300 pequenos disputarán no II Torneo de F7 de Cee

Non paramos de disfrutar dos torneos de fútbol base este verán. Se a pasada fin de semana estivemos na Picota e Corcubión, esta semana tócanos marchar cara Cee. Alí se celebra o II Torneo de Fútbol 7 Base, que terá lugar no Estadio Municipal de Fútbol "San Paio de Refoxos" de Cee durante a fin de semana do 16 e 17 de xullo.

Nel participarán máis de 300 nen@s nas categoría benxamín, alevín e infantil. O torneo está organizado pola S.R.D. Unión Club Cee e polo Concello de Cee e conta colaboración e patrocinio de diversas empresas e entidades.

Calendario

Novas de fútbol base

Novas relacionadas

+

Máis información

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal)