3ª Autonómica: O Coristanco frea ao Baíñas e seguen a intensa loita pola Promoción
Dúas frontes mantén esta 3ª Autonómica trala disputa da xornada 16. Por arriba, o Baíñas non podía cun bo Coristanco, e permitía que o Montelouro recurtase 2 puntos tras vencer ao Castrelo, quedando agora a 3 puntos pero cun partido máis.
Intensa está a loita pola promoción, con 6 equipos loitando por 4 postos. Dicimos 6 unha vez que o Cerqueda perdía unha boa ocasión para meterse de cheo, pero un gol de penalti do Nantón no último minuto mina as opcións do cadro cerquedán de unirse ao grupo. O Lira mostraba a súa peor cara ante o Muxía, que se achega ao Nantón. Ademais, o Ameixenda tamén vencía ao Seaia apretando tamén a brega.
Ameixenda - Seaia (2-1)
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Miro (Javichu, min.70), Camacho, Bruno, Rioliño (Brais, min.65), Álex, José Exprés (Jesús, min.60), Borja, David e Chiru (Samuel, min.80).
- SEAIA: Jesús, Lesi, Sergio (Navallas, min.75), Parga, Vistas, Uru, Camilo, Martuxa, Adra (Pablo, min.75), Richard, e Vilariño (Zala, min.50).
- Goles: 0-1, min.22: Uru tras un rexeite a un tiro de Richard; 1-1, min.47: Chiru cun golazo dende case 30 metros; 2-1, min.65: David dende o borde da área e pola escuadra.
Partido importante na zona de promoción que tivo unha parte para cada equipo. Coa axuda do vento, o Seaia tivo varias ocasións na primeira para levar unha boa renda ao descanso, pero Camilo marraba dous mans a mans, Uru outros tantos, e Richard unha de cabeza moi boa. Así, chegouse ao descanso co solitario gol de Uru.
E na segunda cambiou o conto. O Ameixenda, co vento de costas, tomou o mando e aproveitou que o Seaia acusou o esforzo do gran campo do San Paio de Refoxos. De contado empata Chiru cun golazo espectacular, e pouco a pouco, o cadro local foi creando ocasións ata que David facía o segundo e definitivo tanto que mete ao Ameixenda máis preto da zona de promoción.
Segunda derrota do Seaia, que acusa a baixa de Albertiño e que ao que falta algo de ánimo pero que segue metido aí arriba. Pola súa banda, o Ameixenda recupera forzas
Castrelo - Montelouro (1-3)
- CASTRELO: Miguel, Valiña (Rodri, min.46), Sergio, Roberto (Borja, min.46), Luís, Edreira, Estebo, Ismael, Félix (Óscar, min.70), Fermán e Marcos.
- MONTELOURO: Isma, Álvaro, César, Abel, Geico (Pablo, min.70), Chema, Pedro, Isma Cosme, Edu (Bruno, min.55), Pepe (Raúl, min.60) e Pesco (José. min.85).
- Goles: 0-1, min.15: Abel; 0-2, min.18: Pesco; 1-2, min.89: Ismael; 1-3, min.90: Raúl.
Partido cómodo para os de Jurjo, que se meteu 0-2 moi pronto cos tantos de Abel e Pesco. Aínda enviaron un par de balóns ao pau de Álvaro a saída de sendos córners os visitantes, pero o marcador non se movería ata o descanso.
Na segunda saíron algo durmidos os de Jurjo, e puido recurtar o Castrelo en varias ocasións, pero tamén puido sentenciar o cadro visitante, que nunca viu perigrar a vitoria. E nunha contra recurtou o Castrelo contra o final, pero de contado marcou o terceiro e sentenciou o choque Raúl.
Corcoesto - Laxe (5-2)
- CORCOESTO: Edelmiro, Javi, Germán, Longo, Couto (Miguel, min.46), Pablo, Pichu, Luis, Rodri (Alberto, min.60), Cristian e Martín.
- LAXE: Anxo, Aarón, Jacinto, Carracedo, Djamel, Carrabete, Samuel, Adrián, Elías (Diego, min.65), Manu e Adrián Lema.
- Goles: 1-0, min.35: Luís; 2-0, min.38: Cristian; 2-1, min.40: Samueliño tras varios rexeites; 2-2, min.46: Carrabete; 3-2, min.48: en propia meta con Rodri para empurrar se fixera falta; 4-2, min.52: Cristian en xogada individual; 5-2, min.84: Pichu de bo remate de cabeza a un córner de Alberto.
Partido máis cómodo do esperado para o Corcoesto ante un Laxe que segue estando tremendamente frouxo e non dá arrincado, unha vez sumerxida na mala dinámica. Choque no que os porteiros foron protagonistas evitando un resultado máis abultado.
Comezaba o Corcoesto metendo terra de por medio con dous goles á media hora, pero unha xogada de fortuna antes do descanso propiciaba o 2-1 co que se marcharían aos vestiarios aínda coas opcións intactas para os dous.
De feito, empataba o Laxe nada máis arrincar a segunda e se metía de cheo no partido. Pero a partir dese gol o Corcoesto tomou o mando, marcou dous goles moi pronto e a segunda parte foi un monólogo do equipo local que sólo o porteiro visitante evitou que o resultado fose máis abultado.
Coristanco - Baíñas (2-2)
- CORISTANCO: Jack (Alfredo, min.50), Marquiños, Marcos (Rubén 60), Héctor, Morientes, Rubio, Mato, Sergio (Gonzalo, min.70), Mallón (Añón, min.70), Toniño e Luís.
- BAÍÑAS: Sergio Puto, Braulio, Luís, Capote, Héctor (Sancho, min.60), Cristian, Mario (Andrés, min.85), Diego, Jaime, Tasky e Javi Suárez.
- Goles: 1-0, min.20: Luís de volea; 1-1, min.35: Javi Suárez á saída dun córner; 1-2, min.65: Diego dende fóra da área; 2-2, min.89: Héctor de cabeza nun córner.
- Lesión: o meta local Jack.
Freou un serio Coristanco a un Baíñas que así e todo controlou máis o partido. Comezou o Baíñas tocando, pero nunha contra Luís enganchaba unha volea á saçída dun córner que non puido cazar Sergio Puto. O Baíñas despois do gol foise un pouco arriba e nun corner conseguiu marcar por medio de Javi Suárez despois dun erro do porteiro local ó quedarse debaixo dos paus. Con este resultado iriase o descanso.
Xa no segundo tempo, o partido seguiu moi intenso e con ocasións para ambos equipos, e tras perdoar varias chegadas sobre todo con dúas de Javi Suárez á contra, foi Diego o que facía o 1-2 dende fóra da área cun gran disparo ante o que nada poido facer Fredy.
O Coristanco, espoleado polo gol visitante foise arriba e despois de varias ocasións falladas conseguiu marcar nun córner cun preciso cabezazo de Héctor ante o que nada poido facer o porteiro visitante. En definitiva, empate xusto no que calquera dos dous puido gañar.
Lira - Muxía (1-3)
- LIRA: Andrés, Adrián (Herminio, min.55), Joserra, Josiño, Brea, Cristian, Michelón (Fran de Muros, min.60), Fran Perico, Suso Perico, Óliver (Iago, min.70) e Manu.
- MUXÍA: Santi Papi, Pataca, Currás, Sergio (Martín, min.70, Pesqui, Juan, Pereira, Adrián, David, Iván e Jonathan (Carlos, min.80).
- Goles: 0-1, min.15: Jonathan; 1-1, min.25: Suso Perico de penalti; 1-2, min.30: Pataca tras un córner en xogada ensaiada; 1-3, min.60: David.
- Lesión: o muxián Sergio.
Descoñecido o Lira ante o Muxía, deixando patente a súa irregularidade. Non chegou nunca o cadro liracho, ante un equipo de Juan Prado moi serios, que aproveitou ben as ocasións que tivo, e fixo un gran partido, presionando e correndo moito máis que o rival.
Adiantouse o Muxía por medio de Jonathan. Suso Perico empataba de penalti superando a un Santi Papi que xa está tan cómodo baixo paus como no mediocentro. Pataca metía de novo aos muxiáns por diante. E Carlos, Iván e Juan puideron ampliar a renda pero non foi ata mediada a segunda cando David sentenciaba.
Cerqueda - Nantón (0-1)
- CERQUEDA: Rubén, Juanjo, Pailos, Dani, Sergio, Manuel, Uru (Pablo, min.62), Lorenzo, Javi Pazos (Carlos, min.80), Dani Seaia (Xabi, min.62) e Eliseo (Darío, min.75).
- NANTÓN: Erni, Carlos R., Diego, Félix, Eloy, Martín, Amado, Carlos Vidal, Iván, David e Luís.
- Gol: 0-1, min.90: Luís de penalti.
- Expulsión: vermella directa ao míster local a Roberto Lozano e no min.90 a Dani no penalti.
Non vai o Cerqueda, que tras unha gran temporada pasada, agora parece que non conseguen dar ca tecla. Onte perdían ante un serio Nantón no último segundo tras un partido malo, sen ocasións, sen xogo, con moito medio campo e paróns continuos.
Darío tivo unha boa ocasión para os cerquedáns xa case que co tempo cumplido, pero á volta da xogada, penalti en contra e gol do Nantón, que dá tres puntos a un Nantón que se mete de cheo na loita pola promoción e deixa ao Cerqueda a 10 puntos.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: O Camariñas sorprende ao líder.
- Preferente: O Soneira saca a cabeza.
- Os peques das LCFs disputaron a súa gran final.
- A crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta.
Artigos relacionados
- Luís Porto leva o seu Mar de Paixón ata Muros.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).