1ª Galicia: variedade de sensacións
12:32 03/09/18
S.D. PILOÑO 1 - S.D. FISTERRA 1
S.D. FISTERRA: Iván Bouzón, Julito, Andrés, Roco, Dani, Aarón, Roa, Bruno, Pablo Lestón, Jesús e Mackay. Tamén xogaron Mane, Dani Martínez, Coté, Piti e David Marcote.
GOLES: 1-0 13´Martín Taboada 1-1 83´Julito
Perdeu dous puntos o Fisterra en Vila de Cruces nun encontro que dominou a placer durante os 90 minutos, facendo un gran fútbol, pero non estiveron acertados cara a meta rival. De inicio Bruno foi un pesadelo para o Piloño, entrando por banda como e cando quixo. Fallou o extremo unha clarísima ocasión e nun rexeite dun córner adiantouse o Piloño cun golazo dende o borde da area. Roa e Aarón puideron empatar antes do descanso, e o árbitro comeuse un claro penalti en area local. No segundo tempo anulouselle un gol a Mackay e Bruno marrou outra clarísima ocasión. A pouco do final un balón colgado aproveitouno Julito para poñer algo de xustiza no marcador, aínda que os de Angel Canosa se foron coa sensación agridoce de ter xogado un gran partido para un só punto.
SONEIRA S.D. 1 - U.D. BASTAVALES 0
SONEIRA S.D. - Javi Souto, Darío, Aarón, Alemán, Samuel Vázquez, De la Sierra, Sandelo, Alex Figueiras, Nazo, Alex Taibo e Basti. Tamén xogaron Pichi, César e Sergio
GOL: 1-0 55 Pichi de penalti
Partido áspero e rival duro o que se encontrou o Soneira de Pedro Gómez na primeira xornada ligueira. O Bastavales defendeu con moitos homes ante un Soneira dominador pero sen claridade no ataque. Os visitantes tiveron unha clara ocasión, e ademáis foilles anulado un gol no primeiro tempo. Nazo a pase de BAsti puido adiantar ós locais antes do descanso pero non chegou por pouco. Aarón tivo que retirarse á media hora cun importante corte polo que tivo que levar sete puntos de sutura. No segundo tempo decidiuse o partido. Unha pena máxima sobre Pichi transformouna el mesmo no único gol do encontro. O Bastavales puido empatar contra o final nunha saída en falso de Javi Souto pero o dianteiro visitante con todo a favor botou o balón fora.
TORDOIA C.F 1 - S.D. ESTEIRANA 1
S.D. ESTEIRANA: Roberto, Code, Simón, Maroñas, Josiño Alves, Tobío, Alex RAma, Pladur, Pablo Rama, Josiño Barreiro e Elías. Tamén xogaron Raúl, Adrián, Xián e Brais.
GOLES: 1-0 10´Liñares de pti 1-1 75´Pladur de pti
Tremenda tarde de calor en Gorgullos, nunha tarde de bo fútbol e igualdade no marcador. O Tordoia estivo mellor no primeiro tempo, no que tivo varias ocasións de gol e se adiantou de penalti por medio de Liñares. A Esteirana de Geno mellorou no segundo tempo, e tivo moitas opcións de gol. O gardameta Santi estivo moi fino e abortou as ocasións visitantes unha e outra vez. Tamén de penalti igualou Pladur a falta de un cuarto de hora para o final, unha igualada que se pode considerar xusta visto o visto no terreo de xogo.
PRAIÑA C.F. 0 - C.D. BAIO 1
O Baio aguoulle a festa ó Praíña no seu debut en Primeira
C.D. BAIO: Dani Varela, Isaac, Yago Couto, Pablo, Peque, Bieito, Rubio, Iván Rojo, MC, Santi Díaz e Javi Suárez. Tamén xogaron Regueira, Sergio, Moreno e Toniño
GOL: 0-1 12´MC
MC, quen senón, doulle co seu tanto os tres primeiros puntos ó Baio na difícil saída a Praíña. A velocidade de MC e Javi Suárez foi un pesadelo para o Praiña, que non foron quen de parar ós dianteiros baieses. Nunha xogada entre os dous naceu o gol que á postre sería decisivo. No segundo tempo o Praíña tivo maior dominio do xogo pero sen apenas perigo, exceptuando un disparo ó longueiro dende fora da area, na que foi a opción máis clara para facer o empate. Gran vitoria do Baio que inicia con bo pe o torneo ligueiro.
C.F. DUMBRÍA 0 - ESCLAVITUD S.D. 2
O Esclavitud celebra o segundo e definitivo gol no Conco
C.F. DUMBRÍA: Iván Baña, Canario, Matías, Iago, Pablo Paz, David, Darío Capelo, Rivi, Cespón, Marcote e Yuyo. Tamén xogaron Jorge, Alberto, Xabi, Charly e Eloy
GOLES: 0-1 18´Gonzalo de pti 0-2 78´Juanpa
Partido frustrante o do debut do renovado Dumbría como local, totalmente condicionado pola expulsión de Iván Baña no minuto 17 ó cometer un penalti que significou o primeiro tanto dos visitantes. Este gol e o feito de xogar con 10 homes 70 minutos fixo imposible a remontada do Dumbría, que aínda así, cun fútbol moi directo, mandou dous balóns ós paos e puido igualar o encontro, pero a falta de 10 minutos un trallazo de 30 metros significou o segundo tanto e a sentencia do encontro.