Martes. 16.04.2024
El tiempo

Preferente: Toca sufrir a pesar dos bos resultados

Preferente: Toca sufrir a pesar dos bos resultados

Malia que os resultados desta semana foron positivos, os equipos da Costa da Morte na Preferente non se poden despistar. Varios equipos da 3ª da nosa zona están en apuros (As Pontes, Betanzos, Negreira e Bergantiños) e pode que provoquen un efecto cascada que provoque 5 e ata 6 descensos da Preferente.

Precisamente o Soneira está nesa 6ª posición por abaixo. Os soneiráns acadaban unha vitoria importantísima ante o Dubra e queda con 10 puntos de vantaxe dun Xove que non pasou do empate ante o Xallas, e con 4 puntos de vantaxe sobre o 5º por abaixo, posición que agora comparten Santiago e o Mugardos, e que pode ser a fronteira da salvación.

Deste xeito, nin Xallas nin Dumbría se poden despistar. Con 39 e 38 puntos están só 2 por riba do Soneira e a 7 e 6 do Santiago e Mugardos.

O que segue na boa liña é o Santa Comba, que voltaba de superar ao pechacancelas con solvencia e segue empatado na 3ª praza co Boiro e cun punto sobre o Grixoa.

Dumbría - Ribadeo (3-0)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán, Ismael (Riki, min.72), Aarón Fdez. Suso, Aarón López, Schuster (Eloy, min.46), Iago, Luisito (Poyo,min.52), Leo, Luisete (IVán, min.72).
  • Goles: 1-0, min.44: Luisete; 2-0, min. 60: Leo; 3-0, min.90: Leo.

Gran vitoria do Dumbría, que comezaba cunha primeira metade na que costou entrar en xogo. Pero o bando visitante tampouco inquedou demasiado a Juan Purrúa e só nunha ocasión se puido poñer por diante. Espertaron os locais a falta de 10 minutos, e comezou a carburar a maquinaria dumbriesa. Avisou Luisete no min.40 e asinou antes do descanso un bello tanto para poñerse por diante antes de ir aos vestiarios.

Na segunda, os locais manexaron o partido con comodidade, facendo válidas as fichaxes de Luisete e Leo, que asinaron os 3 tantos dumbrieses.

Foz - Santa Comba (0-4)

  • SANTA COMBA: Diego, Agustín (Oscar, min.46), Roberto, Angelo, Orlando (Darío, min.55), Jota (Chinda, min.70), Doro, Mon, Noli, Julián, Pablo Baña (David Baña, min.77).
  • Goles: 1-0, min.22: Noli a pase de Jota nunha xogada de estratexia nun córner; 2-0, min.35: Noli aproveitou un erro do porteiro tras unha xogada de Orlando por banda esquerda; 3-0, min.42: Julián tras un pase interior de Orlando; 4-0, min.89: Noli dende o borde da área de vaselina.

Partido bastante fácil ante o pechacancelas, i é que a clasificación non engaña a estas alturas. Os da Mariña empezaron con ánimo, e apretando, pero a raíz dos goles foron perdendo folgos. Noli, con 3 goles, foi do melloriño dos laranxas.

Xallas - Xove Lago (2-2)

  • XALLAS: David, Isma (Brais, min.34), Iván Forján, Becerra, Luís Castro, Ricardo, Rubén, Alemán, Sebas, Luís, Alexandre (Pío, min.81).
  • Goles: 1-0, min.1: Sebas; 2-0, min.55: Brais; 2-1, min.71; 2-2, min.85: de libre indirecto dentro da área.
  • Lesión: Isma cunha fractura na boneca.

Mal sabor de boca queda no Xallas que tras colocarse cun claro 2-0 viu como o conxunto da Mariña lles empatou a falta de 5 minutos e cunha xogada polémica. Os de Iván Cancela xogaron moi ben na primeira metade. Sebas, recén chegado do Castriz, fixo boa a súa fichaxe e non puido comezar mellor a súa posta de longo coa camisola verde, pois marcou no primeiro minuto.

Aínda aumentou Brais a renda á volta do descanso pero o Xove foi subindo liñas, e a base de balóns áereos foi arrinconando aos locais. Recurtou e con 2-1 Luís puido sentenciar pero o balón petou na madeira. Á volta desa xogada chegou o gol do empate, moi polémico por un libre indirecto por suposta perda de tempo de David.

Dubra - Soneira (1-2)

  • SONEIRA: Durán, Ferreiro, Pablo, Martín, Vecino, Santi, Brais (Pichi, min.75), Andrés, Iago (Javi, min.55), Kike (Míchel, min.70), Vía Rápida (Mayor, min.80).
  • Goles: 0-1, min.33: Kike de cabeza a centro de Ferreiro; 1-1, min.47: 1-2, min.60: Santi tras un córner.

Vitoria tan sufrida como importante dos de Miguel nu complicado feudo. Púxose por diante o cadro vimiancñes tras unha boa primeira metade, con máis posesión, boas triangulacións, pero sen demasiadas ocasións.
Pero empataron os locais tralo descanso cos típicos 10 minutos de inicio de despiste dos soneiráns. Pero pasaron 10 minutos eos de Miguel volveron facerse co balón e foron de novo polo partido. Santi rematou un córner para poñer de novo a vantaxe no marcador; Vía puido sentenciar de cabeza pero ao final tocou sufrir ante a oleada de balóns áreos dos locais.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios