Venres. 13.09.2024
El tiempo

A consagración do crack silencioso

A consagración do crack silencioso
Lorenzo Capitano Cerqueda 2 Lorenzo, il Capitano da UD Cerqueda Con prólogo de Alberto Pose, fotos de Ra Bello e entrevista de Anxo Garrido, a UD Cerqueda, e todo o Fútbol da Costa, queremos render homenaxe a unha desas figuras tan necesarias en cada vestuario. ”Lorenzo, Lorenzo Muñiz, quen e ese???” Este comentario escoiteino eu mil veces nos campos de Fútbol da costa. Pois con este comentario casi describo a Lorenzo, un especialista en pasar desapercibido facendo todo o posible para gañar co seu equipo, a UD Cerqueda. Describir a Lorenzo é moi sinxelo: humilde, traballador, honesto, amigo dos seus amigos e tamén fiel, fiel a un club que de momento non lle devolveu todo o que lle deu e dá o Cerqueda. Xa é complicado atopar persoas-xogadores que reúnan todos eses adxectivos ditos anteriormente, e Lorenzo cúmpreos de sobra. Pero o realmente descacable é que o fai sen necesidade de destacar sobre ninguén e sobre nada, pasando inadvertido para as miras de todos. Sei que comparar non está ben, son odiosas pero véxome na obriga de facelo. Todos seguro que coñecemos a Totti, xogador da Roma, “il Capitano”. Así lle chaman ó bo Totti, todos destacan a súa profesionalidade, amor polo seu clube, reixeitando ofertas moi boas doutros clubs. En definitiva, a historia da Roma vai da man de Totti. Pois ao noso nivel costeiro Lorenzo é o mesmo para o Cerqueda. Salvando as distancias, claro, pero si pode presumir a UD Cerqueda que tamén ten o seu Capitano. Gracias Loren. Lorenzo Capitano Cerqueda Lorenzo, il gran Capitano do Cerqueda  
  • Como chegaches á disciplina da UD Cerqueda?
Cheguei ó club por casualidade. Fun xogar cuns amigos un torneo de fútbol sala ó campo de Cerqueda, alí estaba Alberto Pose, en aquel momento adestrador dos xuvenís, e ofreceume a posibilidade de facer a pretemporada co Cerqueda. Como xa tiña amigos alí decidín probar, e 10 anos despois sigo no equipo.  
  • Que recordos tes dos teus inicios no clube?
Gardo moitos recordos do inicio, e moi bos. Había un ambiente excepcional, moi poucos rapaces de Cerqueda, xogadores distintos, pero todos con moitas gañas de xogar e moi comprometidos co equipo. Pode ser que iso fose o máis importante, a maioría non éramos de Cerqueda, pero sentiámonos da casa.  
  • Como estás vivindo o crecemento do club no deportivo e social?
Dende que cheguei o club non parou de crecer. Futbolisticamente houbo anos mellores e anos peores, pero a organización e a estrutura do club sempre estivo mellorando. Polo tanto sería inxusto para min valorar a situación actual, na que máis se ven os resultados, sen facer referencia a todos eses anos nos que tanta xente se esforzou polo equipo. Dito isto, estou gozando moito da situación actual do equipo, os xogadores notamos ese crecemento, ás veces sentímonos abrumados pola directiva.  
  • Cal foi o teu mellor momento deportivo e o peor dentro do equipo?
Eu destacaría o segundo ano con Lozano, foi unha tempada moi difícil, ese ano marcharon moitos xogadores e amigos. Estábamos acostumados a ir subindo futbol´sticamente cada ano, e de repente demos un baixón importante. Aguantar esa tempada foi duro, por sorte o tempo recompensounos. Bos recordos... Moitos, pero gardo con moito cariño aqueles adestramentos no campo de Cerqueda. O campo estaba moi mal, había lama, os vestiarios de aquela maneira, catro focos que parecían catro farolas... Pero pasabámolo xenial.  
  • Despois de moitas tempadas tocou o momento de coller a capitanía, que sintes?
Cando ves que che toca ser o capitán por veteranía miras o arredor, e non te cres que xa sexas dos que máis tempo leves no equipo. Pero moi ben, e como levar o brazalete, pode parecer unha parvada pero a todos nos fai ilusión poñelo.  
  • Rochi, Lozano, Emilio e Raúl, adestradores que pasaches tempadas ás súas órdenes. Que podes destacar de cada un deles?
