Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea

A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea

Continúa en marcha o proxecto da UD Corcubión para a temporada 2011/2012. O clube segue oteando o mercado de cara a vindeira campaña e parece que xa hai algún xogador fichado que chega do Muxía, en serio pergio de desaparición trala marcha de Estanislao.

No mercado de fichaxes tamén a cousa está quente. Polo Pindo van sufrir unha estampida, onde os Víctor (marcha para o Cee) ou Aitor (marcha para o Xallas) son dos primeiros en marchar.

Asemblea

Este veres 17 de xuño, o clube convoca unha Asemblea de socios, no Casino de Corcubión ás 20:00h. Os Puntos do día serán a aprobación da acta, estado de contas, balance da tempada e a aprobación do presuposto, ademais da rolda de rogos e preguntas.

Busca xogadores

De feito, o clube aposta por recuperar a categoría cadete, polo que anda na procura de xogadores, tanto en idade cadete coma en xuvenil para a vindeira campaña.
Ademais é posible que de cara o verán o clube prepare unhas Xornadas Deportivas.

Se estás interesado, podes unirte ao clube chamando ao número 673 492 948 ou a través dos responsables como Casimiro, Alfonso, Luís ou Jorge Domínguez.

Citas deportivas do verán

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios