mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Xallas e Dumbría avanzan cara a Preferente

1ª Autonómica: Xallas e Dumbría avanzan cara a Preferente

Non paran xalleiros e dumbrieses na súa loita polo ascenso. Ambos continúan líderes tras vencer a Cambre e Calo respectivamente, e aproveitaron o tropezo do Unión ante o Estudiantil para ampliar a renda. Agora son o Sada e o Olímpico os inmediatos perseguidores a 1 e 2 puntos respectivamente.

I é que o Cee non fixo os deberes, e caeu ante o rival directo, o Sada, nun encontro no que se puxeron por diante os de Pato, pero no que o cansanzo fixo mella. Con todo, cómpre loubar a grandísima campaña do equipo ceense, a mellor en moitos anos. Ademais, agora xa ten choio abondo cos Oitavos da Copa e o Ponteceso, xa campión da Liga da Costa, agardando.

Para a semana que vén hai un Cee-Dumbría moi interesante, mentres que o Xallas visitará o cutre campo de Pontedeume. A derradeira xornada, Xallas e Dumbría recibirán ao Lamela, aínda loitando por evitar o descenso, e o descendido Cambre.

Xallas - Cambre (2-0)

  • Xallas: David, Iván Forján (Ismael, min.64), Álvaro, Pika (Carteiro, min.86), Pereiro, Jesús (Ricardo, min.77), Brais, Toni, Rubén, Adrián Beiroa (Iván Prol, min.68), Roberto (Leo, min.81).
  • Goles: 1-0, min.25: Adrián Beiroa; 2-0, min.50: Adrián Beiroa.
  • Expusión: un xogador visitante no min.80.

Moi boa entrada en Fontenla e gran ambiente para ver este equipo que se asoma á Preferente. Comezou o Xallas algo fourxo, pero co paso dos minutos foron facéndose co dominio do encontro. O Cambre so freaba aos de Iván Cancela con faltas e intentaban facer dano con disparos lonxanos e algún balón colgado.

Pero o Xallas non tiña presa, e tocaba e tocaba, cunha defensa moi seria. Foi facendo mella a dimesión de Fontenla no cadro vistante. Foi Adrián Beiroa o autor dos dous tantos que permiten seguir soñado, espertos, a toda a familia xalleira.

Calo - Dumbría (1-4)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Suso, Pablo Conde, Chula, Isma (Pablo Serrano, min.55) , Aarón, Iago (Marco, min.75), Schuster, Eloi (Brais, min.55), Piri (Toja, min.85), Adrián Mackaay (Jesús, min.80).
  • Goles: 0-1, min.25: Iago dende fóra da área; 1-1, min.35; 1-2, min.60: Aarón de cabeza; 1-3, min.65: Adriàn Mackaay; 1-4, min.75: Iago de vaselina.

Non foi fácil, sobre todo ata que Aaron marcaba o segundo gol. I é que a abafante calor e o campo pesado facía que os de Canosa non estiveran moi frescos. I é que atrás os locais estiveron frouxos atrás e pouco contundentes na media. Menos mal que arriba estiveron atinados os Iago, impresionante neste treito final de temporada e marcando dous aténticos golazos; e Adrián Mackaay, que parece que recupera o olfato de comezos de ano.

Os locais só facían dano nos saques de banda ao "estilo Porteño" dadas as pequenas dimensións do campo de xogo.

Cee - Sada (1-2)

  • Cee: Mingos, Fiuza, Moncho, Dani (Parroto, min.89), Rafa, Fermín, Angeliño, Alex (Jacobo, min.80), Fernandito, Tasky, Luigi (Chapu, min.65).
  • Goles: 1-0, min.15: Luilli; 1-1 min.71: de penalti; 1-2, min.72.

Gran partido dos ceenses que significa o adeuas ao ascenso. I é que en 2 minutos desgraciados o Sada, agora en ascenso, remontou o choque.

Gañaba o Cee nunha primeira metade bastante tranquila, na que Luilli puxo por diante aos de Pato. Pero na segunda o partido voltouse tolo. O colexiado expulsaba a 3 membros do banco sadense, ao tempo que pitaba un discutido penalti a favor. E 1 minuto despois marcou o segundo o equipo sadense.

Intentou reaccionar o Cee e pediu un penalti a falta de 5 minutos para o final. Parece que o árbitro asistente si que viu pena máxima pero o colexiado non asubiou. Houbo tangana xa que tata saltou ao campo o a nai dun xogador local e o colexiado suspendeu durante media hota ata que chegou a Garda Civil. Os axentes subiron as gradas e pediron varios carnets.

Aínda quedaba un rato de partido pero os xogadores do Cee fixeron unha sentada a modo de protesta. Mentres o Sada tocaba e tocaba, e así ata chegar aos 90 regulamentarios.

At. Arteixo - Zas (6-0)

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios