Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra

A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra
Familia do Dumbria ca xente do Atletico de Madrid-Foto-Jorge Parri

A Escola de Tecnificación Fundación Atlético de Madrid púxose ao choio na Costa da Morte difundindo o seu proxecto nalgúns dos colexios e clubs da zona (Fisterra, Corcubión, Cee, a Escola de fútbol “Os Miúdos” de Muros e o Dumbría). Todos eles foron visitados polo Coordinador do proxecto, Héctor Antelo, co obxectivo de invitar á participación aos nenos e nenas de entre 4 e 17 anos que queiran gozar de formar parte da Escola, así como de informar ás súas familias, profesores e adestradores.

Tralo parón navideño e coa volta á normalidad en colexios e Clubs, renovaranse as visitas a outras zonas do noroeste da provincia da Coruña, dado que o interese é incluír a todo o mundo no novo proxecto que arrincará o luns día 13 de xaneiro nas Instalacións Deportivas Municipais de “O Conco” a partir das 19:00 da tarde.

Presentación a portas abertas

Dado que a organización segué a recibir constantemente preguntas relacionadas co interese que esperta a actividade entre as familias; a organización ofrecerá unha presentación aberta a todos os pais, clubs ou colexios, para dar resposta a todas as incógnitas e explicar o proxecto máis detalladamente. A presentación terá lugar o martes día 7 ás 18:00 na ludoteca das instalacións de ”O Conco”.

Para calquera información, poden poñerse en contacto co número de teléfono 696449023, do Coordinador da Escola, Héctor Antelo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios