Na tarde de onte daba comezo a liga máis seguida pola afición da costa, a
Segunda Autonómica. Esa liga que todos os equipos da Costa a viven, a seguen, a disfrutan cunha tensión especial, unha emoción diferente, é unha sensación que non se pode explicar. Daba comezo unha nova tempada cun partido moi entretido, un partido no que dous dos grandes favoritos a facerse con este novo título de liga enfrontábanse no Arasolis en Fisterra. Saltaban ao campo coma se dun partido de Champions se tratase.
![]()
O partido daba comezo as 18:00, cunha tarde moi soleada en Fisterra. O comezo do partido ambos conxuntos saíron a pola vitoria, pero pouco a pouco ese impetu foi a menos. O Sofán quería pero non podía cun Fisterra ben plantado, sería rematando a primeira metade cando un disparo cruzado de Iván Rojo adiantaba ao Sofán, remataría a primeira metade con
0-1.
Na segunda metade foi máis do mesmo, poucas ocasións para ambos conxuntos e partido bastante trabado. O Fisterra empataría no minuto 47 despois dunha xogada bastante polémica, onde os de Carballo pedían fóra de xogo primeiro e falta o porteiro despois, pero o gol subía ao marcador e sería o
1-1 para o Fisterra, así chegaríase o final do encontro.
![]()
En realidade o partido que iniciaba a nova tempada de
Segunda Autonómica era o Corcubión-Outes, que daba comezo no Novo Cubaleiro de Corcubión as 17:00h. O partido daba comezo sen un claro dominador, o balón practicamente non se movía do medio do campo, chegaríase ao descanso do partido cun
0-1 para o Outes nos minutos finais da primeira parte.
![]()
O partido remataría cun
0-4 para o Outes que fan que o Corcubión empece esta nova tempada diferente a do ano pasado, na que comezaba coma líder. Tamén na tarde de onte tiñamos un Cabana-Carnota, onde os de Alfredo Cambeiro sacaban 3 puntos moi importantes, tras gañar por
0-1, e así estrear o seu casilleiro. Noutro dos partidos que tiñamos onte enfrontábanse un serio aspirante a algo importante nesta liga como é o Corme e un Volantes de Baño que vén dunha pretemporada un tanto especial, con moitas altas e moitas baixas. Foi un partido onde o Corme levávase os tres puntos tras gañar por
2-1.
Na tarde de onte tamén daba comezo a
Primeira Autonómica, onde un dos nosos daba comezo a súa tempada, ese era o Malpica, o cal sacaba un punto moi importante na Pobra tras empatar
2-2. Pero a tarde de fútbol non acababa aí, xa que tiñamos os enfrontamentos de xuvenís, tanto no grupo 3 coma no grupo 4.
![]()
Pero antes, xa tiñamos na tarde do venres o Corme-Porteño (
4-4) un partido moi vibrante, onde os de Corme tiveron que sacar a artillería do banco despois de comezar o encontro perdendo por 0-2. Xa, na mañá do sábado, xogabase un enfrontamento onde o Laxe vencía por un clarísimo e contundente
7-0 o Castriz que non encontra o seu xogo nesta nova tempada. Neste mesmo grupo, o grupo 4 enfrontábanse pola tarde o Cabana-Muxia (
9-2), un Cabana que comezaba a súa etapa nesta liga despois de descansar a semana pasada, e que mellor comezo que cunha goleada así. No último dos partido deste grupo 4 tiñamos un Camariñas-Malpica (
2-3) partido moi apretado, onde os de Malpica estreaban o seu casilleiro de puntos. No Grupo 3 tiñamos o
primeiro derbi da tempada no que se enfrontaban Fisterra-Cee (
3-0), os fisterráns amosábanse moi fortes a pesar de estar de festa e endosábanlle unha goleada a un Unión Club Cee que pouco puido facer.
![]()
A Esteirana non tiña compasión dun Muros bastante floxo en todas as súas liñas e levábase o partido por
0-8 no Eleuterio Balayo de Muros, tamén cun resultado bastante idéntico gañaba o Xallas de Santa Comba ao Lira pero nesta ocasión o que vencía claramente era o equipo da casa, o Xallas de Santa Comba levábase o encontro por
8-0 a un estreado equipo nesta liga como é o Lira. Por último tiñamos a un Dumbria-Outes (
4-0), un Dumbria que segue intratable e con paso firme para levarse de novo esta liga e poder loitar polo tan ansiado ascenso a Liga Galega.
Preferente, xornada 3
Carral |
08/09 – 18:30 |
Bergantiños |
Xallas StComba |
08/09 – 18:00 |
Soneira |
Dumbría |
08/09 – 17:30 |
Castro |
1ª Autonómica, xornada 1
Baio |
08/09 – 19:00 |
Agolada |
Villestro |
08/09 – 18:00 |
Camariñas |
Esteirana |
08/09 – 17:00 |
Cordeiro |
Puebla |
2-2 |
Malpica |
Bertamiráns B |
08/09 – 17:00 |
Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 1
Fisterra |
1-1 |
Sofán |
Cabana |
0-1 |
Carnota |
Corcubión |
0-4 |
Outes |
Corme |
2-1 |
Volantes |
Muros |
08/09 – 17:00 |
Porteño |
San Lorenzo |
08/09 – 18:30 |
Camelle |
Cee |
08/09 – 17:00 |
Castriz |
Independiente |
08/09 – 17:00 |
Mazaricos |
Buño |
08/09 – 17:00 |
Zas |
Xuvenil, Gr.3, xornada 2
Mazaricos |
2-4 |
Soneira |
Dumbría |
4-0 |
Outes |
Xallas StComba |
8-0 |
Lira |
Muros |
0-8 |
Esteirana |
Fisterra |
3-0 |
Cee |
Xuvenil, Gr.4, xornada 2
Coristanco |
0-3 |
Ponteceso |
Laxe |
7-0 |
Castriz |
Corme |
4-4 |
Porteño |
Camariñas |
2-3 |
Malpica |
Cabana |
9-2 |
Muxía |
Liga Infantil, xornada 1
Outes |
0–7 |
Cee |
Ponteceso |
12/09 – 18:00 |
Fisterra |
Coristanco |
3-3 |
Os Miudos |
Corme |
sen xogar |
As Baleas |
Baio |
09/09 – 18:00 |
E.M.F. Vimianzo |
Muxía |
4-0 |
Sofán |
Esteirana |
5-4 |
Cabana |
*As Baleas abandona a competición