3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa



Menudo final da 3ª Autonómica. Será o Corcubión o que ocupa praza na vindeira Liga da Costa, pero esta final puido caer de calquera lado, e seguro que o Muxía sería digno representante costeiro.
Chegaba ao Cubaleiro a eliminatoria empatada tralo 2-2 da ida en Arliña, e o público (por fin o Cubaleiro acolleu unhaboa entrada) disfrutou dun fermoso espectáculo que decidiu a sorte dos penaltis.
Corcubión - Muxía (2-2)
- Campo: Novo Cubaleiro.
- Corcubión: Beto, Adri, Senra, Pabliño, Xabi, Gabi, Sebas, Alán, Toja, Lema e Tito. Tamén xogaron: Mario Suárez, Samu e Rama.
- Muxía: Papi, Martín, Chans, Conguito, Pataca, Julián, Currás, Pana (Cristian, m.65), Noé (Peski, m.75) , Denis (Gusa, m.60) e Adrián (Castreje, m.20).
- Goles: 0-1, m.15: Pataca; 0-2, m.20: Denis; 1-2, m.44: Adrián de cabeza; 2-2, m.70: Mario de penalti.

A volta completa
Partido vibrante o vivido no Novo Cubaleiro que tivo de todo. Comezaba o Muxía de Manín moito máis metido no encontro e en apenas 20 minutos se colocaba cun 0-2, tras dúas faltas laterais, que parecía deixar o ascenso encarrilando. Pero este Corcubión sabe sufrir, e soubo aguantar e esperar o seu momento.
Remataba a primeira metade co Muxía mellor posicionado pero o Corcubión xa metido no partido e xusto ao fío do descanso, tirando de orgullo, Adrián recurtaba para os locais.
Saíu o equipo de Emilio Corcón decidido na segunda, dominando, e aproveitando as lesións de xogadores importantes de Manín. Seguía dominando o Corcubión ata que nunha falta colgada Senra é agarrado e o colexiado sinala a pena máxima, a primeira da tarde. Mario non fallaba.
Aínda sacou o Muxía a alma e mandou un balón ao longueiro antes do final. Pero non entrou e a sorte dos penaltis decidiría. Aí apareceu o de sempre, Beto, o meta corcubionés que xa ten savaldo aos seus en varias ocasións. Pataca, Papi, Conguito e Gusa fallaban para os muxiáns, mentres polo Corcubión marcaban Mario, Alán e Lema. Os muxiáns terán que seguir na 3ª Autonómica, esperan, ás ordes de Manín.

Novas relacionadas
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Chema Rei para QPC (info@quepasanacosta.com)