Sábado. 27.04.2024
El tiempo

3 derbis nas 5 primeiras xornadas da 1ª Galega

3 derbis nas 5 primeiras xornadas da 1ª Galega
Calendario da 1 Galega Gr.2 2017-2018 Pincha na imaxe para ver o calendario completo en www.futboldacosta.com

Xa temos en www.futboldacosta.com, ademais da calendario da Preferente Norte, o do Gr.2 da 1ª Galega, na que competirán 4 equipos costeiros. Soneira, Fisterra, San Lorenzo e Baio terán outros 14 rivais para afrontar unha longa temporada na categoría.

Unha liga que arrincará o 3 de setembro (dúas semanas antes que as 2ª e 3ª Galegas). Farao con interesantes choques: o Fisterra visita a un dos cocos da categoría, o Cordeiro; o Soneira ao Piloño; O San Lorenzo tócalle estrear categoría ante un Bastavales que fai o propio; metres que o Baio recibe tamén a un novato, o Chaián.

A partir da 3ª xornada teremos varios derbis. O primeiro o Fisterra-Soneira na xornada 3. Na x.4, un San Lorenzo-Fisterra, e na x.5 un Soneira-San Lorenzo.
Despois, outra xeira de derbis entre a xornada 12 e 15 co Baio como nexo, e ningún choque directo nas ningún nas 3 últimas xornadas.

O sorteo celebrouse onte na Delegación de Santiago.

Sorteo de calendarios na FGF Sorteo de calendarios na FGF
  • Máis info: Calendario do Gr.2 da 1ª Galega.
  •  

    Novas relacionadas

    Máis información

     

    Máis movementos de verán

    Fonte

    Comentarios