Martes. 16.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Club do Mar xa celebra o ascenso mentres Zas e Nantón loitarán pola permancia

2ª Autonómica: O Club do Mar xa celebra o ascenso mentres Zas e Nantón loitarán pola permancia
Xornada clave esta a 30ª para o devir da Liga da Costa. I é que o Club do Mar xa pode celebrar o seu ascenso unha vez que suma 13 puntos máis que o 3º, agora o Malpica, a falta de 4 xornadas. Así e todo os caioneses parece que non van baixar o pistón ata que aseguren o título da Liga da Costa, moito máis preto tralo tropezo do Camariñas na Pena de Ouro. A loita pola 3ª e 4 praza endurécese pois o que queda fóra agora é o Fisterra, tras caer en Esteiro. O Malpica que sufriu para gañar no Conco, e o Corme, que deu unha lección de bo xogo en Muros, colócanse por diante. Por abaixo a cousa vaise clarexando, e parece que quedan Zas e Nantón nun man a man por evitar esa segunda praza de descenso. San Lorenzo, Corcubión, Mazaricos (que non acusou a resaca do Touripartido) e Castriz acadaban vitorias fundamentais que os deixan respirar case que defintivamente. O Zas non puido, a pesar de prantar cara en todo momento, co Malpica, e o Nantón remontaba ante o Baio pero aínda está 3 puntos por debaixo dos zaenses e co golaverage individual en contra.

Corcubión - Buño (3-2)

  • CORCUBIÓN: Andrés, Paulo (Iván xuv, min.60), Senra, Sebas, Gabriel, Alán, Edu (Mario, min.46), Papi (Iván Lagoa, min.75), Lema, Lourido, David de Muxía (Adrián xuv, min.70).
  • BUÑO: Brais, Diego, Alfredo, David, Óscar, Emilio, Jorge, Ismael, Miguel, Elías (Richard, min.55), Víctor.
  • Goles: 1-0, min.8: David de Muxía; 2-0, min.12: Alán; 2-1, min.25: Víctor; 2-2, min.75: Miguel Dourado; 3-2, min.90: Mario tras unha gran xogada do xuvenil Adrián tras unha falta lateral.
Fixo de Deportivo o Corcubión facendo gala das cores e marcou no último segundo para acadar unha vitoria importantísima. Primeiros minutos bos do Corcubión, pero despois fixose co medio campo o Buño e apretou ata igualar os dous tantos iniciais dos corcubioneses. I é que durante unha hora o Buño controlou o choque, chegando na primeira metade con ocasións. Ao comezar a segunda metade Elías falla só para empurrar pero o empate non chegaría ata faltando 15 minutos. Aí foi polo partido o Buño, pero cando parecía que o encontro remataría en empate, Mario facía o 3-2 que non fai xustiza ao visto no campo pero que deixa ao Corcubión practicamente salvado.

Zas - Club do Mar (0-1)

  • ZAS: Elías, Amado (Quintáns, min.55), Macebo (César), Lagoa, Oliver, Pereiro (Kevin), Rubio, Jorge, Ismael, Jaime (Víctor), Peque.
  • CLUB DO MAR: Gonzalo, Chori, Repi, Alex, Ruben, Jacobo, Juan Lareo, Jhonie, Bertín (Fran, min.65), Vituco, Santi (Chapu, min.60).
  • Gol: 0-1, min.30: Rubén de cabeza tras un saque de falta.
Vitoria sufridísima do líder ante un Zas plagado de xuventude (con 6 xuvenís na convocatoria), pero que deu moita guerra fancedo un partido estupendo. Os de Corredoira perdoaron na primeira metade con dúas ocasións de gol clarísimas de Jaime e Peque que marrou só diante Gonzalo, cunha gran parada do meta caionés. Na segunda, e xa co gol do Club do Mar nunha xogada de estratexia á media hora, os xogadores do Zas foron perdeldo folgos. O Club do Mar tirou de veteranía, baixou o balón e tocou e tocou, cansando aos locais. Un tiro ao pao de Repi e dúas a bocaxarro de Berín e Jacobo puideron sentenciar o partido, pero tamén Peque e Jorge puideron empatar contra o final.

Esteirana - Fisterra (2-0)

  • ESTEIRANA: Benito, Dani Rama, Maxi, Simón (Adrián, min.70), Uru (Cajulo, min.55), Andel, Iago, Chispi, Alex (Isma, min.65), Adelino, Roberto Pladur.
  • FISTERRA: Joselu, Borja Munitis, Cote, Pana (Gonzalo, min.80), Cartamil, Roco, Guardiola, Marco do Cabo (Bruno, min.60), Dudo (Eddy, min.70), Mané (C. Hidalgo, min.65), Rivas (tata, min.50).
  • Goles: 1-0, min.40: Roberto Pladur cun auténtico golazo de chilena; 2-0, min.50: Alex.
Sucumbiu o Fisterra no Xosé Luís Vara ante unha Esteirana que amosou a súa mellor cara e estivo acertado en momentos puntuais. Dende o principio deu mellor sensación o cadro local, que chegou con perigo pero Joselu aguantou na primeira aos fisterráns con 3 balóns tremendos (2 a Roberto Pladur e un a Simón de falta). A Esteirana tivo tempo de marrar un penalti por medio de Adelino, pero cando o partido ía cara o descanso, apareceu Roberto Pladur para facer un golazo de chilena que fixo tremer aos afeccionados blaugranas. Saíu a Esteirana a sentenciar na segunda e Alex asinou o 2-0 aos 5 minutos, provocando un baixón no cadro fisterrán, do que non se recuperou no resto do choque. Eddy puido recurtar pero os locais tamén tiveron ocasións para ampliar a renda.

Dumbría B - Malpica (0-1)

  • DUMBRÍA B: Anxo; Yeray, José Manuel, David Carreira, Samuel, Riki, Chucho, Rodrigo, (Ivanete, min.84), Fernando, (Pablo, min.68), Josiño, (Tantán, min.53), Miguel Poyo.
  • MALPICA: Suso; Charly, Marcos Amado, Iago, (Manu Pardo, min.81), Dani, (Andrés, min.51), Rancaño, Daniel, (Neucha, min.46), Charro, Pablo, (Avelino,, min.94),Tato, David Blanco.
  • Gol: 0-1, min.93: Charly de cabeza tras un corner botado por Manu Pardo.
  • Lesión: O malpicán Iago cun problema no nocello.
Partido moi disptado, sen demasiadas ocasións, e que miraba ao empate sen goles ata que no min.93 apareceu a cabeza de Charly para darlle 3 puntos que lle permiten ao Malpica colocarse 3º. O Dumbría B prantou cara todo o partido, moi firme atrás e con algunha ocasión á contra, coma un remate de David Carreira de cabeza, que saíu lambendo o traveseiro. O Malpica foi o que levou a batuta e o que tivo as mellores ocasións ao longo do choque. Anxo e tato tiveron as mellores pero tampouco eran clarísimas. Foi subindo liñas o Malpica que rematou volcado sobre a meta de Anxo, e acabou tendo a sorte do gol cando pasabn 3 dos 90 regulamentarios para sumar 3 puntos máis.

Muros - Corme (0-1)

  • MUROS: Fabio, Alberto, Marco (Oscar, min.65), Teo, Gael, Dani, Mayuyo, Gelo, Aitor, Jesús (Yanki, min.60), Sexo.
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús (Abel, min.70), Pandi, Martín, Juan Chans (Chino, min.88), Adrián Doldán (Diego, min.46), Iago, Brais, Alejo (Gonzalo, min.78).
  • Gol: 0-1, min.75: Iago tras un pase de Alejandro tras un rexeite de Fabio.
  • Expulsión: Gael no min.75 tras pisar ao colexiado sen querer.
  • Lesión: Adrián Doldán cun problema no ombreiro.
Cando xoga este Corme dá gusto velo tocar. E así o comprobou Miraflores, que sen ver unha superioridade manifesta nos cormeláns si que se adicaron a xogar, a combinar e crearon xogadas moi vistosas os Adrián, Iago, Brais e Alejo. A primeira metade foi igualada, con ataques constantes por unha banda e por outra banda. Un 50% de posesión para cada un, pero o Corme deu unha lección, xogando moito o balón, con profundidade e ademais con eficacio. Por bando muradán Sexo facía dano pola banda, e mesmo tivo unha gran ocasión que salvou Javi baixo paos. Na segunda algo máis de calma por parte do Corme e o Muros partiuse quedando sen medio campo con moita separación entre liñas. Alejo tivo un man a man con Fabio, e Iago outro antes do gol. E foi o propio Iago o que asinou o tanto da vitoria cando faltaban 15 minutos para o final aproveitando que o Muros quedou con 10 pola expulsión de Gael, que pisou, sen querer ao colexiado pero este entendeuno como agresión.

San Lorenzo - Sofán (3-2)

  • SAN LORENZO: Recarey, Casillero, Adrian, Quillo, Santi, Puñal, Cachizo, Fuentefria, Javi Pensado, Jorge e Carliños.
  • SOFÁN: Richard (Gurita, min. 75), Adrián (Berti, min.71), Gustavo (Abel, min.65), Juanjo, Juan Rabuñal, Eloy, Ivan Rey, Jacobo (Edu, min.67), Meniño, Victor Docampo e Suso Docampo.
  • Goles: 1-0, min.49: Gustavo en propia meta nun rebote tras un rexeite de Richard a tiro de Carliños; 2-0, min.53: Juanjo en propia meta intentando despexar nunha contra local; 2-1, min.65: Victor remata coa cabeza un centro de Suso case sen querer e faille unha vaselina imposible de deter para Recarey. 3-1, min.7: Bartolo aproveita un barullo nun corner para anotar. 3-2, min.82: Gurita de penalti.
  • Expulsión: Meniño.
  • Lesión: Richarg, o gardameta da sdsofan, sufriu onte unha rotura de tibia.
Intenso derbi carballés que venceu o que máis o necesitaba, e que mesmo tivo lagunha escena propia e incómoda, dun encontro de rivalidade. Pois. O cadro local saíu consciente do se xogaba e prantexou o partido dende atrás. Cedeu o balón á SD e buscou crear perigo nas xogadas de estratexia. Na primeira se cadra o Sofán tivo máis ocasións pero non definiu. Pero á volta do descanso o partido foise quentendo. O público tamén se quentou e houbo os seus máis e os seus menos nas bancadas. O xogo tamén e acabou coa expulsión de Miniño e a lesión grave do porteiro Richar, que obrigou á SD a rematar o partido con Eloy baixo paos. A SD anotouse dous goles en propia nos primeiros compases do segundo tempo, unha bagaxe que non puido remontar.

Mazaricos - Camariñas (2-1)

  • MAZARICOS: Pejo, Casais, Tubi, Matías, Tuco, Rodri, Iván (Molinos, min.60), Esteban Pereiro (Nakata, min.80), Rafa (Oreiro, min.65), Estéfano, Aldo (Cristian, min.55).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Nico (Carlos, min.60), Diango, Sergio, Manuel, Paco, Moriño, De la Sierra (Ogando, min.80), Brais, Javi, Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.25: Tubi tras un córner; 1-1, min.26: Javi; 2-1, min.84: Cristian que quedou só diante do porteiro.
  • Expulsión: o camariñan Sergio no min.65.
Parece que se lle está a facer algo longa a tempada ao Camariñas que saíu demasiado relaxado sobre todo na segunda metade. Foi un partido aberto con bastantes ocasións e cun Mazaricos, que a pesar de contar con moitas baixas, prantou cara en todo momento e foi superior en moitos minutos. Comezou o Camariñas mal e Tubia adiantou aos locais. Pero o gol local só serviu para espertar aos camariñans, que empataron na seguinte xogada e apretaron ata o descanso, cunha gran ocasión que rematou Juan oBello e parou De la Sierra baixo a liña de gol. Javi tivo o gol para poñerse por diante pero non acertou e deixou vivo ao Mazaricos. Pensando que a cousa estaba encarrilada saíu o Camariñas algo relaxado na segunda. Pola contra, saíron os mazaricáns moi enchufados, e marcaron o gol da vitoria. Antes avisaran Aldo cun tiro ao pao, Cristian cun man a man, e Molinos e Rodri con sendas ocasións.

Nantón - Baio (2-2)

  • NANTÓN: Ernesto, David, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Sito, Luís, Manolo, Iván (Martín, min.70).
  • BAIO: Guillermo, Matías (Maikel, min.75), Iago, Fredi, Ramón, Fachal, Eloy, Alberto, Canai (Bieito, min.35), Javi Suárez, Martín (Rubio, min.80).
  • Goles: 0-1, min.10: Alberto pola escuadra; 0-2, min.25: Canai; 1-2, min.65: Luís; 2-2, min.75: Luís.
  • Lesión: o baiés Canai tras unha patada na tibia.
Partido estrano en Nantón no que se puxo por diante o Baio tras un par de avisos do Nantón nos pés de Manolo, que onte non tivo a puntería atinada. O Nantón non respondeu e o resto da primeira metade foi controlado polo Baio, que puido aumentar a renda con fallos de Javi ao longueiro, e Martín, que tamén tivo unha boa, pero Ernesto estivo impresionante e mantivo vivo ao Nantón. Relaxouse o Baio na segunda metade e o Nantón apretou. Luís recurtaba e mesmo empataba. E ao final a piques de levalo partido o Nantón con dúas ocasións de Manolo case que coa portería baleira que non puido aproveitar. Ao final empate bastante xusto pero que non serve a ningún dos dous.

Castriz - O Pindo (3-1)

  • CASTRIZ: Herrera, Sergio Pose, Sergio Gerpe, Alberto, Michi, Toño (Jorge, min.75), Bruno, Martín, Jorge, Pepe, Mauri (Jonhie, min.65).
  • O PINDO: Juan Vilela, Diego Trillo, Manolito, Alex, Juan Fis, Eloy, Lolo, Carlos Leis, Bicho, Diego Riolo, Diego León. Tamén xogaron Carlos Olga, Ángel Casais, Hipólito, Bicho II e Pablo.
  • Goles: 1-0, min.10: Jorge; 2-0, min.15: Mauri; 3-0, min.25: Mauri; 3-1, min.60: Bicho tras unha carambola co meta local.
Na primeira, co Pindo en contra do vento, non amosou a resistencia que se esperaba tralos últimos bos encontros que estaban facendo os carnotáns. Ademais aos 10 minutos xa marchaban 1-0 e aos 25 o Castriz sentenciara o partido con 3 tantos de Mauri. Pepe e o propio Mauri aínda puideron facer máis dano na segunda ante un cadro visitante desparecido no día de onte. Bicho, cunha carambola, puxo o gol de honra para os carnotáns.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios