A renovada familia Anorthosis comeza o curso a base de churrasco
Aproveitando as últimas noites de verán con bo tempo os xogadortes do clube de tenis de mesa A.D. Anorthosis Vimianzo disfrutaron a pasada fin de semana dun churrasco preparado polos pais dos xogadores do equipo Concello de Zas O Pinar.
Unha churrascada artellada coa intención de darlles forza e sobre todo ánimo, aparte de pasalo ben, para esta temporada que xa empeza esta fin de semana.
Os equipos
Poucos cambios nos equipos nesta temporada, pero algún significativo como é o cambio de nome ou o intercambio de equipo por parte dos xogadores Ángel García e Miguel Rey. Ademais, como novidade este ano haberá un equipo na 2ª nacional femenina que terá o patrocinio de Aluminios XEAL SL (de Baio, Zas).
Os equipos quedan así:
- Anorthosis Vimianzo:
- Roi Martínez (Camariñas)
- Marcelino Tuñez (Cee)
- Angel García (Zas)
- Ramón Varela (Carballo) - Concello de Zas Aquacenit:
- Miguel Rey (Zas)
- Gonzalo Martínez (Santa Comba)
- Stevo Lema (Cabana)
- Chris Roy (Inglés, reside en Camariñas). - Concello de Zas O Gaiteiro:
- Fran Otero (Zas)
- Jesús Ferreiro (Zas)
- Andrés Bouzas (Zas)
- Gabriel Bouzas (Zas)
- Brais Blanco (Zas). - Concello de Zas O Pinar:
- Lorena Castro
- Laura Quintáns (Zas)
- Joel Quintáns (Zas)
- María Osende (Zas)
- Rodrigo Vázquez (Zas) - Tamén xogarán (aínda sen equipo definido):
- Daniel Suárez (Zas)
- Ana Suárez (Zas)
- Carmen Cernadas (Zas)
- Anxela Neto (Portugal, reside en Camariñas).
Primeira xornada
O sábado 29 de setembro ás 17 h. en 2ª Galega enfrentando aos dous equipos do clube, Concello de Zas Aquacenit e Anorthosis Vimianzo. Será no ximnasio do CPI de Zas. Para os de 3ª galega, os dous equipos Concello de Zas O Pinar e Concello de Zas O Gaiteiro comezarán a súa andaina o 20 de outubro enfrentándose tamén entre sí.
Novas relacionadas
- Chipre descubre a Costa da Morte a través do Anorthosis.
- A familia Anorthosis remata a tempada e soña co ascenso nos despachos.
- Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.