3 metais costeiros no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/10/16/Escena-no-XII-Campionato-Internacional-de-Combate-de-Ribeira.jpg)
![Escena no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira Escena no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira](/media/quepasanacosta/images/2012/10/16/Escena-no-XII-Campionato-Internacional-de-Combate-de-Ribeira.jpg)
Non paran. O pasado sábado o Clube Arte e Movemento acodía a Ribeira ó XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira que reuniu o sábado 13 de outubro no Polideportivo Municipal da Fieiteira aos mellores takwondistas galegos. Entre eles varios deportistas costeiros que ofreceron un magnífico espectáculo durante 12 horas de competición.
Ademais, a participación costeira foi destaca, pois dos 6 deportistas que competían, acadaron metal.
Este torneo levaba dous anos sen celebrarse e no seu regreso a resposta de deportistas e clubws foi espectacular con máis de 500 deportistas inscritos: Na categoría absoluta había inscritos 92 deportistas; na júnior, 125; na categoría cadete eran un total de 141 participantes, mentres que en infantís eran 153. A isto hai que sumar máis 35 árbitros e 50 adestradores, o que fixo un total de 600 participantes.
![Ambiente no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira Ambiente no XII Campionato Internacional de Combate de Ribeira](/media/quepasanacosta/images/2012/10/16/Ambiente-no-XII-Campionato-Internacional-de-Combate-de-Ribeira.jpg)
Esta tremenda resposta obrigou á organización a axustar os tempos dos combates e a instalar un total de 7 tapices para poder acoller a todos os taekwondistas.
No torneo utilizáronse, como vén sendo habitual en todas as competicións da Federación Galega, petos electrónicos (os que se usaron nos Xogos Olímpicos, da marca Daedo) e o “vídeo replay”.
Pola mañá disputouse a competición júnior e infantil, mentres que os cadetes e absolutos competiron pola tarde. E tal e como se esperaba, dada a importante participación existente en todas as categorías, o espectáculo foi de gran calidade e o público puido gozar coas e cos mellores taekwondistas galegos, que son ademais en moitas ocasións medallistas a nivel estatal e internacional.
Participación costeira
Arte e Movemento presentou 6 deportistas, que volveron con 3 metais.
- Anxo Fernández, acadou o ouro en cadete (+ de 65 kg)
- Adrián Saborido, acadou a prata en cadete ( + de 65 kg)
- Ismael Senande, acadou o bronce en infantil (- 35 kg)
Ademais, foi espectacular a actuacion de Juan Alvarellos, nun combate moi duro, que se mantiña en empate ata que por un despiste, o portugues rival acadou a victoria nos ultimos segundos.
E Juan Luis Lista non chegou a combatir, descalificado por non dar o peso.
Novas relacionadas
- Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo.
- O carnotán Anxo Fernández representará a Galicia nun Open Internacional de Taekwondo.
- O Taekwondo da Costa vive un Soño Olímpico.
- 3 medallas costeiras no Campionato Galego Infantil de Combate.
- Unha prata e un bronce con humildade para os taekwondistas da Costa da Morte.
- Os taekwondistas costeiros acadaron o 2º posto nos Provinciais e preparan a exhibición anual.
- Xornada da Costa 2011: Camariñas puxo o quimono.
- Arte e Movemento.