Rochi fai do desorde a súa máxima virtude. Para min non era un adestrador metódico, pero iso facía que desfrutaras moito do fútbol, penso que a todos nos contaxiou un pouco esa forma tan bonita que el ten de vivir o fútbol. Creo que Lozano foi o adestrador co que máis aprendín adestrando. Daba igual adestrar no campo sintético coma no anaquiño de campo de terra no que nos permitía xogar o equipo do Buño, el sempre facía adestramentos nos que aprendías e desfrutabas. Con Emilio tiven dúas tempadas excepcionais. Destaco a forma que ten de ler os partidos, sabía verlle os puntos débiles ós equipos, facerlles dano. De Raúl gústame a forma de xogar e a maneira de levar o equipo. É moi complicado manter a disciplina e a unión nos equipos destas categorías nos que ninguén cobra nada, o que vén sendo "facer grupo", pero creo que ninguén mellor que Raúl para conseguilo.  
  • Agora máis que nunca o peso do equipo recae sobre ti. Que tal levas esa presión?
A verdade é que non creo sexa así, e polo tanto non sinto presión ningunha. Intento xogar ben, e esforzarme moito.  
  • Non es un gran goleador, pero sempre marcas. Con que gol te quedas como o mellor?
Antes marcaba máis goles, non sei que me foi pasando. Gustoume moito o gol que lle marquei o Soneira B, na fase para subir a segunda. Fixen unha parede con Dani Seaia que me deixou so no medio do campo, e ó chegar a área en lugar de tirar regateei a uns contrarios que me perseguían. Gustoume porque é raro que eu regatee a alguén, pero sobre todo porque pasabamos unha eliminatoria importante.   Pois alégrome moito de que me seleccionen. Está claro que en segunda hai moi bos medio centros, xogadores con moita calidade, e polo tanto xa me fixo moita ilusión entrar na preselección.  
  • Pregunta número 10 coma ese dorsal que todo xogador quere levar, e ta reservado para uns poucos elexidos, e ti eres un deles. Lorenzo ti sabes que eres un crack verdad?
Creo que levo o número dez para que non haxa discusións entre o resto que o queren levar. O de crack... sen comentarios.   Estes son os comentarios que queren deixar os teus adestradores sobre a súa experiencia con Lorenzo no vestiario: - Rochi: “Un dos xogadores con máis calidade e compromiso que tiven a oportunidad de entrenar moi completo e polivalente. Xogador moi educado cos seus compañeiros, directiva, adestrador e rivais. Cando marche deixará un gran oco no equipo” - Roberto Lozano: ”O primeiro que miro cando chego a un equipo de fútbol é o comportamento dos xogadores en distintas situacións. Aqueles que responden positivamente o perfil que busco, son escollidos en ocasións para ser capitáns. Dende logo que Lorenzo cumple sobradamente eses requisitos: Atento, humilde e fiel. Valores que o describen como persona. Traballador, solidario e con capacidade para asimilar conceptos e plasmalos no campo definen perfectamente como é no terreo de xogo. Estas dúas facetas, personales e deportivas fan que sexa un referente para os compañeiros. Un líder. Un xogador dos que, no momento que deixas de adestralo, estas desexando volver a coincidir con él nun futuro. Sein dúbida recordarei a Lorenzo como unha persoa que fixo disfrutar á U.D Cerqueda dunha etapa preciosa no fútbol. Dende aquí mandarlle una aperta grande.” - Emilio Uzal: ”Bo xogador e mellor persoa. Como xogador, para min e un todoterreno que pode xogar en varias posicions rendindo a gran nivel en todas elas. A min donde máis me gustaba era no medio pero un pouquiño escorado a unha banda onde se podía explotar máis a sua capacidade ofensiva. É un xogador que a pesar de tampouco destacar polo seu disparo, ten a virtude de aparecer e estar sempre no lugar adecuado e che garantiza gran numero de goles Ademais é un traballador nato. Quizais o seu unico ''pero'' sería a falta de ''maldade deportiva'' (ben entendida), polo que dixen antes que é demasiado boa persoa. Para min foi un pracer compartir estes dous anos con todos e especialmente con el”. - Raúl Periscal: ”Lorenzo... é deses poucos xogadores... que se vinculan a un club... que representan os seus valores e ideais. Unha persoa exemplar... fóra e dentro do campo. Como xogador… pundonor, traballo, bo xogo no un contra un, gran recuperador e mellor chegador e finalizador.  

Fonte

  • Entrevista realizada por Anxo Garrido, fotos de Ra Bello e prólogo de Alberto Pose.

Comentarios