Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adrián Lema guiará o barco do Muxía

Adrián Lema guiará o barco do Muxía
Adrian Lema ficha polo Muxia CF de Alvaro Adrian Lema ficha polo Muxia CF de Álvaro Seguimos repasando o baile de movementos no Fútbol da Costa. Despois do primeiro repaso completo que facíamos a semana pasada, das fichaxes de Roberto Amoedo polo Mazaricos, de Diego Lobelos polo Dumbría, Dani Calvete polo Buño ou Paco polo Baíñas, un dos bancos que faltaba por completar era o do Muxía, despois da sorprendente marcha de Ordóñez tras un ano inmellorable.

Será Adrián Lema, ex do Laxe, o que leve o equipo o ano que vén na Liga da Costa, despois de asinar o contrato co presi, un Álvaro que segue a fronte do barco vermello.

A vindeira semana meteremos a completa táboa do Mercado de Fichaxes 2017/2018, cos novos adestradores confirmados. O asunto do título este ano provoca algún que outro barro e deixa no aire a varios adestradores deste pasado curso, como Pato, que terá que deixar o banco do Ameixenda.

Sabemos hoxe que Alfredo Cambeiro que continuará a fronte do Outes, e seguimos pendentes dos banquiños de Fisterra (aínda de resaca), de Corme (de convencer a Lente), Laxe, do Volantes (xa andan en negociacións con varios adestradores) ou do Outes B.

Onde están as cousas máis complicadas é por Zas e Cee, tendo en conta que non hai relevo trala dimisión das súas directivas. Parecen días imporantísimos para o futuro dos clubs. O Zas ten unha asemblea vital este venres.

Máis movementos de verán

Fonte

Comentarios