Martes. 10.12.2019
El tiempo

Abdoulaye e o Muxía, e a nova sede de Baio, protagonistas das Galas da Federación

Abdoulaye e o Muxía, e a nova sede de Baio, protagonistas das Galas da Federación
Asemblea da Federación Galega de Fútbol Asemblea da Federación Galega de Fútbol

Onte tiveron lugar dúas celebracións relacionadas co fútbol galego: a Gala do Fútbol Base da Coruña, celebrada en Arteixo, e a Asemblea da Federación Galega de Fútbol en Santiago, onde hubo boa presencia costeira.

A cita santiaguesa arrincaba co saúdo do presidente para proceder á aprobación das contas con 91 votos a favor e 11 en contra. Ademais, aprobouse por unanimidade a creación dunha Fundación da Federación.

Houbo un emotivo recordatorio dos obituarios de persoas ligados ao fútbol de toda Galicia, entre os que tiveron cabida un recordo o eterno directivo do Malpica Manuel García Vázquez, Manolito; o presidente do Porteño, José Martínez Ferrío.

Nova sede en Baio

Presentáronse as nova sedes, en Burela emais en Baio, que contará cun despacho, e unha aula para as clases e para as reunións, no Centro Sociocultural de Baio. Ademais, tamén terán cabida os Árbitros, así as viaxes se cobrarían a partir de Baio, abaratando os custes para os equipos.

Espérase que comece a funcionar a comezos de 2017.

Ao remate da Gala se lle fixo entrega aos clubs de 5 balóns e un bolsón deportivo.

Homenaxe ao Muxía

Maior protagonismo tivo o Muxía CF, que foi recoñecido na Gala do Fútbol Base da Coruña celebrada en Arteixo co Premio da Solidariedade pola idónea xestión do falecemento do pequeno Abdoulaye.

De esquerda á dereita,  o presidente do Muxía Álvaro, Terio Carrera, e os muxiáns Felipe e Víctor Alcaina De esquerda á dereita, o presidente do Muxía Álvaro, Terio Carrera, e os muxiáns Felipe e Víctor Alcaina co Premio Solidariedade da Federación Galega de fútbol

Fonte

Comentarios