1ª Galicia: primeiras vitorias para Fisterra e Baio
10:43 25/09/17
Seguros Reale en Baio, patrocina a 1ª Autonómica
Vai mellorando a cousa na 1ª Galicia para os nosos representantes. Exceptuando o San Lorenzo, que caeu no derbi nas Pedreiras ante o Fisterra, o resto obtiveron bos resultados. Fisterra e Baio lograron a primeira vitoria do curso e de maneira bastante contundente, e o Soneira foi quen de igualar ante o favorito Sigüeiro. Avecíñanse mellores tempos para os nosos nesta categoría.
TORDOIA C.F. 0 - C.D.BAIO 3
BAIO: Dani Varela, Pablo Novo, Norberto, Iago Couto, Isaac, Martín (Mario 70´), Moreno (Peke 74´), Rubio, Santi Díaz (Adrián Lema 78´), Fachal e Brais Lado (Javi Muiño 84´).
GOLES: 0-1 23´Santi Díaz 0-2 49´Brais Lado 0-3 59´Brais Lado
Baio e Tordoia antes da batalla
Atopou o Baio o camiño do bo fútbol e sobre todo do gol en Tordoia. Onte foi moi superior en todo momento ó equipo local, de inicio a fin. O Baio acostuma a ter intención de controlar o xogo e fixérono á perfección, dándolle Isaac e Santi Díaz moita profundidade ó equipo por bandas. Foi o xoven extremo o que adiantou ós visitantes, que aínda erraron claras ocasións nas botas de Brais, o propio Santi Díaz e Rubio. Na segunda parte apareceu a clase do de Corcubión, Brais Lado, para poñer punto e final ó encontro con dous tanto. Xustísimo resultado, incluso algo curto vendo o que sucedeu onte en Tordoia.
SONEIRA 2 - SIGÜEIRO 2
SONEIRA: Anxo, Darío, Rachón, Jota, Aarón, Alex Figueiras, Oscar (Isma 81´), Bruno, Basti (Nazo 62´), Vía e Agra(Sandelo 64´).
GOLES: 1-0 7´Basti 1-1 25´Juanito 1-2 46´Juanito 2-2 61´Aaron de pti
Gran partido en Vimianzo entre dous aspirantes ó título ligueiro. Pronto se adiantaron os locais con un gol de Basti, e puido sentenciar Oscar nun man a man co porteiro visitante. Tamén Vía Rápida mandou alta outra gran ocasión, e o veterano Juanito non desaproveitou a súa para igualar a contienda. Sorprendeu a saída do Sigüeiro, que na primeira xogada se puxo por diante no marcador. O Soneira mellorou cos cambios e Aarón igualou de penalti. A saída de Nazo doulle moita vitalidade ó ataque local. Bruno tivo a mais clara ocasión pero non foi quen de anotar o tanto que sería da vitoria local. Foron expulsados un home por cada equipo, Rachón e Aitor no minuto 60
SAN LORENZO 0 - FISTERRA 4
SAN LORENZO: Javi Souto, Brais Cancela (David Lorenzo 73´), Samu (Iago Varela 79´), Anxo (Dani Cotelo 56´), Mario, Diego Varela, Ruben, Adrian, Juanjo, Alex Taibo e Pablo Diaz.
FISTERRA: Joselu, Andres (Victor 57´), Fabian, Breixo, Robertin, Roa, Tati, Pablo Leston (Gabri 62´), Piti (Isma Leis 82´), Dani, Ezequiel (Jesús 65´).
GOLES: 0-1 26´Lestón 0-2 40´Roa 0-3 77´Tati de penalti 0-4 88´Victor
Ambos equipos antes do inicio do partido
Xusto triunfo fisterrán nas Pedreiras, ante un San Lorenzo con baixas na liña defensiva, que ademais sufriu a expulsión do seu lateral esquerdo Adrián no 53´. Os de Fisterra dominaron o encontro e adiantáronse nun riguroso penalti que Pablo Lestón transformou no rexeite. Ben é certo que en cada balón parado o Fisterra creaba perigo e nun corner antes do descanso Roa facía o segundo tanto. No segundo tempo o San Lorenzo saíu mais agresivo e intenso, e tiveron unha clara ocasión nunha falta ó borde da area, pero a expulsión de Adrián acabou por desnivelar a contienda, pois dous goles con un home menos era moita costa arriba para os de Oscar Suárez. Nos últimos minutos Tati de penalti e a nova fichaxe Victor deixaban un abultado marcador, que da moito ánimo ó Fisterra e deixa ó SAn Lorenzo nunha difícil situación.
Roa está acertadísimo de car a gol