, Dani Martínez, Aarón, Bruno, Mackay e Pablo Lestón. Tamén xogaron Coté, Adrián Castro, Mané e Piti. GOL: 0-1 72´Mackay O derbi resolveuno o de sempre, Adrián Mackay cun golazo. O encontro foi parexo, con constantes cambios de dominador. O Soneira empezou ben, cunha ocasión de Pichi que parou Iván Bouzón pero nos últimos intres do primeiro tempo Mackay e Dani tiveron boas ocasións para adiantar ós fisterráns. Iván Bouzón tivo que lucirse a dous lanzamentos de falta, e o Soneira tivo unha clara ocasión nun pase de Darío a Basti, que non remata, pero chega Jairo e por dúas veces non é quen de marcar coa portería case baleira. E nun balón longo Mackay pillou unha volea incrible que entrou pola escadra. Iste golazo e bandeira sentenciou o encontro.  

Comentarios