Venres. 26.04.2024
El tiempo

Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro

Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro
Malos tempos para as economías do fútbol costeiro. A semana pasada embargaron a conta bancaria a Esteirana por mor da indemnización que hai que pagarlle ao Banco Vitalicio trala morte dun home durante a celebración do Gran Prix de Carrilanas do ano 2000. Aínda que Esteirana foi condenada inxustamente alá polo ano 2006, agora o clube está obrigado a facerlle fronte a unha débeda moi importante, e case que excesiva para as súas posibilidades económicas. O embargo da conta bancaria con toda certeza significará a imposibilidade de afrontar os gastos ordinarios da sociedade no que queda de tempada... Por iso xa están tratando de animar á veciñanza a poñer o seu gran de area para safar da situación. I é que cómpre lembrar que a Esteirana participa en todas as competicións oficiais de fútbol dende as categorías benxamín ata senior. E a enorme dificultade que agora inxustamente se lle presenta ao clube fai que o futuro sexa algo incerto para este histórico clube costeiro.

Federación Galega de Fútbol

Entrementres, o alcalde de Cerceda García Liñares, é o novo presidente da Federación Galega de Fútbol. Saiu elexido na votación de onte conseguindo 115 votos, frente aos 29 obtidos polo seu rival e presidente dende o século pasado, Julio Meana. Os 6 equipos da Costa participantes da Asemblea (Esteirana, Cee, Soneira, Ponteceso, Baio e Muxía) así como os 3 xogadores (Repi, Noé e Iván Pequeño) apostaron polo cambio e polo candidato elixido. I é que gustaron as propostas que prantexou Liñaers o pasado mércores en Baio. A posibilidade dunha subdelegación en Baio, dunha persoa da Costa na xunta directiva da Federación, ou propostas para abaratar os gastos para os clubes foron ben recibidas polos asamblearios da bisbarra. Agora haberá que coller a lupa e vixiar.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios