Venres. 26.04.2024
El tiempo

A SD Fisterra retira o equipo B da competición

A SD Fisterra retira o equipo B da competición
O Fisterra B desaparece - Foto-Jorge Parri

A segunda volta da 3ª Autonómica comezará cun equipo menos. A directiva da SD Fisterra vén de decidir retirar o equipo B da competición. Xa son moitas as xornadas nas que o filial fisterrán chega con falta de efectivos, ante a falta de compromiso de varios dos seus xogadores, provocando que os xuvenís estean dando de si o seu rendemento. Así e todo, o clube esperou ata o final da primeira volta para intentar alterar a competición o menos posible.

Quedan agora 16 equipos na competición (o Fisterra estaba 15º con 14 puntos, só por diante de Corcoesto e Castrelo, pero sen facer unha temporada desastrosa), pero, se non hai remodelación, terán que descansar dous equipos por xornada.

A directiva enviaba esta mañá este comunicado para anunciar a súa decisión:

Desde aquí queremos comunicar a todos os nosos socios e simpatizantes, que, moi ao noso pesar e logo de meditalo, falalo, intentalo e buscar todo tipo de solucións durante 2 meses, decidimos, por unanimidad da xunta directiva, dar de baixa federativa ao equipo "B" do noso club.
Pedimos desculpas á Federación Galega de Fútbol e a todos os equipo de fútbol pertencentes ao noso grupo.

Como queda a táboa?

Os resultados da primeira volta se manteñen. Agora ben, segundo a nova regulamentación e como nos apuntan dende a Federación, os partidos que faltan da segunda volta terán como gañador a todos os equipos contrarios polo promedio de goles recibidos polo Fisterra. Isto é, todos os partidos da segunda volta do Fisterra B rematarán 2-0 para o equipo contrario.

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios