![Mazaricos-Camarinas - Foto- Sara Ramos]()
Volveu o 
·futboldacosta a vivir unha nova xornada completa tralo parón de Semana Santa. E o fixo con moitas novidades importantes nas categorías costeiras.
Antes de ir coa crónica da xornada queremos, iso si, achegarnos ata o Pino do Val, onde 
o equipo do programa da TVG Tourilandia realizou un partido amigable ante o Mazaricos CF. Un partido que contou cos Xosé Touriñán, Terio Carrera, David Amor... e que quedou cun
 empate a 5 que só se desempatou na noite festeixeira de Santa Comba...
![Tourilandia na Picota]()
E imos xa co repaso á xornada, comezando pola 
Preferente. E boas novas esta fin de semana, con vitorias do Dumbría, Soneira e do Santa Comba, tan importantes tanto polo medio como por abaixo e por arriba. O Xallas non pasou do empate ante o Xove Lago.
En 1ª, novemente doble derrota. O Ponteceso caía na casa ante o Carral tras dominar máis dunha hora de xogo pero dous erros defensivos sentenciaron aos de Marco. Pola súa banda, ao Cee estáselle a facer demasiado longa e só a boa tempada dos xuvenís e a de Berto, que mesmo marcou, son boas novas para os ceenses.
Na
 Liga da Costa, moitas e importantes novas. O Club do Mar deu un salto tremendo tras vencer en Zas pola mínima, e tralas derrotas de Camariñas e Fisterra. Deste xeito 
o Club do Mar xa pode celebrar o ascenso pois asegura a segunda praza, unha vez que 3º se sitúa o Malpica (tras vencer ao Dumbría B no último minuto) pero a 13 puntos a falta de 4 partidos. A loita pola 3ª e 4ª praza segue aberta e hoxe queda o Fisterra fóra trala vitoria do Corme en Muros.
Por abaixo tamén houbo cousas claves.
 A derrota do Zas e o empate do Nantón deixan aos dous conxuntos como case que os dous únicos candidatos a loitar por evitar o descenso. Mazaricos, verdugo do Camariñas; Corcubión, verdugo do Buño; e Castriz, verdugo do Pindo, case que finiquitaron a permanencia.
Na 
3ª da Costa tamén houbo cousas salientables. O 
Carnota mantén o liderato e o pulso ao Outes tras vencer en Camelle. I é que o 
Outes tiña unha dura pedra de toque no 
sempre ateigado Conchido, que lle axudaba a superar ao 
Coristanco. O 
Cabana segue firme na 3ª praza e facía dano en Cerqueda cunha derrota que pon a Rochichioli fóra do equipo malpicán tras presentar a súa dimisión. O Volantes sobe posicións ras superar ao pechacancelas, pero a loita polas prazas 4ª, 5ª e 6ª segue fervendo. 
Volantes, Cerqueda, Montelouro e Coristanco móvense nunha marxe de só 2 puntos, se ben Porteño e Laxe segue a 5 puntos esperando os erros de alo menos 2 equipos.
Na 
Liguilla de Xuvenís as cousas cada vez están máis apretadas. O Baio superaba ao Dumbría B bo partido máis igualado da semana, quedando agora ambos fóra dos dous postos, por debaixo de Malpica e Cee, que superaba ao Corcubión nun choque que rematou con tangana e que repasaremos o martes.
Ademais xa están perfilandos os cuartos da 
Copa de Xuvenís, unha vez que se completaron as 10 xornadas da Liguilla Previa. Outes, Esteirana e Muros quedan fóra. A vindeira semana comezan xa os cuartos.
Xornada tamén importante en 
infantís, 
onde o Dumbría endosou un 8-0 ao Cabana cando chegaban os dous equipos igualados a falta de 4 xornadas. Con esta vitoria os dumbrieses deixan tocados aos cabaneses, e parece que miran cara o título unha vez que só perderon 3 puntos no que vai de campionato.
Ademais cómpre apuntar 
a vitoria da Fase Intercomarcal Infantil de fútbol sala da Esteirana, tras vencer por penaltis ao Carnota. Unha 
Esteirana que ten tamén cita a vindeira fin de semana para completar o ascenso á Liga Galega Cadete ante o Lobelle.
E para rematar o repaso, en 
Veteranos,
 Castriz e San Román loitarán, tras desprazar ao Corcubión, polo campionato na 1ª División.
Preferente, xornada 32
| Dumbría | 3-0 | Ribadeo | 
| Foz | 0-4 | Santa Comba | 
| Xallas | 2-2 | Xove Lago | 
| Dubra | 1-2 | Soneira | 
1ª Autonómica, xornada 30
| Ponteceso | 0-2 | Carral | 
| Olímpico | 5-1 | Cee | 
2ª Autonómica, xornada 30
| Corcubión | 3-2 | Buño | 
| Esteirana | 2-0 | Fisterra | 
| Dumbría  B | 0-1 | Malpica | 
| Zas | 0-1 | Club do Mar | 
| Muros | 0-1 | Corme | 
| San Lorenzo | 3-2 | Sofán | 
| Mazaricos | 2-1 | Camariñas | 
| Nantón | 2-2 | Baio | 
| Castriz | 3-1 | O Pindo | 
3ª Autonómica, xornada 34
| Indep. Carballo | 2-2 | Xaviña | 
| Cerqueda | 0-1 | Cabana | 
| Camelle | 0-2 | Carnota | 
| Fisterra B | 1-4 | Lira | 
| Soneira B | 0-1 | Laxe | 
| Alcaián | 8-1 | Muxía | 
| Porteño | 5-0 | Atl. Pereiriña | 
| Outes | 3-1 | Coristanco | 
| Corcoesto | 0-4 | Volantes | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
| Soneira | 1-1 | Santa Comba | 
| Baio | 1-0 | Dumbría B | 
| Cee | 3-0 | Corcubión | 
| Camariñas | 0-8 | Malpica | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 10
| Esteirana | 0-5 | Zas | 
| Fisterra | 3-1 | Coristanco | 
| Outes | 5-0 | Dumbría | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 10
| Cabana | 6-0 | Corme | 
| Muros | 0-2 | Ponteceso | 
| Descansa Mazaricos | 
Copa da Costa Xuvenil, Cadro dos Cuartos
![Copa da Costa Xuvenil 2012 0]() 
2ª Cadete, xornada 30
| Cabana | 0-5 | Santa Comba | 
| Muxía | 3-0 | Ponteceso | 
| Zas | 0-10 | Esteirana | 
| Camariñas | 3-0 | Coristanco | 
| Muros | 3-2 | Baio | 
| Malpica | 2-1 | Fisterra | 
| Cee | 9-0 | Porteño | 
| Outes | 0-4 | Dumbría | 
2ª Infantil, xornada 30
| Dumbría | 8-0 | Cabana | 
| Con. de Carnota | 7-1 | Esteirana | 
| Corme | 1-4 | Fisterra | 
| Baio | 2-2 | Outes | 
| E.D. Os Miudos | 0-5 | Santa Comba | 
| Cee | 3-3 | Ponteceso | 
| As Baleas | 7-2 | E.M.F. Vimianzo | 
Ligas de Veteranos, xornada 28
1ª División
| Bergantiños | 3-0 | Camariñas | 
| Zas | 0-1 | Cabana | 
| Bértoa | 1-2 | Nantón | 
| San Román | 3-0 | Buño | 
| Ponteceso | 2-3 | Xv. Bergantiños | 
| San Lorenzo | 8-1 | Vimianzo | 
| Corcubión | 1-3 | Castriz | 
2ª División
| Porteño | 4-3 | Club do Mar | 
| Sofán | 0-0 | Muros | 
| Soneira | 5-1 | Leiloio | 
| Cerqueda | 2-0 | Malpica | 
| Camelle | 1-0 | Agualada | 
| Corme | 0-3 | At. Milagrosa | 
| Coristanco | 9-1 | Dep. Carballo | 
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte