Mércores. 08.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: Soneira e Fisterra lanzados, Baio e San Lorenzo con dúbidas

1ª Galicia: Soneira e Fisterra lanzados, Baio e San Lorenzo con dúbidas
Están empezando a arrancar Soneira e Fisterra na liga provincial. Os soneiráns lograron vencer en dous dificilísimos derbis e acércanse ós postos altos da clasificación. O Fisterra, de goleada en goleada, está a mostrar un gran fútbol e unha capacidade realizadora envidiable. Pola contra o Baio está a pagar a súa enorme lista de baixas e non logra resultados positivos, e o San Lorenzo non coñece a vitoria, pois parece que lles está a costar adaptarse á categoría. SONEIRA 3 - SAN LORENZO 1  SONEIRA: Anxo, Darío (Fran 73´), Jota, Aarón Fdez., Alex Figueiras (Isma 73´), Bruno (Pablo Mouzo 73´), Basti, Pichi, Nazo, Sandelo e Agra (De la Sierra 62´) SAN LORENZO: Javi Souto, Luciano, Samuel (Aiton 46´), Cuki, Mario, Diego Varela, Rubén (David Baneira 70´), Juanjo, Kevin (Brais Cancela 77´), Alex Taibo (Anxo 85´) e Pablo Diaz GOLES: 1-0 21´Aarón   2-0 48´Bruno   3-0 66´Nazo  3-1 77´Brais Cancela O Soneira dispárase na taboa despois de vencer dous derbis consecutivos. Desta vez foi ante un San Lorenzo no que esta tarde debutaron Aitor e David Baneira. Os locais saíron moi metidos no partido e pronto tiveron as primeiras ocasións, destacando un gran disparo de Pichi que saiu fora por pouco. Aarón adiantou ós locais nunha das súas especialidades, os corners. Ata o descanso segue o mando do Soneira ante un San Lorenzo que non ten o control do xogo en ningún momento. Á saída dos vestiarios Bruno fixo o segundo tanto resolvendo un man a man, e Nazo pouco despois pon a sentencia. Mario foi expulsado por protestar no conxunto visitante, feito definitivo do partido, no que o Soneira por medio de Bruno puido ampliar a conta, pero foi o San Lorenzo, botándolle garra ó asunto, o que acortaría distancias por medio de Brais ó transformar un penalti. FISTERRA 5 - AT.RIVEIRA 2 FISTERRA: Joselu, Andres, Breixo, Robertín, Piti, Roa, Tati (Noé 81´), Pablo Lestón (Jesús 66´), Dani, Ezequiel (Mané 74´) e Victor Agulleiro (Gabri 69´) GOLES: 0-1 47´Madiop   1-1 50´Ezequiel   2-1 51´Víctor   3-1 60´Piti   4-1 61´Víctor   4-2 77´Manu Millán   5-2 84´Breixo Primeiro tempo de descontrol en Ara Solis, no que o Fisterra creou ocasións por medio de Breixo e Ezequiel, aínda que o Riveira mandou un balón ó longueiro. O segundo tempo foi un recital de fútbol ofensivo. Victor fallou un man a man nada mais iniciarse o periodo, e o Riveira adiantouse nun corner. A sensación sin embargo era que o Fisterra era superior  viuse claramente. Victor, Pablo e Ezequiel levaron o control do xogo e as ocasións, e Piti, que fixo un partidazo, anotou o seu goliño. Gran tarde do Fisterra que mellora paso a paso. SIGÜEIRO 3 - BAIO 2 C.D.BAIO: Dani Varela, Pablo Novo (Peke 35´), Norberto, Fachal, Martín, Moreno (Ramón 75´), Rubio, Mario, Yago Couto, Adrián Lema, Isaac GOLES: 1-0 1´Chema   2-0 3´Alex Pri   3-0 28´Alex Pri   3-1 41´Rubio   3-2 50´Rubio O Baio dou boa imaxe en Sigüeiro É difícil ir a un dos campos mais complicados da categoría como foi o Baio hoxe sen ningún dos dianteiros da plantilla. MC, Javi Suárez, Santi Díaz e Brais Lado eran baixa nos de Pedro Gómez, e por enriba ós 3 minutos xa perdían por 2-0. O terceiro gol do ex sofanista Alex Pri parecía sentenciar o encontro, pero un golazo de Rubio dende fora da area meteu ó Baio no encontro. Peke tivo o 3-2 antes do descanso. Nada mais iniciar o segundo tempo unha falta de Martín que toca en Rubio é o 3-2. O Baio lanzouse ó ataque e tivo claras opcións de gol. Isaac foi agarrado cando encaraba ó meta local e incomprensiblemente o defensa do Sigüeiro non foi expulsado. Na última xogada do partido Adrián Lema tivo a opción de igualar pero dubidou entre centrar e tirar e voaron os puntos.

Comentarios