A Preferente abre o ano no fútbol da Costa


Primeira semana de 2013 e xa está o fútbol en marcha. Pero só a Preferente, emais os Veteranos tiveron xornada completa, ademais da reanudación do Cee-Castriz trala insólita suspensión de finais de ano.
Na Preferente, só o Soneira conseguía acadaba os 3 puntos, ante un Viveiro que non amosou nada no Municipal vimiancés. Ademais, o Dumbría non pasaba do empate ante o Laracha o sábado, pero mantén a privilixiada 5ª praza a un punto do Boiro e cun punto sobre o propio cadro larachés. Ademais, son 2 os que separan ao XSC do Dumbría, tralo empate bregado do Xallas en Mugardos. Un empate que non sabe de todo ben aos de Corredoira a pesar de ter remontado un 3-0 ao descanso, que vén como se marcha o Grixoa e lamento no aproveitar o descanso do Bertamiráns.
Como dicimos tamén se disputaba a segunda metade do Cee-Castriz, partido suspendido na última xornada do ano en extrañas circunstancias. Os ceenses, que durante o Nadal perdían a Fer que por motivos laborais deixa a bisbarra, lamentaron a lesión de Angeliño durante o choque co Castriz. Un choque que non permitiu demasiado xogo e que deixa aos ceenses 3º, a 6 da Esteirana, e a 2 puntos do Baio, e con 3 de vantaxe sobre a SD Sofán.
Mentres, en Veteranos continúa a cousa moi apretada por arriba na 1ª División. O Soneira mantense firme arriba, pero o Castriz, o gran favorito dende o comezo de temporada, non permite un só erro. Un punto separa aos dous equipos no alto da táboa. Ollo tamén ao Cabana, que superaba ao Bergantiños e se mantén a 3 do liderato. Parece que Xuv. Bergantiños, Corcubión Vet. e San Román quedan algo descolgados, a pesar de que os dous primeiros non fallaban, mentres que o San Román perdía o tren ante o Coristanco.
Imos xa coas crónicas de Preferente.
Soneira - Viveiro (2-0)

- SONEIRA: Cheli, Pichi, Iván Cerilla, Michael, Sito, Fran de Urroa, Mayor (Javi, min.59), Baba (Bibi, min.80), Darío (Richi, min.85), Oscar e Cristian Figueroa (Míchel, min.73).
- Goles: 1-0, min.62: Javi; 2-0, min.77: Baba.
Bo comezo de ano para o Soneira que retoma a cita coa vitoria no seu feudo. O partido non foi moi bonito, sobre todo na primeira metade na que apenas houbo achegamentos con perigo as dúas áreas. O primeiro tiro a porta foi para os soneiráns e foi no minuto 35 por medio de Fran de Urroa. Darío tería tamén outro tiro a rentes do descanso. O Viveiro apenas creou perigo e ofreceu unha cara moi pobre no municipal.
A entrada de Javi na segunda metade foi clave para os de Felipe Candamo. Nada máis entrar, Baba peitea un balón e o xogador de Vimianzo só co porteiro marca cun forte disparo. Máis tarde é Javi que fai unha xogada individual pola banda dereita e asiste para que Baba marque de cabeza no primeiro pau. Non dou moito máis de si o encontro que lle permite ao Soneira sumar tres puntos que o igual co seu rival de onte no medio da táboa con 25 puntos.

Galicia Mugardos - Xallas Santa Comba (3-3)
- XSC: Diego (David, min.81), Rubén, Guille, Pablo (Martín, min.46), Oscarín, Jota, Orlando (Pablo Baña, min.46), Jesús, Doro, Darío (Javi Suárez, min.46), Noli (Mon, min.60).
- Goles: 1-0, min.5: ; 2-0, min.25; 3-0, min.35; 3-1, min.60: Jesús tras unha boa xogada de Rubén e Doro por banda; 3-2, min.75: Javi Suárez dende a frontal pola escuadra; 3-3, min.85: Doro tras unha combinación con Jesús e Doro.
- Expulsións: os xalleiros Martín (min.65) e Mon (min.86)
Comezaba o ano para os de Corredoira cun partido de tolos. I é que se durante o primeiro tempo o balón era de cor verde e laranxa, as ocasións chegaban para o bando local. Varios despistes defensivos permitían que os roubos no medio campo se convertisen en contras mortais con chegadas de man a man contra Diego, que supuñan un claro 3-0 ao descanso cun Mugardos moi eficaz.
3 cambios no descanso, e con moita fe para prantexar unha segunda metade de épica. De feito, o Mugardos apenas saíu da súa área en toda a segunda metade. Pronto recurtaba Jesús e nin a expulsión de Martín botou atrás ao XSC, que seguíu buscando o empate. Javi Suárez facía o segundo co golazo da tarde e só faltaban 5 minutos cando unha nova boa combinación acababa co gol de Doro que empataba o partido.
Aínda sufría unha segunda expulsión o XSC, pero mesmo con 9, Jesús puido traer os 3 puntos nunha acción sobre o pitido final que non quixo entrar.
Dumbría - Laracha (1-1)

- DUMBRÍA: Juan Porrúa, David, Pablo Vidal, Aarón Fdez., Pablo Conde, Aaron López, Jesús (Brais, min.65), Piri (Isma Uete, min.85), Iago, Iago Dosil (Riki, min.70), Luisito (Dani Casal, min.65).
- Goles: 1-0, min.15: Pablo Vidal a pase de Luisito; 1-1, min.47.
Empate xusto no Conco na xornada sabatina. Comezaron ben os dumbrieses cun ritmo moi alto durante os primeiros 20 minutos. E tiveron o premio co gol de Pablo Vidal, que se estreaba coa camisola branca. Pero a raíz do gol os visitantes tiveron máis dominio e no min.23 Juan tivo que empregarse a fondo tras un balón que Aarón case marca en propia. Eran minutos de dominio do Laracha pero a defensa dos de Canosa estaba bastante seria
A segunda comezaba cun regalo de reis da defensa dumbriesa. Un defensa local confiábase de mais na liña de fondo, e o punta roubaba e batía polo pao corto a Juan. O Laracha insistiu máis durante o segungo tempo pero sen demasiada claridade. De feito, a acción máis clara a tivo Brais a falta de 15 minutos cun balón cruzado que marchou pegado ao poste. Iso si, Juan tivo traballo tamén e a falta de 5 minutos salvou un punto, un punto xusto, para os dumbrieses.

Máis información
Novas relacionadas
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
- David Castro: Especial sobre Xosé Luís Vara, unha vida entregada ao fútbol:
- Héctor Pose: Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).