3ª Autonómica: Seguen abertas as dúas loitas tras unha semana de movementos

Nova xornada intensa de 3º costeira con dúas frontes abertas e bonitas. Por arriba, Carnota e Outes non ceden e loitarán polo liderato ata o final. E de seguido, detrás dun Cabana cómodo na 3ª praza, Volantes, Cerqueda, Montelouro e Coristanco móvense nunha marxe de só 2 puntos, se ben Porteño e Laxe segue a 5 puntos esperando os erros de alo menos 2 equipos.
E houbo movementos esta semana na 3ª. Tras discrepancias con algún membro da directiva, Rochicholi, o ata agora míster do Cerqueda, presentou a súa dimisión ao rematar o encontro contra o cabana. A directiva aceptou a súa dimisión e xa buscou recambio, será Raúl Periscal, ex-adestrador do Vimianzo e, esta mesma tempada, do Mazaricos. O adestrador nado en Cerqueda, adestrará ata o final desta tempada coa vista posta en entrar nos postos de playoff de ascenso, primeiro, e logo en poder ascender. Nos últimos tres anos Raúl Periscal xa ascendeu de 3ª á liga da Costa ao Vimianzo e ao Mazaricos.

Outes - Coristanco (3-1)

  • OUTES: Gato, Saúl (Debé, min.86), Martín, Chúa, Lago, David, Arturo (Lass, min.90), Kin, Deivi, Pesco (Alvaro, min.89) e Fernando (Damián, min.46).
  • CORISTANCO: Gonzalo, Marquiños, Marcos, Luís, Arantón, Carlos, Sergio (Morientes, min.46), Pazos, Edgar, Torreira (Benitez, min.55) e Mallón (Magovi, min.65).
  • Goles: 1-0, min.5: Lago; 1-1, min.47: Edgar; 2-1, min.76: Deivi; 3-1, min.84: Pesco.
  • Expulsión: O visitante Morientes (min.76) por dobre cartón amarelo por protestas.
Non acaban de superar os coristanqueses a baixa do seu home gol Toniño e a ansiedade estalles a xogar unha mala pasada nesta reta final de liga. Hoxe foron capaces de sobrepoñerse ao primeiro gol dos locais, pero na reta final do encontro a maior intensidade e 15 minutos de bo fútbol dos locais foi suficiente para que os de Outes sumen unha nova vitoria e sigan na loita pola liga co Carnota. Non foi un partido moi bonito e os locais que acostuman a plantexar un fútbol de moito toque dende atrás tiveron dificultades para superar o bo facer defensivo dos coristanqueses. Pese a que Lago abriu cedo o marcador, ao marcar de cabeza tras un rexeite do porteiro tras un falta lateral lanzada por David, ao equipo de Manu Roque non colleu ritmo. Tralo descanso, nunha xogada moi embarullada e tras un saque en longo do porteiro Gonzalo o balón acabou entrando tras remate de Edgar. A medida que foi rematando o encontro fóronse entonando os locais que salvaron os mobles tras unha boa xogada individual de Kin, o que foi obxecto de penalti, pero o colexiado deixou seguir e Deivi marcaba o segundo gol. Pesco cun tiro dende a frontal da área poñía a sentencia a falta de cinco minutos.

Camelle - Carnota (0-2)

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña, Manuel, Valiña, Adrián, Varu (René, min.72), Iván, Sergio (Tedín, min.50), Jose, Mario e Barreiro.
  • CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Manuel, Sergio Manín, David de Brea, Pumuki, Jacobo, Tono Goyanes (Urko, min.65), Gabriel (Boni, min.55), Manuel Luís e Manoliño.
  • Goles: 0-1, min.65: Urko; 0-2, min.80: Tono Goyanes.
  • Expulsión: O local Coruña (min.30) con cartón vermello directo por ameazar a un contrario.
Mal partido o visto en Camariñas, moitas faltas e protestas e moi pouco fútbol, ao final a maior pegada dos de Cambeiro fixo que se levaran os tres puntos. Na primeira metade os dous equipos tiveron un par de boas ocasións. Na segunda parte, primeiro Urko e logo Tono Goyanes de cabeza tras un centro de David de Brea déronlle os tres puntos aos carnotáns que os manteñen como lideres a falta de catro xornadas para o final. Os locais quedaron moi descontentos da actuación arbitral que non mostrou ningún cartón amarelo ao equipo visitante, pese a faltas cometidas.

Cerqueda - Cabana (0-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Jorge, Javi, Dani, Javi Pazos, Lorenzo, Manu, Maikel, Añón (Bastón, min.45), Dieguito (Juanjo, min.61) e Álex.
  • CABANA: Añón, Pancho, Marcos, David, José, Fernando (Diego, min.66), Sandro, Martuxa, Josiño, Rubén Rama (Eloy Pereira, min.78) e Eliseo (Adrián, min.86).
  • Gol: 0-1, min.71: Marcos.
Un providencial tanto de Marcos como consecuencia dun saque de esquina no ecuador do segundo tempo marcou as diferencias a favor do Cabana no equilibrado duelo contra o Cerqueda (0-1). Desta maneira, reforzanse as aspiracións dos visitantes, alonxándose, ademais, do Cerqueda na clasificación. Os locais reclamaron gol nunha acción da primeira parte desbaratada por Añón. A réplica do Cabana produxose cun tiro do centrocampista Sandro ao longueiro tras o descanso.

Alcaian - Muxía (8-1)

  • ALCAIAN: Rizos (Nahuel, min.46), Pombo (Framil, min.60), Diego, Dani, Víctor, Víctor Pazos, Tote, Daviciño, Roberto (Portillo, min.52), Rubén e París.
  • MUXÍA: Jose Antonio, Carrera, Camarón, Angel Luis, Jose Manuel, Pataca, Julian, Raúl, Felipe (Juan do Coral, min.46), Arxires e Martín.
  • Goles: Roberto (3); Tote (3); Víctor Pazos e Framil. E por parte muxián Angel Luís asinou o 5-1.
Partido cómodo para o Alcaián que ao descanso xa gañaba 5-0. O Muxía segue en cadro pero desta volta contou cunha boa nova: Miguel Camarón volvia moitos meses despois de romper a perna.

Porteño - Atl. Pereiriña (5-0)

  • PORTEÑO: Jimy, Brais, Maikol (Gabi, min.78), Iago Sestayo, Pejo, Cousillas, Asier (Oscar, min.75), Brais Grela (Tajes, min.80), Ismael, Jorge e Iago da Ponte (Wi, min.65)
  • ATL. PEREIRIÑA: Adrián, Simón, Javichu, Javi (Biorto, min.60), Mateo (Grille, min.65), Josiño, Adán, Poki (Alvaro, min.70), Néstor, Víctor e Rafa.
  • Goles: 1-0, min.3: Brais; 2-0, min.50: Iago da Ponte; 3-0, min.70: Wi; 4-0, min.75: Wi, de penalti; 5-0, min.90: Tajes.
Tan só puido facer algo de fronte o Pereiriña na primeira metade, na segunda o Porteño foi superior e plasmou esa superioridade no resultado. Ten complicado o equipo de Gerpe poñerse entre os seis primeiros, están a 5 puntos e con tan só 12 en xogo.

Soneira B - Laxe (0-1)

  • SONEIRA B: Víctor, Chans, Alberto, Chuchi, Curra, Pichón, Cristian de Cereixo, Dani, Richi, Kevin (Félix, min.70) e Cristian Carantoña (Portugués, min.80).
  • LAXE: Diego, Rellán, Borja, Antonio (Zurich, min.46), López (Óscar, min.70), Aarón, Roi, Darío, Saleta, Martín Rivera, Samuel.
  • Goles: 0-1, min.92: Borja de cabeza ao saque dun córner.
  • Expulsión: O local Cristian de Cereixo (min.75) con cartón vermello directo por unha falta por atrás.
Partido moi malo, no que un empate sería máis xusto, e sen ritmo sobre todo na primeira, cunha só ocasión clara para o cadro local que non puido aproveitar. Na segunda mellorou o Laxe, pero non foi superior ata a expulsión de Cristian a falta de 15 minutos. Aí apretou o cadro de Lilo, e avisou a falta de 10 minutos pero Víctor respondeu cun paradón a un tiro de Samuel. E tiveron que tirar de estratexia e xa co tempo cumplido os laxenses para facerse co partido. Non tiveron así recompensa os novos xogadores locais que fixeron un bo partido, intentando sempre sacar o balón con criterio, pero acabaron perdendo no tempo de desconto.

Corcoesto - Volantes (0-4)

  • CORCOESTO: Siro, Pablo, Rodri, Edelmiro, Germán, Manuel, Javi, Longo, Martín, Couto (Pichón, min.65) e Héctor.
  • VOLANTES: Miguel (Masu, min.80), Juan, Javi (Pardelo, min.50), Mou, David, Nimo, Ramón (Benja, min.65), Seluco, Ivi (Fran, min.70), Piti e Edu.
  • Goles: 0-1, min.15: Ivi; 0-2, min.30: Piti; 0-3, min.40: Piti; 0-4, min.59: Nimo.
  • Expulsión: O visitante Seluco (min.22) por dobre cartón amarelo por protestas os dous.
Importantísima vitoria do Volantes que os coloca cuartos a falta de catro partidos. Onte os de Baño foron superiores e non deron opcións ao seu rival dende o comezo, pese a xogar boa parte do partido con 10 pola expulsión de Seluco, que non tivo a mellor tarde, pois antes da expulsión desaproveitou unha pena máxima que Siro lle detivo.

Fisterra B - Lira (1-4)

  • FISTERRA B: Ángel, Eloy, Rubia, Noé, Pablo, Santi, Gabi, Jose Da Anchoa (Crivillé, min.60), Carlos, Manu Juvenil (Diego, min.70) e Juanjete.
  • LIRA: Miguel Angel, Santi (Oscar, min.65), Fran, Craig, Pelexo, Gabri, Manolo, Iago, Suso Patachin (Yerai, min.25), Fran Perico e Ancho.
  • Goles: 0-1, min.15: Fran Perico; 0-2, min.30: Suso Patachín; 1-2, min.55: Manuel Xuvenil; 1-3, min.65: Fran Perico; 1-4, min.70: Fran Perico.
Partido onde os dous equipos se presentaron con 13 homes, con 4 xuvenís os locais. Os primeiros 25 minutos foron competidos, cos locais intentando tocar o balón ante o forte vento reinante no Arasolis. Pero os locais como sempre aproveitaron a sua velocidade e froito disto Fran Perico plantouse só diante do porteiro local e a sua vaselina quitáronlla na liña de gol un defensa. Pero no minuto 15 isto non ocorreu, e nun gol semellante o de Lassad co deportivo este domingo, puxo por diante aos visitantes. E a partires de aquí todo se puxo de cara cun disparo dende a frontal de Suso Patachin que petou nun defensa e se envelenou poñendo o 0-2. O resto da primeira parte seguiu con este panorama os locais querendo o balón sen crear perigo (aínda pedirían un penalti por mans de Manolo) e os visitantes sendo verticais e terminando as xogadas. Na segunda parte un mal balance defensivo visitante deixoulle o balón franco ao xuvenil Manuel para poñer o 1-2 dende dentro da área grande despois dun centro raso dende a banda. Pero os visitantes, mais veteranos impuxéronse outra vez, e por parte de Fran Perico e Ancho tiveron varias ocasións moi claras na área local, pero sen ter a sorte que tiveron no 65 a un rexeite a disparo de Craig que Fran Perico aproveitou. E por ultimo Fran Perico faría o seu hattrick no 70 ao aproveitar o pase da morte de Ancho cando encaraba só o porteiro local. Destacar a falta de poucos minutos un disparo de falta ao longueiro por parte dos locais.

Independiente - Xaviña (2-2)

  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Rubén, Varlos, Gustavo (Iván Lorenzo, min.75), Rafa (Toni, min.60), Dani Rosalia, Efren, Brais, Roberto e Scot (Suso Noya, min.60).
  • XAVIÑA: Pablo, Diango, Juan Antonio, Sergio Snacki, Chiriví, Víctor, Adrián, Elvis, Frutos, Dani, Ocho.
  • Goles: 0-1, min.10: Juan Antonio coa axuda do inexperado porteiro; 1-1, min.20: Roberto Sande, de falta; 2-1, min.27: Rubén; 2-2, min.35: Frutos a pase de Juan Antonio.
  • Expulsión: O meta local Upi (min.5) con cartón vermello directo por derribar a un contrario fóra da área.
Foi un lastre para os locais a expulsión do seu porteiro aos cinco minutos por unha falta de entendemento co seu central Dani Rosalía que lle cede un balón, este quédase corto e intercéptao Dani, e a Upi non lle quedou máis que derribalo no intento de cortar o balón. Na porta púxose Dani Rosalía que non estivo moi afortunado, pois os dous goles foron bastante inverosímiles. O colexiado non estivo acertado para ningún, sen sinalar apenas faltas permitindo que se quentase, e a piques estivo de chegar ás mans. Ao final reparto de puntos nun partido con nada en xogo. Nos locais debutou Suso Noya.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Colabora Miguel de Lira, Luís Alberto Sambad.