Corcubión e A Picota comprobaron a calidade do fútbol base costeiro

Benvidos sexan os maratóns de fútbol base que se están a dar na nosa bisbarra para seguir dando conta da boa saúde da canteira da Costa da Morte. Neste verán con pouco deporte, os pequenos futbolistas da bisbarra manteñen o tipo no campo. Esta pasada fin de semana, Corcubión e A Picota acolleron sendas citas.
A calidade pasou polo III Torneo Novo Cubeleiro

Esta fin de semana celebrouse a 3ª edición do Torneo Novo Cubeleiro en Corcubión, organizado pola Asociación Deportiva de Fútbol Veteranos de Corcubión xunto co concello de Corcubión.
O Torneo de Fútbol 7 en categoría cadete e o cuadrangular de benxamíns, deleitou a todos os amantes deste deporte, que a calidade futbolística "futura" estivo en Corcubión. Os principais portagonistas foron os xogadores dos distintos equipos participantes. Equipos moi reforzados e con máis competitividade que nunca co fin de lograr o, cada vez mais preciado, trofeo de campeón.
Nesta edición o que se levou o gato a auga foi o equipo da Coruña, Sin Querer, quen derrotou ao Corcubión na Final. Ambos estaban reforzados con chavales de equipos de primeiro nivel da nosa provincia. Esto deixa ver o nivel que este ano alcanzou o torneo. O terceiro clasificado foi o Dumbría, que demostra a sua progresión nas categorías inferiores que levan traballando dende fai uns anos, e que está deixando a sua semente por onde pasan.
O Trofeo o mellor xogador levouno Alejandro Ares (xogador do Deportivo) que militou no Sin Querer. O mellor porteiro foi a parar as mans del Brais porteiro do Dumbría.

En canto o Cuadrangular dos benxamíns os primeiros clasificados foron os xogadores do Fisterra, que venceron nunha apretada final o Unión Club Cee a penaltis. Tamén competiron os equipos do Dumbría e do Corcubión, que recibión o seu premio pola participación.
Por parte da organización agradecer a todos os patrocinadores e personalidades; D. Carlos Oliete, director de Ferroatlantica, D Raul García de Loza e D. Francisco Lema alcalde do Concello, por facer posible a celebración desta III edición do torneo i emprazalos a que participen na do ano que ven.
Torneo da Picota

A Picota tamén acollía unha importante cita. 4 equipos da provincia enfrontábanse nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Cee e Ciudad Jardín repartíronse os campionatos (os ceense venceron en 2 categorías) mentres que os pequenos de Outes, Mazaricos e Esteiro conformáronse co 3º e 4º posto.





Novas de fútbol base
- A boa saúde da canteira da Costa da Morte.
- A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea.
- O Ponteceso SD busca rapaces para as Escolas Deportivas.
- O fútbol base lembrou a Manuel Andújar en Dumbría.
- A canteira da Costa da Morte demostrou o seu potencial no Torneo de Cabana.
- O Cabana quedouse a un gol da Liga Galega Cadete.
Novas relacionadas
- Case un centenar de nenos disfrutan do baloncesto en Cee.
- Doble cita estival coa Selección da Costa da Morte.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal)