A familia xalleira pensa en verde cunha gran churrascada

A familia xalleira celebra este sábado 23 de abril a Festa do socio!! Unha gran churrascada, con baile, claro, ata que o corpo aguante!! Será unha comilona a partir das 13:00h no Recinto ferial, no multiusos de Santa Comba e xa poden reservar falando con algún directivo ou a través do Facebook do Xallas SantaComba.

O Xallas quere que o clube volva ser unha auténtica referencia na comarca. Ademais ten que estar máis unido que nunca para a encarnizada loita polo ascenso á Preferente.

Reforzos para a Copa

O equipo que dirixe Iván Cancela ademais poderá estrear nocturnamente (os debuts nesto do fútbol da Costa teñen que ser polas tardes no campo de fútbol e polas noites na barra) as súas novas fichaxes de cara a Copa: Jose Ángel, Ricar Chema son grandes reforzos.

Xa sabes, pensa en verde!!

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).