Martes. 16.04.2024
El tiempo

Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación

Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación
O veciño de Outes, Manuel Caamaño Campos foi elixido onte representante do fútbol da Costa na nova directiva da Federación Galega de Fútbol. A reunión celebrada en Baio elixiu a Caamaño por diante das outras candidaturas chegadas dende Baio por parte de Diego Díaz, de Sofán con Manuel Varela e de Dumbría con Iván Pequeño. Finalmente 11 equipos votaron a Caamaño que ademais de Presidente da Asociación de Clubes da Costa será agora membro da directiva d Federación. Feito que dá conta do momento histórico que vive o noso fútbol, que por fin ten algo que dicir a nivel galego. Así e todo, a imaxe do fútbol costeiro non é a mellor. Varios clubes se queixaron de non ser convocados personalmente e, de feito, 6 ou 7 clubes non se presentaron á reunión malia saber da cita pola prensa. Nese sentido, o fútbol costeiro non está a demostrar a unión que se esixiría para ter unha opinión unida e firme.

Artigos relacionados

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios