Preferente: O Soneira saca a cabeza

Tirou de garra o Soneira para manter o pulso vivo desta Preferente. E levou un partido de tolos, sen un claro director de orquestra dende o banco e pendente do si de Perro Viejo para facerse cos mandos despois da dimisión de Manolito. Este domingo foi o capi, Fran de Urroa, que fixo de adestrador-xogador e o equipo sumou 3 puntos que o devolven á loita.
De tolos tamén foi o choque do XSC, pero este se decantou polo Lemos, deixando aos xalleiros só con 3 puntos por riba do descenso, e a 8 do Soneira.
Na outra liga, na de arriba, compite un Dumbría que cada día está máis engraxado. Onte superou con solvencia ao Residencia, que tamén está na súa liga, e queda na 5ª praza, a só 6 puntos da 3ª praza.
Soneira - Carral (4-3)

- SONEIRA: Jose, Chans, Pichi, Baba, Maikel, Fran de Urroa, De La Sierra (Quilmes, min.75), Riki (Leo, min.78), Richi, Javi e Basti.
- Goles: 0-1, min.3; 1-1, min.16: en propia porta; 2-1, min.18: Basti; 2-2, min.25; 3-2, min.52: Baba; 3-3, min.63; 4-3, min.88: Basti.
- Lesión: De las Sierra cun golpe no xeonllo que pinta mal.
Dous equipos en apuros enfrontábanse no Municipal vimiancés e demostraron, coa cantidade de erros defensivos o por que da súa clasificación. Ademais, viñan tocados ambos polas baixas, e nun Soneira de mínimos, Fran de Urroa, que tomaba o relevo de Manolito trala súa dimisión, só puido contar con 13 xogadores, sen porteiros tirando do xuvenil de primeiro ano, Jose, que fixo o que puido.
Arrincaba un partido de tolos, no que non parecía que as urxencias fixeran gardala roupa. En 25 minutos 4 goles, de ida e volta, e con dúas ocasións co 2-2 para os locais que marraron incomprensiblemente Fran de Urroa e Javi.
Baba facía o 3-2 á volta dos vestiarios, pero non duraba nin 10 minutos a alegría. I é que a can esfolado todo son pulgas, pois no ecuador da segunda lesionábase De la Sierra, e veremos se non é grave.
Segue na UCI o Soneira, que espera convencer esta semana a José Ángel Jose "Perro Viejo", para que se faga cargo do equipo dende esta semana.
Lemos - Xallas Sta Comba (4-3)
- XSC: Diego, Rubio, Alberto, Héctor (Cristian, min.15), Alfonso (David, min.80), Jonathan, Richi, César, Mario (Darío, min.70), Jesús e Arnejo (Marcos, min.60).
- Goles: 1-0, min.2; 2-0, min.6; 2-1, min.11: Jesús de penalti; 2-2, min.32: Alberto; 2-3, min.44: Richi; 3-3, min.57; 4-3, min.84.
Partido de tolos en Lemos que acabou do bando local. Deixou escapar o XSC un choque que foi capaz de remontar, i é que tras saír durmidos, e meterse o cadro local 0-2 en apenas 6 minutos, nunha fantástica primeira metade os xalleiros marchaban aos vestiarios cun 2-3 e os tantos de Jesús de penalti, Alberto e Richi, este xa co tempo cumplido.
Pero arrincaba de novo a segunda metade co tanto local deixando o partido completamente aberto, e moi tolo. Ida e volta, cos ataques superando ás defensas nunha segunda metade que se decidía contra o final cun tanto dos locais que aproveitaron un novo erro defensivo.
Dumbría - Residencia (4-0)

- DUMBRÍA: Julián, David Carreira (Rudi, min.73), Oscarín, Aarón Fernández, Pablo Conde, Aarón López, Adrián Makaay, Dani Casal (Jesús, min.73), Adrián Nieto (Pablo Muíño, min.58), Iago (Jota, min.64) e Rivi (Luís, min.58).
- Goles: 1-0, min.32: Adrián Makaay non perdoa ante Javi Liz tras un gran pase de Aarón Fernández; 2-0, min.54: Adrián Makaay fusila tras un pase de Adrián Nieto ás costas da defensa; 3-0, min.62: Pablo Muíño gánalle ás costas a defensa, intenta o taconazo que rexeita o porteiro pero o atacante dumbriés non perdoa a segunda; 4-0, min.89: Jesús de disparo cruzado tras unha internada de Pablo Muíño por banda.
- Campo: Municipal do Conco (Dumbría), uns 150 espectadores.


Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Os peques das LCFs disputaron a súa gran final.
- A crónica e os 84 resultados da xornada no #FútboldaCosta.
Artigos relacionados
- Luís Porto leva o seu Mar de Paixón ata Muros.
- A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona.
- Máis dun milleiro de persoas comprobaron a importancia social do clube decano do Fútbol da Costa.
- Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano.
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).