Venres. 03.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Camariñas sorprende ao líder

1ª Autonómica: O Camariñas sorprende ao líder
Vitoria da Esteirana-Foto-Lorena Fdez

Dispar para os nosos esta xornada 24 na 1ª Autonómica. Por arriba, o Malpica ao seu, xa a só 3 do 2º posto, un Arzúa que non permitiu sumar ao Baio.
A Esteirana rompía unha mala xeira de resultados e xa mira a zona baixa dende unha prudente distancia.

Pero as novas chegaron dende abaixo. A sorpresa da xornada a protagonizaba o Camariñas, endosando a terceira derrota do destacado líder, o Noia. Unha vitoria que coloca aos camariñáns a 3 putnos da salvación.
A 6 queda o Ponteceso trala súa debacle ante o Piloño. E cómpre pensar, pois a pesar da mala tempada dos da vila de Pondal, e a pesar das malas sensacións, dúas vitorias seguidas o meten de cheo na loita.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Malpica - Sigüeiro (5-0)

11 do Malpica ante o Sigueiro-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Pombo, Adrián (Jorge, min.72), David Castro (Víctor Novo, min.72), Alemán, Mario Casal, Fernando Varela, Eloy Cabeza, Juan oBello, Óscar Suárez, Ismael, Martín Maradona (Neucha, min.56).
  • Goles: 1-0, min.7: Eloy Cabeza tras un toque de Óscar Suárez a centro de Juan oBello; 2-0, min.25: Eloy Cabeza de chilena a centro de Fernando Varela; 3-0, min.65: Alemán remata un córner pechado de Neucha; 4-0, min.70: Óscar Suárez bate no man a man co porteiro tras un bo pase de Fernando Varela; 5-0, min.75: Juan oBello de falta lateral directa.
Ismael e Diego capis do Bertamirnas B e Malpica-Foto-Luis Porto

Partido sen tivo moita historia. Dominio de un Malpica ante un equipo rival que non mostrou nada e que, como se siga demostrando tan conformista, vai a ter verdadeiros problemas para mantela categoría.

Os malpicáns fixeron unha gran demostración de orde, e xogo, sobre todo durante unha segunda metade na que ata se gustou e demostrou que está nun estado de gracia ao que lle sae todo.

Sumou así o equipo de Baña a súa 5ª vitoria consecutiva e a súa 8ª en 9 partidos.

Malpica-Sigueiro-Foto-Wash-Calvo

Ponteceso - Piloño (1-6)

  • PONTECESO: Lucas, Diego Collazo , Dani Cotelo, Javi, Martín Puente (Nando, min.70), Josito, Bolón, Mendieta (Youseef, min.70), Alberto Recarey (Yago, min.70), Dieguito (Adrián, min.80) e David Brenlla.
  • Goles: 0-1, min.5; 1-1, min.20: Martín Puente de falta directa; 1-2, min.42; 1-3, min.46; 1-4, min.55; 1-5, min.62; 1-6, min.77.

Dura, durísima derrota do Ponteceso ante un Piloño que podería ter quedado a só 7 puntos do pechacancelas. Pero marcha defitivamente e queda o cadro de Velo a 6 da salvación (non é imposible) pero aínda ser ter en conta os máis que posibles arrastres.

Comezou marcando o Piloño ante un regalo da defensa local, pero parecía que o cadro local se metía no partido co empate de Martín Puente de falta. Pero dous tantos, un antes e outro xusto tralo saque de centro tralo descenso, mataban ao cadro pontecesán que se deixou levar na segunda.

Demasiadas facilidades deu o cadro pontecesán, que de todas maneiras, aínda ten posibilidades de salvarse, e se gañan 3 partidos seguidos se meten na loita de cheo.

Camariñas - Noia (4-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Sergio, Roi (David Toja, min.55), Rodri, Manu, Moriño (Pablo, min.85), Pirucho, Mario Toja (Wii, min.65), David de Muxía (Saviola, min.80), Brais e Sule.
  • Goles: 1-0, min.10: Pirucho chuta tras unha boa contra e o balón se cola tras tocar nun defensa; 2-0, min.15: David de Muxía rouba e marca; 3-0, min.25: David de Muxía a centro de Sule; 4-0, min.30: Mario Toja ao estilo Bale tras combinar con Moriño, Brais e David; 4-1, min.90.
  • Lesión: Moriño.

Saíu enchufadísimo o Camariñas ante un líder que se cadra se confiou de máis ante o penúltimo da táboa. E onte entraban as que non entraron moitas tardes, e á media hora o equipo camariñán xa marchaba 4-0, puidendo chegar ao descanso con algún gol máis ante a páxara do Noia.

Cando quixo reaccionar na segunda metade o cadro visitante, cos 5 cambios de golpe, xa era tarde e o Camariñas soubo manter a renda sen sufrir perigo, e buscando algunha contra, e de feito Mario Toja a centro de Sule e David de Muxía no man a man puideron facer o quinto pero foi o Noia o que recurtaría xa co tempo cumplido.

A única mala nova para os conserveiros, a lesión de Moriño no min.80, que obrigaba a saír ao meta suplente Pablo. Esperan que non sexa grave.

Arzúa - Baio (3-0)

  • BAIO: Manuel, Chema (Fachal, min.60), Ramón, Mario, Jose (Eloy, min.46), Norber, Brais, Rubio (Alberto, min.46), Bieito, Canay (Yago, min.77) e Christian.
  • Goles: 1-0, min.17; 2-0, min.37: de falta tras dous rebotes; 3-0, min.88.

Bo partido do Baio en Arzúa pero por algo está 2º o cadro das terras do Queixo. Comezou o choque moi igualado, pero foron un opar de golpes de sorte os que metían aos locais por diante. Intentou recuperar terreo o Baio na segunda, pero o Arzúa estaba moi firme e moi ben armado, e non puido recurtar. Só contra o final puxo a puntiña o cadro local.

Esteirana - Bertamiráns B (3-0)

Esteirana-Bertamirans B-Foto-Conchy
  • ESTEIRANA: Mj, Codesido, Simón, Dani, Sui, Serrano, Álex (Raúl, min.78), Varela (Pabliño, min.46), Andel (Josiño, min.65), Róber Pladur, Kike e Simón (Juan, min.88).
  • Goles: 1-0, min.55: Róber Pladur remata un córner; 2-0, min.64: Kike nun golazo nunha contra tras un roubo no medio campo; 3-0, min.74: Kike tras un roubo e pase de Josiño.

Moi desexada e buscada esta vitoria en Esteiro, a cal senta moi ben no seo do equipo e permite respirar un pouco máis libre. A liga ponse moi emocionante pola zona baixa e os esteiráns que queren amarrar o máximo de puntos canto antes. Agora, con Tatá, ao estilo Barcelona pero con acento, toma o mando o adestrador dos cadetes ante a marcha de Lodeiro.

Coa intención de acadar a vitoria saíu ao campo a Esteirana e tras un inicio dubitativo e nervioso, foise asentando cos minutos e gozando de algunha que outra oportunidade. A máis clara foi unha boa xogada de Simón que lla pon na cabeza a Kike para que este a mande rozando o longueiro.

Na primeira metade impúxose o poderío físico dos visitantes, pero todo trocou na segunda onde a inercia positiva se refrendaba cun gol de corner aos 10'. Tras ese tanto, o equipo esperou para saír a contra e daquí saíron as mellores ocasións. En dúas delas roubos en medio campo de Josiño, transición rápida e Kike que anotaba por partida dobre.
Tivo Tatá un desexable estreno no banco da Esteirana e cumpliuse o dito de "entrenador novo, vitoria segura".

Esteirana-Bertamirans B-Foto-Conchy

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios