Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta

A crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta
Barullo na area do Castrelo-Montelouro-Foto-Edu Olveira

Nova fin de semana chega de fútbol costeiro. Unha fin de semana que arrincaba o venres coa gran final dos peques das LCFs, no que as futuras perlas do fútbol da costa enchían de cor o pavillón de Muxía.

E xa comezamos o repaso a esta xornada de 84 partidos pola Preferente, con resultados dispares para os nosos. A vida ou morte era esta xornada para un Soneira sen adestrador. Ante a dimisión de Manolito, Fran de Urroa facíase cargo esta semana do equipo, pendente do si de José Ángel Perro Viejo. E o equipo, a pesar das baixas, deuno todo para sumar 3 puntos que o volven meter na loita por manter a categoría. Aínda está moi lonxe, con 18 puntos a 6 da salvación, sen contar os posibles arrastres, pero o cadro volve soñar con manter a categoría tras unnha vitoria por 4-3 de infarto ante o penúltimo.
O que segue empeñado en meterse en problemas é o XSC, que era capaz de remontar un 2-0 en Lemos, tamén ante un rival directo por evitar o descenso, e acababa deixando escapar o partido. Os de Julio Martínez quedan con 26, puntos, xa os mesmos que o propio Lemos, e con 3 sobre os postos de descenso directo.
Ao seu, pola zona alta, vai un Dumbría que cada día funciona mellor, que leva 11 xornadas sen perder. Hoxe goleou a todo un Residencia que estaba así a 2 puntos dos de Canosa.

Distinta sorte correron os nosos na 1ª Autonómica, con grandes vitorias e preocupantes derrotas. Vitorias as do Malpica, que non para, da Esteirana, que respira tras dúas derrotas consecutivas; e do Camariñas, na sorpresa da xornada, por 4-1 e ante todo un líder, rompendo unha xeira de 6 partidos sen gañar.
O Baio caía ante o Arzúa, 2º na táboa, nunha derrota previsible, pero a derrota do Ponteceso si que preocupa. Era ante o Piloño, tamén na zona baixa, e os de Velo recibiron un set tras deixarse ir na segunda metade, que deixa ao equipo moi tocado e só no pozo, coa salvación (sen mirar os probables arrastres aínda) a 6 puntos.

Non fallaron os de arriba na 2ª Autonómica. O Sofán tiña que suar lama para vencer onte no Rodeiro a un Camelle épico. Hoxe respondía o Corme cunha cómoda vitoria ante o IDC, e o Zas cunha vitoria non tan cómoda ante o Corcubión, deixando a parte alta igual de igualada. O Fisterra non quere deixar escapar o grupo de cabeza e queda a 9 do liderato tras vencer a un Castriz que se deixa levar. O Cee queda a 10 tras unha cómoda, por fin, vitoria ante o Muros, e o Outes se retrasa a 11 tras non pasar do empate ante o Volantes.
Por abaixo, IDC e Corcubión seguen afundidos, pero ollo cos Muros, Camelle, Volantes e Cabana por mor dos arrastres.

Xa na 3ª Autonómica, o Coristanco freou ao Baíñas. O líder non pasaba do empate na Rocheira ante un gran cadro local que se mantén bo denso grupo da Promoción. Recurta o Montelouro 2 puntos, quedando a 3 pero cun partido máis, tras vencer ao Castrelo. E na loita pola promoción, moitas cousas. O Ameixenda sobe ao carro ao vencer ao Seaia, que tamén segue na 5ª praza. O Muxía metíase tamén máis preto tras vencer ao 3º, o Lira. E o Nantón afiánzase vencendo ao Cerqueda e deixando ao cadro malpicán algo descolgado.

Dumbría e Esteirana distáncianse na Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os dumbrieses xa levan avisando toda a tempada e suman 16 goles a favor e 0 en contra en 3 partidos. A Esteirana mantén o ritmo e leva 12 e 2, tamén con 3 de 3. Desta volta foron o XSC, que sempre lle facía moito dano aos dumbrieses; e Cabana, un dos grandes aspirantes tras quedar campión do Norte, os que sucumbiron ante os líderes, que xa avantaxan en 6 puntos ao resto.
Arrincou ademais a Liga da Copa da Costa Xuvenil, cos igualados pero algo insulsos (só quedan fóra 2 equipos de 13) nos Grupo Norte e Grupo Sur.

Preferente, xornada 26

Soneira 4-3 Carral
Lemos 4-3 Xallas StComba
Dumbría 4-0 Residencia

1ª Autonómica, xornada 24

Malpica 5-0 Sigüeiro
Ponteceso 1-6 Piloño
Camariñas 4-1 Noia
Arzúa 3-0 Baio
Esteirana 3-0 Bertamiráns B

2ª Autonómica, xornada 24

Camelle 2-5Sofán
Porteño 3-2Carnota
Mazaricos 4-0 Cabana
Indep. Carballo 0-3 Corme
Cee 4-0 Muros
San Lorenzo 0-0 Buño
Volantes 1-1Outes
Castriz 0-2 Fisterra
Zas 2-1Corcubión

3ª Autonómica, xornada 16

Ameixenda 2-1 Seaia
Castrelo 1-3 Montelouro
Corcoesto 5-2 Laxe
Coristanco 2-2 Baíñas
Lira 1-3 Muxía
Cerqueda 0-1 Nantón

Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4

Esteirana 6-1 Cabana
Xallas StComba 0-5 Dumbría
Corme 2-1 Malpica

Liga da Copa da Costa Xuvenil, Grupo Norte, xornada 1

Baio 2-1 Ponteceso
Camariñas 1-0 Coristanco
Castriz 3-2 Porteño

Liga da Copa da Costa Xuvenil, Grupo Sur, xornada 1

Mazaricos 4-2 Lira
Fisterra 0-0Outes
Muros 2-1 Muxía
  • Descansa Cee.

División de Honra Cadete, xornada 23

Ponte Ourense 1-1 Dumbría

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 1 Norte, xornada 2

Dumbría 2-2 Lugo

Play Off Descenso da Liga Galega Infantil, Grupo 2 Norte, xornada 2

Montañeros 1-1 XSC

1ª Cadete, xornada 15

Fisterra 7-1 Cee
Baio1-2 Esteirana
As Baleas 0-5 Muxía
Zas 1-6 Cabana
Muros 2-1 Coristanco
Corcubión 1-5 Outes
  • Descansa XSC.

1ª Infantil, xornada 21 (partido aprazado no seu día)

Cee 2-1 Cabana

Alevín, F-8 Costa Sur, xornada 13

Zas 4-3XSC B
Cee 2-2 Os Miúdos A
Outes 2-1 Dumbría
Lira 3-4 Os Miúdos B
Fisterra 1-0 XSC A

Alevín, F-8 Costa Norte, xornada 2

Sofán 1-2 Corme
Muxía 2-3 Cabana
As Baleas 24/02 - 19:00 Baio
EF Corcubión 24/02 - 19:15 E.M.F. Vimianzo
  • Descansa Coristanco.

Benxamín F-8 Costa Sur, xornada 13

Zas 0-7 XSC B
Esteirana B9-0 Esteirana A
Outes 10-2 Dumbría
Lira1-3 Os Miúdos B
Fisterra 3-4 XSC A
Cee 2-4 Os Miúdos A

Benxamín F-8 Costa Norte, xornada 2

Coristanco 1-5 As Baleas B
Ponteceso 2-15 E.M.F. Vimianzo
Sofán 2-1 Corme
Muxía 1-2 Cabana
As Baleas A 24/02 - 18:00 Baio

LCFs, Finais

Benx.C. Fisterra 7-4 As Baleas
Alev. EMF. Vimianzo 2-1 C. Dumbría
Inf. As Baleas 2-7 EF. Corcubión

Ligas de Veteranos, xornada 22

1ª División

Xv. Bergantiños1-3 Ponteceso
San Román 1-3 Nantón
Soneira 3-2 San Lorenzo
Zas 1-5 Baio
Cabana 4-1 Camariñas Vet
Coristanco 3-2 Bértoa
Dumbría 2-4 Laxe
Castriz5-2 Muros

2ª División

Vimianzo2-6 Poniente
Camelle 2-2 Dep. Carballo
Sofán 2-1 Buño
Malpica 0-0 Cerqueda
At. Milagrosa 2-0 Agualada
Porteño 1-0 Leiloio
  • Descansan Corcoesto e Erbecedo.

Liga Intermunicipios, xornada 19

Laxe 2-4 A Piña
Valenza7-1 Sp. Seaia
Cances 1-2 Sp. Brea
Xornes2 -3 Cereo
Rus 3-6 Baldaio
  • Descansa Peña Galicia.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios