Venres. 19.04.2024
El tiempo

Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa

Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa

Que as redes sociais están metidas xa nas nosas vidas non cabe ningunha dúbida. E quen o dubide é que non se preocupou de sumerxirse na vida submariña da Costa da Morte, que por certo, é a segunda zona con menor incidencia da internet de toda Galicia.

Dende o noso Facebook de Que pasa na costa facemos un seguemento completo do fútbol costeiro, e atentos cada domingo traemos os resultados antes que ninguén.

Para analizar como están de metidas as redes sociais na nosa vida, botamos un ollo ao Fútbol da Costa, e vemos que de 41 equipos que hai nas Ligas da Costa, só 12 non teñen perfil na rede social máis habitual. Ollo, que hai varios que manteñen informados aos seus siareiros a través do Tuenti, a rede social da mocidade da bisbarra.

Como usar o Facebook dun equipo

A meirande parte dos perfís creados son perfís persoais. Se ben sería máis convinte crear páxinas que foran administradas por un ou varios compoñentes ou siarieiros dos equipos. Un grupo que vai pouco a pouco collendo siareiros é o da Liga da Costa, creado pola Asociación de Clubes da Costa da Morte.

Da información que tratan, pois hainos quen informan en tempo real a modo "carrusel" como o Unión Club Cee. Hainos que soben fotos de cada partido como a SD Sofán ou o Porteño Ponte do Porto. E mesmo vídeos como fan dende a Unión Deportiva Cerqueda.

3ª División

1 Autonómica

O Soneira aínda non ten Facebook así que pasamos aos equipos de 1ª, e se ben Cee e Xallas son moi activos, o Zas non actualiza dende hai tempo.

2ª Autonómica

Curiosamente a meirande parte dos equipos punteiros están na rede social. De feito, tan só faltan o Castriz, o Muros, o Malpica, o Fisterra (que tivo ao comezo desta temporada, e moi activo, pero a marcha de Manolo Santos do banco chegou ata a rede e implicou o peche da conta), o Corme, O Pindo, o Carnota (que si ten Tuenti) e o pechacancelas Vimianzo.

3ª Autonómica

Na 3ª da Costa tan só non podemos atopar aos Nantón, Corcubión e Lira. O resto, máis ou menos activos, teñen o seu perfil creado. Destacamos, como non, á Unión Deportiva Cerqueda e ao Independiente Carballo.

Artigos relacionados

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios