O Cabana quedouse a un gol da Liga Galega Cadete


Non puido ser. O Cabana quedou ás portas da Liga Galega Cadete. O Peleteiro sacou un empate a 2, que por valor doble dos goles fóra da casa, fai inútil para os cabaneses o 1-1 da ida. A pesar da derrota a familia cabanesa volveu demostrar o seu bo facer en canto a fútbol base se refire. A participación na Liga Galega Xuvenil 2009/2010 non foi por casualidade.
Con este resultado, ningún dos clubes costeiros ascende á Liga Galega nas categorías infantil, cadete e xuvenil. Dura a situación do CF Dumbría, que tras unha aposta tremenda pola canteira, mesmo facendo unha selección de xogadores da zona, non pasou a primeira rolda en cadetes e infantís.
En infantís, precisamente o Dumbría caía ante o Cruces en primeira rolda. En cadetes, o Peleteiro puido primeiro co Dumbría e onte co Cabana. E en xuvenís o Santa Comba quedou tamén a un tanto da gloria contra o San Ciprián, mentres que o Corme caía na primeira rolda ante o Dorneda, nunha tempada histórica para os de Genaro e Suso da Torriña.
Cabana - Peleteiro (2-2)
- Cabana: Adrián, Dani, José, Román, Francés, Pablo, Aless, Laik, Moreno, Stefan e Iván. Tamén xogaron jugaron Nando, Johni, Raúl.
- Goles: 0-1, min.17. 1-1, min.30: Pablo. 1-2, min.62; 2-2, min.70: Stefan.
Vestiuse de gala o campo das Redondas para recibir, con presión ao Peleteiro. Unhas 350 persoas ateigaron as gradas para apoiar aos seus. E abofé que o fixeron, e disfrutaron dun Cabana que xogou mellor ao fútbol que o seu correoso rival.
Aproveitouse o Peleteiro de dous erros na defensa local para poñerse por diante en dúas ocasións. Pero os cabaneses erguéronse por partida doble. Foi Pablo o que anulou, á media hora, o gol inicial visitante. E de novo Stefan, que fixera o 1-1 en Santiago, o que puxo o empate a 2 con aínda 20 minutos por diante.
Pero non puido ser. 20 minutos nos que os locais se volcaron sobre a meta rival, pero sen sorte. Ata un man a man tivo o Cabana nos últimos instantes, pero non quixo entrar.
Novas relacionadas
- Crónicas da volta das semifinais: O Castriz sorprendeu e o Soneira aguantou.
- Resultados da fin de semana: O Castriz métese na final e o Cabana cadete queda ás portas da Liga Galega.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Citas deportivas do verán
- O Santa Comba prepara o seu Torneo de F7 para esta fin de semana.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Novas relacionadas
- A U.D. Corcubión busca xogadores e prepara a tempada que vén cunha Asemblea.
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación.
- Movementos no fútbol muradán.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).