4 equipos seguen pendentes dos arrastres

09:10 10/05/16

Posibles opcións de salvación para Xallas, Outes, Coristanco e Porteño
No entanto, todo pode variar nos próximos quince días, que son os que restan para a conclusión da Preferente Norte (o Xallas aínda pode dar un salto na táboa), ou xa en xuño, logo das fases finais, pois se ascende algún conxunto de 3ª División, unicamente serían tres os descensos ao grupo Norte, co que se reduciría nun equipo os descensos en 1ª, que de 6 pasarían a ser 5 e que poderían verse reducidos aínda máis se o Sofán gaña a promoción de ascenso a Rexional Preferente ante o Miño, co que serían 4 os equipos que perdesen a categoría por arrastres, que posiblemente sexa o mellor dos casos. O Outes terá que tifar co veciño carballés e esperar que o Lalín non descenda ou que o Compostela merque unha praza na 2ªB. Polo que respecta ao grupo de 2ª Autonómica, as modificacións poderían producirse se o Outes, primeiro equipo que ocupa praza de arrastre, mantén o seu posto en 1ª Autonómica, e agora mesmo ten dúas posibilidades moi claras: a salvación do quinto descendido de Terceira División, polo ascenso dun equipo na fase de ascenso a Segunda B, ou o ascenso do Sofán a Preferente, trala eliminatoria co Miño, co que se restaría un descenso, e se o Sporting Zas logra o ascenso, co que serían dous os descensos en cascada a reducir, sempre no mellor dos casos. Os que lograrían salvar os arrastres serían Coristanco, en primeiro lugar, e Porteño.</p>Novas relacionadas
- Crónica de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos.
- Os arrastres provocarían a día de hoxe o descenso de Xallas, Baio, Corme, Buño, Ameixenda e Volantes.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Manuel Corredoira para QPC.