Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte xa é unha potencia en tiro con arco

A Costa da Morte xa é unha potencia en tiro con arco

Xa levamos seguindo a actualidade do clube vimiancés de Tiro con Arco "Dous por Setenta". Pero esta semana sabemos que o clube "Su A Agra" de Baio tamén participa nas liga galegas de tiro con arco. Compiten en diferentes categorías, pois os vimianceses fano na categoría de recurvo olímpico mentres que os baieses fan o propio en arco tradicional e composto. Pero a relación entre ambos é moi boa, e esta fin de semana compartiron escenario no XV Trofeo Federación Gallega-Xunta de Galicia celebrado en Pontevedra.

Repasamos as súas actuacións

Bo resultado dos arqueiros do Dous por Setenta en Pontevedra

O pasado sábado desprazáronse a Pontevedra dous arqueiros do club Dous por Setenta para participar no XV Trofeo Federación Gallega-Xunta de Galicia que se celebrou no Pabellón do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra.

Víctor Santos competiu na categoría recurvo senior acadando o posto 18º cunha puntuación total de 442 puntos. Nesta categoría participaron un total de 35 arqueiros entre os que se atopaban os máximos expoñentes da modalidade a nivel galego.

Pero a alegría da tarde déunola José María Lema, presidente do club Dous por Setenta, que se proclamou campión na categoría recurvo veterano acadando unha puntuación de 504 puntos. Deste xeito o arqueiro soneirán presenta as súas credenciais como serio aspirante a un dos tres primeiros postos no ranking galego de sala.

Unha medalla para os baieses na sua primeira proba

O clube baiés "SU A AGRA" de Baio de tiro con arco tamén participou no trofeo, que contou coa organización fantástica dos compañeiros do clube Boa Vila. Nesta ocasión foron tres os representates do clube que participaron en dúas disciplinas arco tradicional e arco desnudo, e trouxeron unha medalla na primeira participación do clube nestas modalidades.
Ademais, por equipos o Su A Agra un meritorio 5º posto na nosa primeira participación do clube na liga de equipos. Só por detras de catro dos máis antigos e mellores equipos desta modalidade coma son Cambre, Arco da Vella , Arteixo e Meigarco, clubes que contan cos mellores arqueiros desta modalidade Galegos, dos cales algún tamén e campeón nacional.

Estes os seguintes resultados:

  • Santi Soneira: 2º posición en arco desnudo senior masculino.
  • Javier Villar: 8ª posicion en arco tradicional de Jesús lamas e 22ª.

Vindeira cta

O 18 de decembro celebrarase a próxima competición, neste caso o V Trofeo de Nadal FGTA que será valedoiro para o Campionato de España de Sala. A competición celebrarase en Lugo, no pavillón Daniel Cordido e está organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco e polo Club Arco Muralla. Alí estarán os clubes da Costa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Clube Dousporsetenta da man de Víctor Santos, e do clube Su a Agra.

Comentarios