A Pipa: Cargada de paixón

08:03 26/09/17

3ª Galega
Porteño e Ameixenda suman de tres en tres neste comezo de competición na Terceira da Costa, tras liquidar os seus compromisos con triunfo ante Corcubión e Seaia, respectivamente. Os dous comparten liderato neste inicio de campaña, con outros tres equipos invictos como os son Cabana, Muros e Laxe, este descansou nesta xornada. En Corcubión, dous conxuntos dos aspirantes a retornar a Segunda tralo descenso da pasada campaña, brindaron un bo partido, con dous estilos diferentes, pero onde os visitantes souberon sacar maior rendemento ao seu potencial e o seu fútbol directo para sumar un triunfo importante nun complicado terreo de xogo. Tampouco o tivo fácil o Ameixenda en Malpica, ante un Sporting Seaia que ata os últimos dez minutos mantivo o empate no marcador e, cun once visitante cun home menos, viu como os ceenses alcanzaban romper a contenda e sumar un triunfo importante por 2-4. Gran retorno do Muros ante os seus afeccionados, derrotando a un Nantón que é un dos serios candidatos a estar na zona alta da clasificación, pero un tanto celeste no primeiro terzo do choque foi suficiente para que o Muros alcanzase o primeiro triunfo da tempada ante as súas ilusionada afección. Partido de entrega, loita e con dous tempos moi diferenciados en Camelle, onde os locais, aos 50 minutos gañaban por 3-0 con solvencia, pero o once de Sil, nos últimos sete minutos, colocou o 3-2 no marcador e ameazou unha vitoria local que parecía consolidada trala vantaxe adquirida no marcador. En Castriz o once local derrotou sen moitas complicaciones a un novel conxunto do Outes B, que xa aos 8 minutos tiña un 2-0 no seu contra e que en ningún momento puxo en perigo a cómoda e ampla vitoria dos rossoneri ante os seus afeccionados, sumando os tres puntos en xogo. Tampouco se viu ameazado o Cabana en Vimianzo, ante un Castrelo que viu como os visitantes deixaban moi encamiñado o choque na primeira metade, cun 1-3 para os pupilos de Oscar Mingui. Na segunda metade, os aurinegros souberon xestionar a vantaxe no marcador para terminar conseguindo un novo tanto no último minuto da contenda pese aos intentos locais de recortar o marcador. Na próxima xornada gran partido en Laxe, coa visita do Castriz, así como en Cee, onde o Ameixenda recibirá ao Muros. O Camelle buscará manter a súa boa liña en Outes ante o filial, mentres que o Volantes quere sumar de tres en tres ante a visita do Sporting Seaia. Favorito o Nantón no seu duelo ante un Castrelo en formación, e gran duelo o que se espera en Cabana, onde os locais reibirán a un Corcubión que quere borrar a derrota da pasada xornada.A Preferente
Non houbo derrotas en Preferente nesta xornada, cun triunfo, o do Dumbría no seu terreo do Conco, e dous empates, do Xallas na súa visita ás Pontes e do Sofán ante un potente Ordes. Os homes de Diego Lobelos, a base de traballo e bo fútbol, sumaron os tres puntos ante un Arteixo que aos 22 minutos perdía por 2-0, mostrándose sen ideas e estando a mercé o mellor fútbol dos locais. Na segunda metade, o Arteixo adiantou liñas, pero o Dumbría, cun fútbol control total, mantivo a vantaxe e sen mostrar fisuras non permitiu ningún atistbo de remontada aos roxiblancos. Gran partido o realizado polo Xallas no desprazamento ao Poboado, onde o As Pontes prometíaas moi felices co gol de Eloy na primeira metade, onde os locais estiveron mellor. Pero tralo descanso, o conxunto dirixido por Noé fíxose co control do partido, creando varias oportunidades ante a meta local, pero tivo que esperar ata o tramo final para conseguir un máis que merecido empate polo seu xogo e traballo. Nas Eiroas mereceu moito máis o Sofán ante o Ordenes, nun partido que se lle puxo costa arriba aos pupilos de Iván Cancela co tanto de inicio de Aguado, pero antes do descanso deron a volta ao marcador. Na segunda metade, gran traballo local para manter a vantaxe. Cando o partido languidecía, no último minuto, chegaría o empate visitante, que non fixo méritos ao sucedido sobre o terreo de xogo. Na próxima xornada, o Xallas buscará o seu primeiro triunfo ante un rocoso Escairón na Fontenla, mentres que Dumbría e Sofán renderán visita a Boimorto e Arteixo, respectivamente, dous conxuntos que non comezaron a competición a bo nivel, ocupando as dúas últimas prazas da táboa, pero non por iso han de confiarse nin un nin outro conxunto.1ª Galega
En Primeira inauguran a súa casillero de vitorias Baio e Fisterra, ambos a domicilio, sumando os tres puntos en xogo en complicados terreos como o son Tordoia e Verdillo, pero facéndoo con bo fútbol e amplo guarismo final. O Soneira cedía un empate en Vimianzo ante un dos candidatos ao ascenso, o Sigüeiro. Comezando polo Municipal de Vimianzo, o once de Rafa Pais viu como un vello rockeiro do fútbol, como o é Juanito, colocaba ao seu equipo con vantaxe no marcador, igualando a contenda o Soneira na segunda metade, co tanto de Aarón e merecendo alcanzar o triunfo no tramo final do choque. En Tordoia, o Baio reafirmou o seu bo traballo cun triunfo incuestionable ante un conxunto local que se viu superado polo traballo dos blanquiazules, que comezaron a cimentar o seu éxito na primeira metade co gol de Santi Díaz e rematárono na segunda co doblete de Brais Lado. O Fisterra non deixo nin un atisbo de posibilidades ao San Lorenzo no seu terreo de Verdillo, cosechando o seu primeiro triunfo da competición ante un conxunto mermado polas baixas na súa liña defensiva e que xa antes do descanso viuse cun 0-2 desfavorable. A expulsión de Adrián, aos oito minutos da reanudación, terminou por desnivelar aínda máis o encontro e darlle aos verdes os tres puntos en xogo. Derbi na próxima xornada en Vimianzo, onde o Soneira repite en casa recibindo ao San Lorenzo necesitado de puntos. En Fisterra recibirán a visita dun Riveira que está na zona baixa da táboa, mentres que o Baio volve xogar lonxe da súa afección, rendendo vista a un Sigüeiro que suma tres empates e unha derrota pese ao potencial dos seus compoñentes.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa 17/18
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).